A Normativización do Galego: Historia, Estándar e Desafíos
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,64 KB
A Normativización do Galego: Creación e Consolidación do Estándar
Un idioma precisa ser un instrumento útil e eficaz, e para iso é necesario crear unha variedade modelo que sirva para unha comunicación formal. Este proceso denomínase normativización.
O Proceso Histórico da Normativización
Mentres un conxunto de linguas próximas estableceron os seus estándares nos séculos XVI e XVII, o galego, debido á súa situación de subordinación nese momento, non avanzou nese proceso. Non foi ata o século XIX cando se iniciou a súa recuperación xunto coa normativización.
Planificación Lingüística: Normalización e Normativización
Este proceso é, non obstante, parte doutro proceso máis amplo cuxa finalidade é a recuperación da situación diglósica que o idioma galego vén sufrindo desde séculos atrás. A planificación lingüística ten dous obxectivos principais:
- Normalización: Aumentar o número de falantes e levar o idioma a todos os ámbitos sociais.
- Normativización: Fixar un modelo referente para poder empregar a nosa lingua en calquera función social.
Fitos na Normativización do Galego
No caso do galego, os primeiros dicionarios e gramáticas apareceron a partir de 1860. Porén, as primeiras propostas serias non apareceron ata o século XX. Entre elas destacan:
- Algunas normas para a unificación do idioma galego (1933), elaboradas polo Seminario de Estudos Galegos.
- Tras o período de silencio durante a guerra e a ditadura, en 1970 a Real Academia Galega publicou as Normas ortográficas do idioma galego.
- En 1980, o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a RAG publicaron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, declaradas oficiais pola Xunta de Galicia. Estas últimas sufriron modificacións en 1995 e 2003.
A «Normativa de Concordia» e o Modelo Oral
Os reintegracionistas consideraron estas normas «isolacionistas» e afastadas do estándar portugués. Mais na revisión de 2003 tentouse superar esta polémica e por iso foi denominada «normativa de concordia». Unha vez conseguido este importante consenso, hoxe búscase a consolidación dun modelo oral non contaminado.
Desviacións e Interferencias na Lingua Galega
Desde a consolidación da variedade estándar, toda forma afastada dela considérase incorrecta. Pódense clasificar en dous tipos principais:
- Desviacións: Hiperenxebrismos, dialectalismos, vulgarismos.
- Interferencias: Castelanismos, lusismos, anglicismos.
Tipos de Desviacións
Hipergaleguismo
Co hipergaleguismo procúrase unha diferenciación clara do castelán mediante unha falsa galeguización dalgunhas palabras.
Dialectalismos
Os dialectalismos, a diferenza do anterior, son variacións da lingua estándar segundo a zona; polo tanto, non se poden considerar formas incorrectas, mais non deben ser usadas formalmente nin na escrita.
Vulgarismos
Os vulgarismos, pola contra, son normalmente usados por persoas con moi pouca formación. Pode haber, ademais, algún caso no que se empreguen para a diferenciación do castelán.
Tipos de Interferencias
Lusismos e Arcaísmos
Coa mesma finalidade de diferenciación do castelán danse os lusismos e arcaísmos.
Castelanismos
As interferencias máis frecuentes son, sen dúbida, os castelanismos.