Cantigas satíricas: tipos, temas e recursos (Galego)
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,96 KB
Tipos de cantigas satíricas
Cantigas de escarnio
Cantigas de escarnio: critican de xeito encuberto (xogos de palabras, dobres sentidos, eufemismos...)
Cantigas de maldizer
Cantigas de maldizer: critican directamente (palabras claras e sen dobres sentidos)
Temas
- Sátira política: defender ou atacar determinadas posicións políticas dos personaxes ante conflitos bélicos.
- Censura do comportamento da igrexa e dunha parte da nobreza portuguesa que traizoaron o rei lexítimo.
- Comportamentos dalgúns nobres cabaleiros que abandonaron ao rei Afonso X nas campañas da guerra de Granada.
- Sátira social, persoal e de costumes: os individuos aludidos son determinados dun grupo social (nobres avaros, cabaleiros pobres, clérigos, abadesas, falsos peregrinos á Terra Santa...).
- Nobreza: censurábase a súa cobardía, avaricia e traizón.
- Estamento relixioso: dirixida contra o poder temporal da igrexa e a súa insumisión nos asuntos políticos (ambición, gula, luxuria).
- Representantes da administración e outros grupos sociais: médicos, avogados, falsos peregrinos… tamén sufriron censura os trobadores.
- Comportamento sexual: as mulleres (soldadeiras e representantes eclesiásticos) retrátanse coma antítese do ideal de castidade e pureza que promovían as instancias eclesiásticas e cortesás; critícase a figura masculina: impotencia sexual, cornudos, problemas físicos, pederastia, homosexualidade.
- Sátira literaria:
- Parodias do código do amor cortés: ridiculizaban os tópicos e motivos deste; non teñen un fin en si mesmas, senón que son un medio polo cal acaba criticándose a unha persoa. (ex.: coita de amor → morrer de fame; muller idealizada → muller fea e negra coma o carbón).
- Enfrontamentos entre trobadores e xograres: especie de xogo de enxeño para defender un privilexio de clase, para demostrar as habilidades literarias ou dar saída a rivalidades de tipo persoal.
- Sátira moral: mostra a decadencia das virtudes, a corrupción social e un mundo no que triunfan a mentira, a hipocresía e a adulación.
Estilo e recursos
- Vocabulario máis concreto e variado, con termos relativos a distintas profesións e grupos sociais.
- Léxico relativo a aspectos concretos do corpo humano, á vestimenta e ao espazo da acción.
- Palabras de lingua falada, ás veces de carácter obsceno e escatolóxico.
- Utilización do equívoco (xogo co dobre sentido das palabras con implicacións de carácter sexual).
- Uso frecuente da ironía (sarcasmo).
- Uso do símil degradante que equipara o obxecto de burla con realidades innobres.
- Abundancia de metáforas e metonimias (alusións mediante o uso do equívoco).
Xéneros menores
- Tenzón: composición dialogada seguindo o mesmo esquema estrófico, en que dous trobadores levan a cabo un debate xeralmente de carácter satírico. Un trobador fala na primeira estrofa e o outro responde na seguinte defendendo un punto de vista contrario.
- Partimén: xénero dialogado de orixe occitana semellante á tenzón. Diferénciase en que na primeira cobla un trobador expón dúas argumentacións contrarias sobre un tema; o segundo trobador decide por cal argumento opta e o outro debe defender a idea contraria.
- Pranto: cantiga elexíaca na que enxalzan as virtudes dun personaxe nobre que acaba de morrer, cunha breve loanza final.
- Lai: tema amoroso, modalidade galaico-portuguesa (lai artúrico): temática bretoa que formaba parte dunha trama narrativa.
- Cantiga de seguir: crear unha cantiga a partir dun texto anterior.