Orixes da lingua galega: historia e evolución
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,09 KB
As orixes da lingua galega
A lingua galega ten a súa orixe no latín, que foi a lingua empregada polos romanos no seu imperio e tamén a lingua presente no proceso de romanización, no cal estivo incluída tamén Galicia. O latín sufriu un proceso de evolución nas diferentes rexións peninsulares dando lugar ao que hoxe coñecemos como linguas románicas, entre as cales se atopa o galego.
Este proceso de cambio do latín debeuse ao contacto con outras linguas presentes nas distintas zonas xeográficas, o que se coñece como linguas de substrato. Tamén tiveron importancia as linguas posteriores, chamadas linguas de superestrato.
O latín constitúe un elemento fundamental do galego, pero non é o único. Tamén xogaron un papel importante as achegas das diferentes linguas dos distintos pobos que se asentaron no noroeste da Península Ibérica ao longo dos séculos, xa fose antes ou despois da chegada dos romanos.
O substrato prerromano
As linguas faladas no noroeste da Península Ibérica forman un conxunto coñecido como “substrato prerromano”, e abarcan as preindoeuropeas e as indoeuropeas.
O substrato prerromano constitúeo, entre outras linguas, a lingua celta da cultura castrense fundamentalmente, caracterizada pola dispersión da súa poboación. Isto dificultou o proceso de latinización, aínda que acabou impoñéndose grazas á superioridade política e cultural dos romanos. Consideraban que todas as linguas presentes eran “bárbaras” e non se molestaban en aprendelas. Outro factor importante foi que o latín se converteu nun requisito para a obtención da cidadanía romana, co que pouco a pouco as linguas autóctonas foron desaparecendo nun proceso longo e lento en favor do latín.
Influencias do substrato no léxico galego
- Linguas preindoeuropeas: palabras que presentan a raíz car(r)-, palabras con raíz mor- e outras palabras do léxico común ou da toponimia.
- Linguas indoeuropeas: o sufixo -ego, o nome de Galicia, e palabras como cabana, cabaceiro ou páramo. De orixe celta temos topónimos coa terminación –(o)bre e termos como bico, burato, rodaballo...
As linguas de superestrato
Xa no século V, coa caída do Imperio Romano, produciuse a chegada de linguas de orixe xermánica e árabe que constitúen as linguas de superestrato. A súa influencia é semellante á que exerceron as linguas de substrato:
- No caso das linguas xermánicas, o seu legado máis importante é o léxico referido á antroponimia e toponimia, ademais de termos da vida cotiá e rural.
- No caso do árabe, deixou a súa influencia no léxico e toponimia galegos, pero dun xeito indirecto, xa que a maior parte dos arabismos chegaron por medio do castelán e o portugués.