Análise e Corrección de Cantigas Medievais Galegas

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,92 KB

A dona que eu am’ e tenho por senhor

Hai termos referidos á cantiga de amor como "a dona" ou "o senhor", que é a amada con extraordinaria beleza, dona idealizada polo poeta, que pode estar casada ou non.

Cando o poeta di que ten un lume nos seus ollos que sempre choran, esta expresión vén polo amor que ten á súa senhor e cando alude á súa beleza, que lle deu Deus. E cando ten o poeta desacougo, chega a morrer por amor, o cal non é correspondido.

A mia senhor, que me ten en poder

Na primeira cobra, o poeta manifesta que o seu amor pola dama é elixido e móstrase como vasalo desta, porque é fiel e honesto. Na segunda, mostra a coita de amor pola dama e na terceira e última, igual.

Como morreu quen nunca ben

Esquema rítmico: os versos son octosílabos, de arte menor, con rima variable e consonante; é unha quintilla con estrutura (abbaC) aguda; son catro versos.

Tipo de cobras: singulares. Tipo de cantiga desde o punto de vista formal: cantiga de amor, refrán. Tema da cantiga: coita de amor, o amado morre polo amor da súa senhor. Partes da cantiga: tres partes. Nos dous primeiros versos, o poeta manifesta o seu amor a unha dama, quen non o podía corresponder; no terceiro, polo amor da súa senhor. Caracterización do poeta e a dama: o poeta caracterízase por ser o suxeito lírico, o home que é servidor da senhor, a quen ama; polo amor non correspondido tolea e morre. A dama é unha muller idealizada polo poeta, quen non corresponde o amor do poeta e que podía estar casada.

Ven hun ricome das truitas

Son catro versos octosílabos, de arte maior, de rima consonante, e un terceto. Trátase dunha cantiga de escarnio, xa que hai a ironía e o equívoco na utilización de palabras con dobre sentido. O poeta intenta expresar ironía e unha crítica cuberta con elementos como ou mediante palabras con dobre sentido: o seu obxectivo é a sátira.

Maria Perez, a nossa cruzada

É unha cantiga de escarnio, de mestría, na que Pedro da Ponte conta, criticando ironicamente, a vida de Maria Perez, soldadeira da corte. Fala do momento no que decidiu facer unha cruzada para conseguir o perdón polos seus pecados, pero non o soubo gardar e, no fin da súa vida, o medo ao inferno lévaa a querer confesar.

Foi un lobo jograr

Cantiga de escarnio, de refrán. Trátase dunha poesía satírica, na que o trovador presenta a situación humorística do xograr Lopo coa utilización de palabras directas. Este xograr, na casa dun fidalgo, vai cantar, pero o poeta o critica por cantar mal. Está formado por dúas estrofas de cinco versos, que teñen paralelismo. Os tres primeiros versos riman entre si, o cuarto verso rima co refrán, o quinto cos tres primeiros. Hai leixaprén entre o verso da segunda estrofa coa palabra "escaso", onde no primeiro verso o sentido é de "pouco" e, no segundo, "avareza". No primeiro, quere dicir o poeta que narra a axuda que tivo Lopo e, no segundo, o fidalgo foi inxusto no pagamento. Hai tamén dobre sentido no segundo e terceiro verso da segunda estrofa coa palabra "entom". Altérnanse o verso de sete a seis sílabas.

Abadessa, oi dizer

Cantiga de maldizer, de romaría, extremadamente atrevida contra unha abadesa que o trobador quería tomar como mestra do amor, xa que estaba recén casado e era un inexperto no terreo do amor. Esta abadesa, para gañarse o reino de Deus, axúdao e ensínalle todo o seu coñecemento.

Lourenço

Johan Perez recrimínalle a Lourenço que non sabe trobar, que non vale nin para trobar nin compoñer porque o fai mal, que debería aprender antes de realizar o seu respectivo traballo. A súa resposta é que o fai moi ben e que non o vai deixar. É unha sátira xograresca, diríxense mutuamente trobadores e xograres, nos que se denuncia a falta de talento.

Que ben se…

Trata sobre a albanza do rei don Fernando (exaltación á súa persoa), xa que este conquistou moitas terras e terreos coas súas grandes capacidades, polo cal chegou á morte, xa que defendía o que facía e, como os líderes desa época non estaban de acordo, decidiu que debería morrer na quixotina. A súa familia fixo todo o posible para evitalo, pero cando conseguiron ter o documento de perdoamento, foron retidos ata que este morreu. Na cantiga de Johan Airas, trata sobre o amor dun poeta cara a unha pastora, polo cal se chama pastorela. Vense nun ambiente onde suceden os feitos dos odus representativos.

Relacións entre C. de Loor e de Amor

A cantiga de amor fala do poeta, fala da muller da que está namorado, marcando unhas fases polas que pasa (rexeitamento, tolear...). O namoramento é vasalático porque o poeta sométese á senhor rendéndolle a súa obediencia.

Nas de Santa María, o amor é platónico, nos cales se somete á Virxe, porque están completamente namorados dela, pola súa gran divindade, beleza exclusiva...