Normativización do galego: estándar, interferencias e desviacións

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,59 KB
Actualizado el

Resumen

Este documento explica a normativización do galego: o concepto de variedade estándar, as etapas da estandarización e o debate entre oficialistas e reintegracionistas. Tamén estuda as interferencias de outras linguas e as desviacións da norma, como os hipergaleguismos, os vulgarismos e os arcaísmos.

Puntos clave

  • A variedade estándar serve de medio común a toda unha comunidade lingüística e emprégase nos usos formais.
  • Durante os Séculos Escuros o galego quedou á marxe da normativización e conservouse só como lingua oral e popular.
  • O galego enxebrista, no primeiro terzo do século XX, afastouse do castelán para marcar a identidade propia.
  • O estándar actual recóllese nas Normas ortográficas e morfolóxicas, despois de que o galego fose lingua cooficial no Estatuto de 1981.
  • As discrepancias entre oficialistas e reintegracionistas resolvéronse en 2003 con cambios que as achegaron.
  • As interferencias son préstamos innecesarios que proceden do castelán, do inglés e do portugués.
  • As desviacións da norma son hipergaleguismos, vulgarismos e arcaísmos, e deben evitarse na escrita formal.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Historia da Normativización do Galego

A variedade estándar serve de medio de comunicación para os individuos dunha mesma comunidade lingüística e sobreponse ás diferenzas e ás modalidades faladas. Presenta un carácter conservador, sendo empregada nos usos formais e baseándose nun conxunto de regras recollidas por gramáticas e dicionarios.

No proceso de estandarización lingüística ou normativización, ocupáronse os lingüistas e filólogos, creando unha gramática e establecendo as normas ortográficas e morfolóxicas. É necesario establecer unha variedade común e coñecida por todos.

O galego, debido á situación que viviu nos Séculos Escuros, quedou ao marxe deste proceso, conservándose só como lingua oral e popular.

Etapas da Estandarización do Galego

  • Galego Popularizante

    Empregado polos autores do Rexurdimento, caracterizado por reproducir a lingua oral. O referente ortográfico era o castelán e o léxico estaba cheo de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. O feito de non coñecer a tradición literaria medieval, nin ter un modelo prestixioso que lles servise como referencia, cada escritor utilizaba criterios particulares, tomando como referencia a lingua oral popular da súa zona natal e adaptándoa á escrita mediante a ortografía castelá.

  • Galego Enxebrista ou Diferencialista

    Empregado polos escritores do 1º terzo do século XX, caracterizado por afastar o máis posible o galego do castelán para remarcar a identidade propia. Isto lévaos a incluír: cultismos, hipergaleguismos, arcaísmos e lusismos. Nesta etapa xorde un certo intento de estandarización coa proposta das Normas para a unificación do idioma galego.

  • Galego Protoestándar

    Sobre a base construída na preguerra, intentouse buscar unha maior simplicidade ortográfica e gramatical, adoptar solucións que superen os dialectalismos e corrixir os excesos diferencialistas da etapa anterior.

  • Galego Estándar (1980-Actualidade)

    A RAG e o ILGA elaboraron o estándar actual, recollido nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, despois de que o galego acadase o status de lingua cooficial de Galicia no Estatuto de Autonomía de 1981.

Debates e Discrepancias na Norma Oficial

A elaboración das normas oficiais contou con debates e discrepancias que se solucionaron en 2003, coa introdución de cambios que significaron un achegamento das diverxencias entre os oficialistas (defendían a identidade do galego como lingua autónoma con personalidade propia) e os reintegracionistas (o portugués debía ser o modelo para o galego culto).

Interferencias e Desviacións da Norma Estándar

Interferencias na Lingua Galega

As interferencias son préstamos innecesarios e que se deben á presión sociocultural da lingua dominante. No noso caso, proceden do castelán (castelanismos), do inglés (anglicismos) e do portugués (lusismos).

  • Castelanismos: Desvirtúan o léxico ao substituír formas propias por palabras castelás ou cargándoas de connotacións restrinxidas. A influencia do castelán afecta a todos os planos da lingua: Fónico (non distinción entre vogais de grao medio abertas e medio pechadas), Ortográfico (usar a ortografía castelá en vez da galega) e Morfosintáctico (ex. xénero das palabras en castelán).
  • Lusismos: Préstamos innecesarios que se tomaron do portugués.

Desviacións da Norma Galega

As desviacións da norma, que afectan á construción da variedade estándar, son: hipergaleguismos, vulgarismos e arcaísmos. Estas formas deben ser evitadas na escrita e nos actos comunicativos formais.

  • Hipergaleguismos: A falsa “galeguización” de formas que coincidían en ambos idiomas.
  • Vulgarismos: Resultado dalgún tipo de vacilación vocálica ou consonántica e que responden á mesma motivación diferencialista respecto do castelán.
  • Arcaísmos: Constitúen o tipo de desviación menos frecuente e apenas perviven na actualidade. Son exclusivos da lingua escrita e dos usos máis formais.

Preguntas frecuentes

Que é a variedade estándar?

É a variedade que serve de medio de comunicación a todos os membros dunha comunidade lingüística, por riba das diferenzas e das modalidades faladas. Presenta un carácter conservador e emprégase nos usos formais.

Que son as interferencias na lingua galega?

Son préstamos innecesarios debidos á presión sociocultural da lingua dominante. Proceden do castelán (castelanismos), do inglés (anglicismos) e do portugués (lusismos).

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Como se conservou o galego durante os Séculos Escuros?
2. Que etapa se caracterizou por afastar o galego do castelán?
3. Que é un lusismo?
4. Que desviación da norma consiste na falsa galeguización de formas que coincidían en ambos idiomas?
5. Cando se resolveron as discrepancias entre oficialistas e reintegracionistas?
6. Que tipo de desviación é a menos frecuente e exclusiva da lingua escrita?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.