Realismo fantástico en Galicia — Álvaro Cunqueiro

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,56 KB

Realismo fantástico — Álvaro Cunqueiro

Realismo fantástico — Álvaro Cunqueiro

Escritor galego dotado dun mundo literario máis persoal, así como dun estilo e dunha técnica perfectamente distinguible entre os seus contemporáneos.

Características

  • Tendencia á disgregación da novela
  • Hibridación lúdica e por voces paródica de diferentes xéneros e fontes literarias
  • Predomina a oralidade no estilo
  • Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía lúdica
  • Humor e poeticidade

Obras e exemplos

Merlín e familia

Ten como personaxe principal ao mago Merlín extraído das lendas medievais coa súa raíña Xenebra, nun ambiente plenamente galego. Estructura narrativa: chegada de forasteiros á casa do mago – petición de axuda ao mago – resolución ou non do problema.

As crónicas do Sochantre

Posúe unha técnica narrativa semellante. Narra a extraña aventura que vive o Sochantre cando se dirixe a Quelven para tocar nun enterro. O ambiente evocado é a afastada Bretaña, descrita á imaxe e semellanza de Galicia.

Se o vello Sinbad volvese ás illas…

É a novela que máis se aproxima ao xénero. Narrada en 3ª persoa, é unha novela de personaxe que aborda a

O realismo social — Blanco Amor

O realismo social — Blanco Amor

Nas súas obras a acción desenvólvese sempre en Auria (Ourense), e nas dúas primeiras décadas do século XX. Escritas en primeira persoa e cheas de personaxes.

Obras destacadas

A Esmorga

É unha das mellores novelas da nosa literatura. Importante función da linguaxe: partindo da fala popular e combinando formas dialectais con outras cultas, conseguiu unha síntese que serve para expresar a traxedia do home que non é dono do seu propio destino.

Os Biosbardos

Está formada por un conxunto de sete narracións curtas protagonizadas e contadas en primeira persoa por outros tantos rapaces. Nestes relatos aparece un mundo infantil misterioso, fantástico e cheo de emocións no que os protagonistas sofren e mesmo chegan a morrer debido ás circunstancias adversas nas que viven.

Xente ao lonxe

Está baseada en feitos históricos. Constitúe unha visión da sociedade ourensá de principios do século XX e un alegato social a favor dos desherdados. É a crónica da familia Villar, de clase traballadora e formada por activos sindicalistas.

A narrativa de Xosé Neira Vilas

A narrativa de Xosé Neira Vilas

Aínda que os seus inicios coinciden coa Nova Narrativa Galega, apenas existen na súa obra coincidencias con este movemento. É tamén unha figura importante na nosa lingua.

As súas obras caracterízanse pola constante presenza do mundo rural galego de posguerra, dominado pola miseria e no que os protagonistas manteñen unha conflictiva relación co medo debido á situación de opresión. Reflexiona sobre a emigración, a explotación e o caciquismo.

Obras

  • Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho: novelas de protagonista infantil ambientadas en Galicia.
  • Xente de rodicio, A muller de Ferro e Querido Tomás: son obras nas que aparece un protagonista adulto e a acción transcorre en Galicia. Reflexo dun mundo labrego dominado pola violencia, marxinación e opresión.

Querido Tomás é unha novela de amor que ten un monólogo evocado por unha muller de 50 anos.