O galego na Idade Media: historia, esplendor e trazos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,84 KB

O galego na Idade Media

A lingua galega, desde os seus inicios no século IX ata os nosos tempos, viuse obrigada a compartir espazos con outras linguas, primeiro co latín e máis tarde co castelán, coexistencia que continúa na actualidade. Este encontro lingüístico nun mesmo espazo xeográfico coñécese como contacto de linguas e dá lugar ao bilingüismo social.

Diglosia co latín (séculos IX-XII)

Na primeira parte da Idade Media existía unha distribución lingüística coñecida como diglosia, na que o latín era a única lingua que se empregaba na escrita e nos contextos formais. Era a lingua alta, a das funcións con máis prestixio. Pola contra, nos ámbitos familiar e coloquial todo o mundo falaba o romance, o galego-portugués, a lingua baixa. Durante este período, Galicia viviu grandes épocas de esplendor.

Esplendor literario e político

No século IX, Compostela converteuse nun dos eixes do cristianismo europeo polo descubrimento do suposto sartego do apóstolo Santiago. O predominio político e cultural de Galicia converte a súa lingua nunha das linguas internacionais da lírica trobadoresca grazas á súa riqueza literaria: a poesía das cantigas medievais, recollidas nos cancioneiros profanos e no cancioneiro relixioso das Cantigas de Santa María. Estas clasificábanse en:

  • Cantigas de amigo
  • Cantigas de amor
  • Cantigas de escarnio ou maldicir

Ademais, na primeira metade do século XII, Portugal conseguiu a súa independencia debido á presión exercida pola nobreza galega.

O galego como lingua oficial e a chegada do castelán

No século XIII, o galego comeza a quitarlle protagonismo ao latín durante un período de monolingüismo no cal o galego-portugués se emprega en todos os contextos e funcións. Tamén nesta etapa comeza a introdución do castelán en Galicia por motivos políticos, xa que neste século Galicia queda integrada na Coroa de Castela. A burguesía urbana galega non chega a ser unha clase social poderosa e iníciase o proceso de penetración do castelán nalgúns ámbitos.

Trazos característicos do galego medieval

Os trazos máis característicos da lingua desta época, o galego medieval, estrutúranse en tres niveis: fonolóxico, morfosintáctico e léxico.

Nivel fonolóxico

  • Existencia de vogais nasais, producidas pola perda do -n- intervocálico (ex. mao por man), que o galego actual non conserva.
  • Oposición fonolóxica entre sibilantes xordas (/s/) e sonoras (/z/) (ex. hoje, gente).
  • Presenza dunha consoante africada /tʃ/ que sobrevive no galego actual (ex. chover).

Nivel morfosintáctico

  • As palabras rematadas en "-or" non posuían morfema de feminino (ex. a pastor).
  • Emprego do pronome persoal te tanto para acusativo como para dativo (ex. falareite de amor).
  • Uso do posesivo sen artigo precedente (ex. vodas fazen a meu amigo).
  • Vacilación na terceira persoa dos perfectos: no sur usábase a terminación -e ou -o (disse, ouve), como no portugués actual, mentres que no norte se prefería -o (ouvo, fisso), con continuación no galego moderno.

Nivel léxico

Usábanse na lingua medieval vocábulos que posteriormente se perderon na lingua moderna ou que sufriron cambios de significado:

  • Vocábulos perdidos: assaz ("bastante"), eire ("onte"), cras ("mañá"), vegada ("vez").
  • Cambios de significado: aver, que na actualidade xa non ten o significado de "ter".