Resumo da fiestra valdeira por lances
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 13,84 KB
A dramaturxia dos primeiros anos do século XX sitúase a medio camiño entre o teatro costumista e o histórico do século XIX e o teatro nacionalista das Irmandades.
No século XX, arredor da Cova Céltica, créase a Escola Rexional de Declamación, que se estrea co primeiro drama en prosa, A ponte, de Lugrís Freire. Outras producións teñen temática rural, están escritas en verso... Tamén o labor dos coros ( Cantigas da Terra )foi fundamental no asentamento popular do noso teatro.
As Irmandades da Fala crean en 1919, na Coruña, o Conservatorio Nazonal de Arte Galego
. A estrea da peza A man de Santiña de Ramón Cabanillas, significou a súa inauguración. O teatro deste período presenta unha maior calidade estética que se afasta dos vellos tópicos ruralistas. Consecuencia desta actualización, realízanse traducións de obras clásicas. Distinguimos tres liñas temáicas:
a social, centrada no caciquismo ( A patria do labrego de Vilar Ponte ); a costumista( Bodas de Ouro de Galo Salinas e a nomeada anteriormente de Cabanillas, onde as clases altas falan galego ) e a histórica con dramas lendarios ou folclóricos propagandísticos ( Pedro Madruga de Cuveiro Piñol ou O Mariscal de Cabanillas ). Cotarelo Valledor, sobresae pola perfección dos personaxes e a coidada estrutura dramática de temática variada: labrega ( Trebón ) , mariñeira ( Beiramar )...
Por outro lado o Grupo Nós cultivou o teatro como vehículo dinamizador da cultura galega.
De Vicente Risco cabe salientar o drama tráxico cortesán de ambientación medieval O bufón d’El Rei, con elementos de lenda, que se inscribe no simbolismo.
Otero Pedrayo é o autor teatral máis fecundo do Grupo. En 1933 o Centro Dramático Galego estrea A lagarada. Frasada tráxica pra ler é unha traxedia dionisíaca na que a vendimia e o viño desencadean as paixóns da cobiza e a luxuria. A fantasía, maxia e ambientación poética contrastan a uns personaxes deseñados con trazos realistas e naturalistas. Outra obra é O desengano do prioiro, visión humorística do mundo do viño. E, nos 70 aparece Teatro de Máscaras; dezasete pezas dramáticas nos que achamos clásicos personaxes oterianos.
Mais drama galego máis importante e o de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. Comezou a escribila antes da Guerra Civil, pero estreouna en 1941 en Buenos Aires. O tema desta é o namoramento dun vello, que o autor desenvolve en tres historias similares nas que observamos unha relación recíproca vello – moza , mais o vello é natural que se namore dela; en tanto que a moza non pode sentir atracción por el.
Por outro lado, está o teatro dun grupo de autores que asumían as tendencias das vangardas europeas do momento. Entre eles , Rafael Dieste, autor de A fiestra valdeira, que presenta o tema da vivencia nun marco social mariñeiro e a discusión do dilema ética e estética. Outra é O drama do cabalo de axedrez