Resumen vento ferido carlos casares

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,82 KB

NOVA NARRATIVA GALEGA:


innovacións. Aparición do hérore problemático. Conxunto de obras narrativas cunhas características comuns. Teñen un marco temporal. Comeza a p. De 1950 e remata en 1976. Tratamento de aspectos políticos en clave simbolica. Persoaxes traumatizados con tendencia á violencia e á autodestruccion. Creacion de mundos absurdos e angustiosos. As peronaxes móvense en situacións estrañas e irracionais. Espazos claustrofóbicos e sórdidos que reflicten as obsesións patolóxicas dos protagonistas. Técnica do ollo cinematográfico: o narrador compórtase como o obxectivo duha cámara. Emprego do monólogo interior.

Autores NNG:

Gonzalo Rodríguez Maurullo, inaugurador da nova narrativa.
Memorias de Tains (1956) o protagonista atopa entre as ruinas dunha cidade unhas cartas. En cada capítulo le unha carta. Utiliza o emprego epistolar. Estas cartas falan da guerra e do clima da posguerra. Sentimento de pesimismo/angustia. Existencialismo de posguerra. Emilio Gonsar, rompe algunhas das normas Como calquer outro día (1962) expresa a monotonía do vivir, o vacío existencial. Único autor que publica toda a súa vida obras da nova narrativa. Xosé Luis Méndez Ferrín, tres etapas na súa produción.
1.Recreación mítico simbólica: fantasía e violencia.
Percival (1958)
O crepúsculo e as formigas (1961)
2. Etapa contada na realidade política tratada de forma alegórica Crónica de nós (1980) contos politicos dende unha perspectiva alegórica.
3. Etapa da fantasía (regreso a primeira)
Arraianos (1991) Carlos Casares: duas etapas poorque morre.
1. Etapa experimental e vangardista.
Vento ferido (1967), é un libro de contos, son interesantes e non son desiguais. Imposibilidade do amor e pesimismo, produce angustia da existencia: existencialismo.
Xoguetes para un tempo prohibido (1976), a primeira parte transcorre nun seminario. Ten un ambiente represivo, continuos castigos, regras estrictas... O prota desobedece continuamente as normas polo que é castigado. Acaba expulsado. A segunda parte está ambientada na USC nos anos 60. O prota atopa tres cousas: a liberdade, persoas que sentían/pensaban coma  el e mailo amor, namórase dunha estudante de intercambio.
2. Estilo realista máis convencional.
Ilustrísima (1980), prota obispo, grupo de xente, cinematógrafo.

XERACIÓN DOS 80:

Foxe da figura do poeta portavoz que rompe co social-Realismo. Enorme pluralidade poética: crean grupos poéticos, a poesía une a poesía, experimentan con outras manifestacións artísticas. Tendencia culturalista: só ao inicio; tendencia á cultura humana e marxinal. Coidado formal e depuracion lingüística.

Autores:

Xosé María álvarez Cáccamo Calendario perpetuo (1997) fala da súa infancia. Poesía intimista. Utiliza técnicas do Surrealismo. Ramiro Fonte Pasa un segredo (1988) inaugura unha corrente poética: poesía da experiencia, fala da vida cotiá e pretende conectar co lector. Fernán Vello Memorial de Grancruz (1984) inaugura outra temática: o erotismo, a presenza do corpo (feminino observado polo home). Poesía optimista, amor adolescente. Pilar Pallarés Sétima soidade (1984) poesía do cotián=poesía da experiencia. Fala de a soidade-illamento, a dor e o sufrimento.

XERACIÓN DOS 90:

poderon empregar Internet. Simplificación: reaccionaron e simplificaron a súa linguaxe. Entran de cheo na poesía da experiencia. Ton coloquial: pretendendo confidenciar os temas. Non pretenden un lector culto, senón un lector apaixonado, sensíbel, cómplice do autor. Irrupción da voz feminina: máis mulleres poetas que homes: -Incorpórase un imaxinario do feminino no que se reivindican figuras marxinalizdas da sociedade (bruxas, lesbianas, prostituas...) -Sensibilidade e unha visión do mundo novas (solidaridade, tenrura, erotismo) -Muller dona do seu corpo. Presenza do corpo visto pola muller, non polo home. -Lenguaxe sexualizada: pretende a desconstrucción da cultura androcéntrica. Yolanda Castaño Elevar as pálpebras (1995) poesía da experiencia, verso libre, erotismo feminista e feminino porque reivindica o corpo da muller. María do Cebreiro Non querer que o poema te coñeza (2004), ton conversacional, conversa a través dun "ti" ao que se dirixe o título. Versos endecasílabos, heptasílabos e incluso alexandrinos, o que lle da enorme musicalidade.

Entradas relacionadas: