Fonética e Fonoloxía Galega: Conceptos Clave e Ortografía

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,73 KB

Conceptos Fundamentais

Os sons son unidades fónicas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala.

Os fonemas son unidades lingüísticas mínimas de carácter abstracto que funcionan na lingua como imaxes mentais dos sons.
A fonética estuda os sons.
A fonoloxía estuda a articulación dos sons.
Na escrita as unidades fonolóxicas represéntanse con letras. A disciplina que se ocupa da correcta utilización dos signos gráficos é a ortografía.

Criterios de Definición dos Fonemas

Os fonemas dunha lingua defínense atendendo a tres criterios básicos: a sonoridade, o punto de articulación e o modo de articulación:
  • A sonoridade: É a posición das cordas vocais. Vibran producindo un fonema sonoro; se non vibran, forman un fonema xordo.
  • O punto de articulación: Lugar do aparello fonador. Segundo isto, temos tres orde de vogais e sete de consoantes.
  • O modo de articulación: Posición dos órganos articulatorios: oclusivas, fricativas, africadas, nasais, laterais e vibrantes (simple ou múltiple).

As Vogais

As vogais son os fonemas que se poden realizar acusticamente sós e poden construír sílabas por si mesmos.

Fenómenos de Vacilación Vocálica

Vocalismo Tónico:
  • Metafonía: Alteración do timbre dunha vogal tónica media por influencia da vogal final.
  • Influxo dunha nasal: A presenza dunha consoante nasal que traba unha vogal media aberta pode alterar o timbre etimolóxico desta, facendo que peche un grao.
Vocalismo Atono:
Fenómeno de adición, de supresión ou de vacilación vocálica.

As Consoantes

As consoantes son os fonemas que se producen acústicamente cando o aire atopa un obstáculo na cavidade oral. Son fonemas asilábicos, pois para formaren a sílaba precisan ir acompañados dunha vogal.

Neutralizacións

Nasais:

Catro fonemas nasais: labial (/m/), alveolar (/n/), palatal (/ñ/) e velar (/).

Vibrantes:

/r/ (r simple, como en *amor*) e /rr/ (r múltiple, como en *rá*).

Alteracións Fonéticas das Consoantes

  • Seseo: O fonema /z/ (representado por *z* ou *c* ante *e, i*) pronúnciase como /s/. Hai seseo total e seseo parcial.
  • A gheada: Realización do fonema oclusivo velar sonoro /g/ dun xeito máis ou menos aspirado, semellante ao /h/ en inglés.
  • O Yeísmo: Importado do castelán, o son /y/ pronúnciase como /ʝ/ (como en *lengua*, *yo*, *yegua*).

Correspondencias Gráficas Comúns

/b/ (b e v); /g/ (g e gu); /k/ (c e q); /θ/ (z e c ante e, i); /ɾ/ (r entre vogais ou r simple); /r/ (rr ao principio ou dobre); /f/ (x); /ks/ (x).

Análise Literaria: Rafael Dieste

Rafael Dieste é o autor teatral da Xeración dos vangardistas. A fiestra baldeira (1927) é unha comedia simbólica sobre a identidade (individual e colectiva).

Un mariñeiro volve rico da emigración e encarga un retrato diante dunha ventá. O pintor quere situar como fondo da fiestra unha paisaxe mariñeira, símbolo do pasado humilde do retratado. A muller e a filla opóñense. O pintor continuará o cadro arrincando a fiestra. Así aparece a “fiestra baldeira” como símbolo da anulación da identidade individual e colectiva. Ao final o conflito resólvese coa aceptación da realidade e do pasado humilde.