Panorama da Literatura Galega: Xéneros, Períodos e Autores Clave

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,22 KB

Xéneros Menores da Lírica Profana Galego-Portuguesa

Ademais dos tres grandes xéneros, agrupamos os seguintes xéneros menores:

  • Pranto: Poema de loanza a un personaxe morto, normalmente de grande importancia social.
  • Tenzóns: Composicións dialogadas nas que interviñan dous autores que discutían sobre as súas habilidades versificatorias.
  • Pastorelas: Son de orixe provenzal. A pastorela provenzal presenta este esquema argumental:
    • Encontro dun cabaleiro e unha pastora.
    • Descrición do lugar tópico do locus amoenus: en plena natureza.
    • Descrición da pastora.
    • Diálogo entre os dous personaxes e proposta amorosa do cabaleiro.
    • Contestación da pastora aceptando ou rexeitando esa proposta.

    A pastorela galego-portuguesa non segue rixidamente o modelo provenzal, incorporando o punto de vista da cantiga de amor, o tema, o vocabulario e o escenario da cantiga de amigo, e o carácter narrativo da cantiga de escarnio.

As Cantigas de Santa María

Afonso X o Sabio escribiu un bo número de cantigas profanas e de escarnio, sendo tamén o autor de cantigas relixiosas. As Cantigas de Santa María son un total de catrocentas vinte e sete composicións en honor da Virxe:

  • Cantigas Narrativas: Contan milagres realizados pola Virxe. Comezan cun refrán.
  • Cantigas Líricas: Son composicións en forma de oracións, loanzas e cantos en honra de María. Son unha especie de cantigas de amor ao xeito divino, nas que a Virxe é a dona a quen eloxia e ama o rei trobador.

Os Séculos Escuros da Literatura Galega

A situación de esplendor que viviran a lingua e a literatura galego-portuguesas cambia radicalmente a partir do século XV.

Deste longo período só conservamos unhas poucas mostras literarias:

  • Poesía Oral, Anónima e Tradicional: Cantigas, romances, contos, refráns...
  • Poesía Académica: Composicións renacentistas ou barrocas de autores como Martín Torrado, Gómez Tonel, Isabel de Castro (Condesa de Altamira), etc.
  • Panxoliñas: Teñen un gran desenvolvemento debido á galeguización do tema de Nadal, por mor da identificación entre Galilea e Galicia.
  • Teatro: A primeira peza conservada é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Gabriel Feixoo de Araúxo (1671).

A Ilustración nos Séculos Escuros (Século XVIII)

Coa chegada da Ilustración, a situación comeza a cambiar. Aparecen algúns ilustrados que procuran a dignificación da nosa lingua. As principais figuras deste tempo son o Padre Feixoo e o Padre Sarmiento.

  • Padre Feixoo: Defende a dignidade da lingua galega.
  • Padre Sarmiento: Realiza importantes estudos sobre a lingua galega, recompila abundante léxico, indaga na súa etimoloxía e defende o emprego do galego no ensino, na Igrexa e na Administración.

Outros ilustrados deste tempo son o Padre Sobreira, o Cura de Fruíme e Xosé Cornide e Saavedra.

Follas Novas de Rosalía de Castro

A publicación deste libro data de 1880. No prólogo, titulado "Dúas palabras da autora", Rosalía de Castro expón as súas intencións.

Temática de Follas Novas

  • Temática Subxectiva: Está presente naqueles textos nos que a autora expón as súas propias penas. O ton amargo e o pesimismo traspasan todos estes poemas.
  • Temática Obxectiva: Afonda na análise das inxustizas que padecen o noso país e os seus habitantes.

Méritos de Follas Novas

Os seus méritos consisten na orixinalidade métrica, xa que realizou combinacións métricas innovadoras. Estas características converten Follas Novas no gran libro da poesía galega e a Rosalía de Castro na gran poeta da nosa literatura.