Orixe e Evolución das Linguas Romances e a Lingüística Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,25 KB
O Nacemento das Linguas Romances
A diferente sorte que correron os distintos territorios que estiveron baixo o dominio do imperio provocou un relativo illamento que facilitou a rápida diferenciación lingüística. Isto dará lugar ao nacemento das diversas linguas románicas e, entre elas, o galego. Aínda que non temos ningún documento escrito en galego ata o século XII, dedúcese que a lingua oral xa non era o latín, senón o galego.
PALABRAS (Etimoloxías):
- Articulum: artello, artículo.
- Plena: chea, plena.
- Planu: chan, plano.
- Limpidu: limpo, límpido.
- Chathedra: cadeira, cátedra.
- Calidu: caldo, cálido.
- Lactem: leite, lácteo.
- Fastidio: fastio, fastidio.
Valor dos Verbos
Modo Indicativo:
- Presente: Acción coincidente co momento da enunciación, habitual, permanente, histórico ou narrativo, prospectivo (futuro), mandato, intensificador.
- Copretérito: Coincidencia cun tempo pasado, habitual, prospectivo, de cortesía.
- Pretérito (Indefinido): Anterior ao momento da fala, mandato, pretérito do futuro, acción anterior.
- Antepretérito: Retrospección no pasado, cortesía, desiderativo.
- Futuro: Prospección, obrigatoriedade, probabilidade, retrospectivo.
- Pospretérito: Prospección dende o pasado, probabilidade no pasado, cortesía, retrospectivo.
Modo Subxuntivo:
- Presente: Acción coincidente, rogo, dúbida, mandato.
- Pretérito: En referencia a un pasado pode indicar anterioridade, desexo.
- Futuro: Uso culto ou literario.
Modo Imperativo:
- Suplica ou consello, hipótese.
Diferenza entre Linguaxe e Lingua
- Linguaxe: Capacidade que ten o ser humano para falar unha lingua concreta.
- Lingua: Manifestación concreta do idioma da capacidade da linguaxe.
Sinonimia
É a relación semántica que se establece entre dúas palabras ou signos lingüísticos que comparten o significado pero teñen distinto significante.
Signo e Símbolo
- Signo: É un elemento que substitúe a outro.
- Símbolo: É un elemento que substitúe a outro co que garda algunha relación de significado.
Polisemia
Relación semántica que consiste nun significante que ten varios significados.
Hiponimia
Froita é o hiperónimo. Laranxa e mazá son hipónimos e, entre eles, cohipónimos.
Antonimia
- Recíproco: A existencia dun termo implica outro.
- Complementario: A existencia dun termo implica a negación doutro.
- Gradual: Existe gradación entre varios termos.