Galego protoestandar

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB

-A comezos do século, a situación da lingua sofre notables cambios coa fundación de entidades importantes para a lingua: Real Academia Galega (1905), Irmandades da Fala (1916) e Seminario de Estudos Galegos, a creación de Céltiga e Lar, e a fundación do Partido Galeguista.   Durante este período continúan as iniciativas encamiñadas á elaboración dunha gramática.
As primeiras propostas serán as das Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos (Vocabulario castellano-gallego, algunas normas para unificazón do idioma galego e posteriormente a Engádega aalgunhas normas para unificazón do idioma galego). Asnormas do Seminario proponen o rexeitamento do i grego (y) e o uso exclusivo do i latino, a adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral e nasal palatal, a elección do x para o fonema fricativo palatal, o emprego do h segundo a etimoloxía, o mantemento dos grupos consonánticos cultos, o abandono do apóstrofo e a redución do guión e o plural en –s para as palabras polisílabas agudas rematadas en –l. Estas normas foron rápidamente aplicadas polo xornal A Nosa Terra. Antes da publicación destas normas apareceron dúas gramáticas, o Compendio de gramática galega de Carré Alvarellos e a Gramática do idioma galego de Lugrís Freire.

-A Guerra Civil terá serias e negativas consecuencias para a lingua e a cultura galegas. O proceso normailzador que comezara co Rexurdimeto e continuara con brillantez durante o primeiro terzo do século xx, esgótase ante a violencia da represión desatada nos anos de guerra e posguerra. O castelán será o único vehículo de comunicación real e oficial para a Igrexa, a escola, a Administración e os medios de comunicación do novo Estado xurdido da guerra. Co todo, o galego segue sendo o idioma máis falado en Galicia. a porcentaxe de poboación monolingüe en galego e tan alta que fai imposible a sua erradicación, e é a lingua de uso no ámbito familiar e coloquial no medio rural.   Bos Aires hase converter na capital cultural da Galicia do exilio. Alí aparecen as editorias Galicia, Nova e Citania. Luís Seoane alenta desde a capital arxentina a publicación de Galicia Emigrante, unha revista que destaca entre as actividades culturais do exilio galego. En 1944 constitúese en Santiago o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" que está vinculado ao extinto Seminario de Estudos Galegos. Nel tamén se integrarán despois R. Oter Perdayo, V. Risco e F. López Cuevillas.

Entradas relacionadas: