Poesía Galega de Posguerra (1936-1975): Xeracións e Autores Clave
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,24 KB
Poesía Galega de Posguerra (1936-1975)
Luis Pimentel: Figura Illada (1936-1975)
Contemporáneo ás vangardas, as súas obras Trisos e Sombra de aire na herba publicáronse nos anos 50 e 60. Autor bilingüe, a súa poesía é moi persoal e de difícil adscrición, con trazos surrealistas, neorrománticos, comprometida coa sociedade e intimista. A súa obra é inseparable de Lugo, nunha verdadeira simbiose. Toda a súa produción está dominada pola presenza de instantes íntimos, cunha profunda intensidade de sensacións e sentimentos.
É o poeta observador que ve a través da fiestra da súa casa e, dentro dela, medita sobre a palabra, o silencio e o proceso de escrita. A súa poesía é un refuxio da crueldade humana. Sobrevivente da guerra, o seu poemario Cunetas e os seus poemas do mundo infantil son exemplos da súa sensibilidade.
A Xeración do 36 (Nados entre 1910-1920)
Esta xeración, que viviu a II República, foi unha das máis sufridoras da Guerra Civil.
Continuación de Certos Ismos Vangardistas
- Imaxinismo: Aquilino Iglesias Alvariño.
- Neotrobadorismo: Álvaro Cunqueiro e Xosé María Álvarez Blázquez.
Intimismo
Continuador da liña rosaliana do século XIX. Caracterízase pola relación do eu coa natureza, o paso do tempo e a premonición da morte. Exemplo destacado: María Mariño con Palabra no tempo.
Ruralismo Paisaxístico
Instálase na verde xeografía de Galiza. Aquilino Iglesias Alvariño engade un vocabulario amplísimo, perfección formal, soidade, desexo de regresar á nenez e reflexión acerca da vida e da morte. A súa obra Cómaros verdes é o primeiro título importante da poesía de posguerra, con versos amables e nada conflitivos.
Xosé María Díaz Castro acadou importancia literaria por Nimbos, unha das composicións de maior valor simbólico, que ofrece unha visión da realidade histórica galega.
Socialrealismo
Caracterizado pola denuncia cívica. Celso Emilio Ferreiro é o seu máximo expoñente con Longa noite de pedra, que se converteu en metáfora da represión franquista. Tamén cultivou a prosa en dous volumes:
- A fronteira infinda: Nove contos que demostran a realidade latinoamericana sobre a violencia e a sociedade.
- A taberna do galo: Rememora anécdotas persoais da infancia.
Características de Longa noite de pedra
- Sinxeleza expresiva co afán de chegar a un público o máis amplo posible.
- Importancia da mensaxe e renovación da linguaxe.
- Emprego do humor e procura do ritmo e musicalidade.
Nos anos 70, a súa poesía manifesta unha radicalización do afán comunicativo ata desembocar na antipoesía. Finaliza coa obra O mundo se chama Celanova (1975), que marca un retorno ás orixes poéticas intimistas. Verso enchido de ternura e de nostalxia ao recordar a infancia e a terra natal, e aceptación ante o paso do tempo e a morte.
A Promoción de Enlace (Nados entre 1920-1930)
Esta promoción viviu a guerra como unha experiencia traumática persoal, nunha época cun duro control ideolóxico.
- Antón Tovar: Liña intimista, social e existencialista.
- Luz Pozo Garza: Intimista e vitalista.
A Xeración das Festas Minerva (Nados entre 1930-1940)
Non coñeceron a guerra e foron influenciados polas correntes literarias estranxeiras (rock, jazz).
- Grupo Compostelán: Xoana Torres, Salvador García-Bodaño.
- Grupo Brais Pinto:
- Manuel María: Liña da escola de Tebra e paisaxística (ex: Terra Chá).
- Uxío Novoneyra: Liña paisaxística do Courel, ton existencialista (ex: Os eidos: Libro do Courel).
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Cultivador da narrativa (ex: Con pólvora e magnolias).
- Bernardino Graña: Denuncia a destrución do mar e da terra (ex: Poema dun home que quixo vivir).