A Lingua Galega na Idade Media: Historia, Evolución e Características

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

A Lingua Galega na Idade Media: Evolución e Decadencia

O Bilingüismo e a Diglosia Clásica (Séculos IX-XII)

Os tres primeiros séculos da Idade Media, do IX ao XII, caracterizáronse por unha situación de bilingüismo social para a lingua galega (nestes séculos, o galego-portugués) e para o latín. O latín era a lingua de prestixio (lingua alta) e só se podía aprender mediante o estudo académico, pero tiña poucos falantes, xa que só era utilizado nos contextos formais e na escrita. Sen embargo, o galego antigo era a lingua popular (lingua baixa), falada pola maioría das persoas. Esta distribución das linguas nestes séculos coñécese como diglosia clásica.

O Esplendor do Galego Antigo (Século XIII)

O século XIII foi o período de maior esplendor para a lingua galega (xa independizada do portugués), xa que, ademais de ser a lingua falada polo pobo, converteuse na lingua utilizada na escrita e nos contextos formais. Grazas a este esplendor, entre outras cousas, Galicia viviu un gran auxe económico do século IX ao XIII, o que permitiu transmitir a cultura galega fóra de Galicia. O reino galego formaba parte agora da Coroa de Castela e o castelán comezou a estenderse por Galicia.

Decadencia Política e Marginación Lingüística (Séculos XIV-XV)

Os últimos séculos, XIV e XV, foron prexudiciais para o reino galego debido a unha gran decadencia política. Isto debeuse ao feito de apoiar na loita pola Coroa de Castela a Pedro I e non a Henrique II de Trastámara, quen finalmente se fixo co cargo. Henrique II desprazou os nobres galegos, substituíndoos por casteláns nos cargos políticos importantes. A pesar disto, Galicia volveu errar no mesmo no século XV, xa que apoiou a Xoana a Beltranexa e non a Isabel a Católica. Como consecuencia, un segundo «castigo» caeu como unha laxa sobre a Administración e a Igrexa, que se viron agora dominadas por xente castelá. Ao final do século, o galego antigo comezou o seu proceso de marxinación, que continuou nos séculos posteriores, quedando relevado polo castelán.

Características Lingüísticas do Galego Antigo

Fonética do Galego Antigo

O galego antigo destes séculos tiña unha fonética particular. Un exemplo son as vogais nasais, usadas como en mão («man») ou irmão («irmán»), substituídas agora polo «n» intervocálico. Outra característica perdida hoxe en día é a oposición entre sibilantes xordas (/s/, /ʃ/), como en passo e rosa ou peixe e hoje ou gente, e entre sibilantes sonoras (/z/, /ʒ/), como en cabeça e cozer. Consérvase do galego antigo a consoante africada /ʧ/, como en chover.

Morfosintaxe do Galego Antigo

A morfosintaxe do galego antigo distinguíase por:

  • Non ter morfema feminino para palabras rematadas en -or, como en «a pastor».
  • Usar o pronome «te» para o acusativo e o dativo, como en «falareite de amor».
  • Utilizar os posesivos sen artigo diante, como en «meu amigo» (e non «o meu amigo»).
  • A variación na terceira persoa dos perfectos: no sur en -e ou -ø (ex. ouve ou fez), e no norte en -o (ex. ouve ou fizo), sendo esta última a que continuou.

Léxico do Galego Antigo

No léxico, usáronse palabras perdidas como assaz («bastante») ou vegada («vez»), e tamén palabras con cambios de significado hoxe en día, como aver, que tiña o significado de «ter».