Os biosbardos eduardo blanco amor resumen

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,93 KB

A PROSA GALEGA ENTRE 1936 E 1980


Tras unha época de durísima represión como foi a ditadura franquista a nosa lingua deixa de contar cunha prosa clara na posguerra. Só a partir dos anos 60 iniciarase unha lenta e progresiva recuperación grazas a labores como o proxecto “Galaxia”. //

A primeira novela virá da man de Ricardo Carballo Calero (Día das Letras Galegas 2020) con A xente da
Barreira;
Que estará seguido de Mestres como foran Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas. /-/ Ánxel Fole vai ser o gran representante do Realismo etnográfico; destacará na narrativa breve e como narrador escribindo contos. A técnica narrativa que emprega é a do conto oral. Na súa obra móstrase a súa intención de retratar unha Galiza misteriosa e máxica, sendo as lendas e as crenzas populares como a Santa Compaña motivos recorrentes xunto cunha linguaxe áxil e enxebre. As dúas obras máis representativas son A lus do candil (1953) e Terra brava (1955). Ambas constan de catorce historias que se desenvolven maioritariamente nas terras do Courel e do Incio, cunha narración fantástica. /-/ Álvaro Cunqueiro é o máximo representante do Realismo máxico. A súa obra pode clasificarse en dúas liñas; a narrativa longa composta por Merlín e familia (1955), unha sucesión de historias unidas pola presenza do mago Merlí e pola repetición de motivos como o da viaxe.

As crónicas de

Sochantre, coa acción situada na Bretaña francesa na época da Revolución Francesa e Si o vello Sinbad volvese ás illas, coa personaxe das Mil e unha noites que intercambia a realidade cos soños. Pola outra banda atopámonos cos libros de semblanzas:
Escola de menciñeiros e fábula de varia xente, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes.
Breves semblanzas de tipos populares galegos, onde utilizando o modelo de conto oral, retrata personaxes insólitas e curiosas con poderes extraordinarios. // Na súa obra destaca a combinación do enxebre co exótico, o humor, a ironía ou a humanización, sendo o eixe central dunha Galiza rural e máxica. Instálase entre a realidade e a ficción, desbotando a temática social. /-/ Eduardo Blanco Amor será o máximo representante do Realismo social. Emigrou a América durante a Guerra Civil onde realizou unha importante labor republicana e cultural. As acción das súas obras transcorren en Auria, trasunto de Ourense na primeira década do século XX. Os temas máis recorrentes son o mundo da violencia, as relacións familiares, educación… As súas obras máis representativas son A esmorga e Os biosbardos.
A primeira está composta por cinco capítulos onde Cibrán “o Castizo” declara ante un xuíz os acontecementos que lle ocorreron a el e os seus compañeiros “o Bocas” e “o Milhomes” durante 24 horas de esmorga, rodeados de espazos decadentes, alcohol e moito frío e choiva. Está narrada coa técnica telefónica e utiliza unha linguaxe popular dialectal. Outra obra a destacar é Xente ao lonxe (1972), constitúe unha visión da sociedade ourensá de principios do séc. XX e un alegato social a favor dos dereitos desherdados, a través da crónica da familia Villar. /-/ Xosé Neira Vilas é o gran representante do Realismo rural. As súas obras caracterízanse pola presenza constante do mundo rural de posguerra dominado pola miseria e no que os protagonistas soen ser infantís. Os temas máis tratados soen ser a emigración, a explotación dos humildes, o caciquismo e a incomprensión que sofren os nenos. Utiliza unha linguaxe sinxela e rica, chea de formas enxebres. Cunha prosa renovadora, aplica técnicas modernas como o multiperspectivismo, a narración en primeira persoa, o monólogo interior e a narración obxectiva. Destaca con Xente no rodicio, A muller de ferro, Memorias dun neno labrego (manifesta as inquedanzas e frustración de Balbino, neno labrego que vive en miseria e represión), Cartas a Lelo (cartas nas que se amosa a vida da adolescencia, as festas populares, a tradición…) e Aqueles anos de Mancho.
Nas tres últimas obras, o protagonista é infantil e está ambientadas en Galicia. /-/ Como colofón, todos estes escritores marcarán un camiño de liberdade expresiva para o galego. A lingua sempre maltratada, volve a rexurdir grazas ao pobo e os seus intelectuais.