Estereotipos e prexuízos lingüísticos: impacto na normalización do galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 9,08 KB
Estereotipos e prexuízos lingüísticos
Hai unha situación de diglosia: coexisten desequilibradamente dúas linguas que teñen diferentes valores sociais:
Lingua en expansión: ámbitos de prestixio (o Castelán)
Lingua minorizada: sofre a sustitución lingüística, ámbito informal (o galego)
Marxinación que deriva nun sentimento de autoodio; rexeitamento pola identidade propia con complexo de inferioridade.
Prexuízos lingüísticos: actitudes negativas sobre o galego e os falantes co obxetivo de provocar un rexeitamento. Linguas boas ⇔ malas. Hai:
Prexuízos vellos: asocian o galego ao rural, a pobreza, a ignorancia.
Prexuízos novos: rexeitase o galego normativo, non é auténtico, é unha lingua con poucos falantes. A minoría pretende a imposición do idioma ao resto da sociedade. Que derivan nuns:
Estereotipos: ideas irracionais sobre a nosa lingua e os falantes.
Os prexuízos teñen graves consecuencias: afectan ao concepto da lingua na sociedade e individualmente, provocan o abandono da lingua. Por iso é importante combatelos para evitar a súa transmisión.
Historia de normativización
O proceso da elaboración dunha norma estándar da lingua que sirva para a corrección dos falantes nos usos cultos e formais chámase normativización. No proceso de normativización do galego hai catro etapas:
Galego popular (século XIX): os autores do rexurdimento carecían dunha norma e empregaban vulgarismos, e aparecen os primeiros diccionarios.
Galego enxebrista (preguerra): as Irmandades e o grupo nós empregan cultismos e arcaísmos. Inténtase a estandarización do galego coas normas para a unificación do idioma galego (SEG, 1933).
Galego protoestándar (1936-1980): Editorial Galaxia 1950 elabora unhas normas internas como referencia a escritores. A RAG e ILG publican en 1970 normas ortográficas para a unificación do idioma galego.
Galego estándar (1980-agora): En 1981 o galego convértese en lingua cooficial e comeza a usarse en todos os ámbitos. En 1982 o ILG e RAG publican normas ortográficas e morfolóxicas para a unificación do idioma galego. Con reaccións en contra por partes dos reintegracionistas, e os mínimos reintegracionistas (Portugués) e modifícanse as normas en 2003.
Anorma estándar debe excluir:
As desviacións da norma: non coinciden con estándar:
Dialectismos: formas propias dunha zona xeográfica.
Vulgarismos: deformacións da lingua oral coloquial.
Hipergaleguismos: palabras galegas deformadas por diferencialismo
Arcaísmos: formas en desuso exclusivas dos usos formais.
As interferencias: préstamos innecesarios para os que existía unha palabra:
Castelanismos léxicos: crean formas novas substituíndo as propias.
Castelanismos fónicos: a non distinción de vogais.
Castelanismos morfosintácticos: erros no xénero e nos pronomes.
Castelanismos ortográficos: uso da ortografía castelá.
O galego, lingua en vías de normalización
O galego é unha lingua minorizada, está nunha situación de desvantaxe co catelán, lingua dominante. Para acadar un uso normal da lingua,compre levar a cabo o proceso de normalización lingüística, que é recuperar o uso da lingua
Etapas do galego:
Tras os séculos Escuros: o galego comezou proceso de normalización.
Preguerra: este processo experimentou un importante avance
Dictadura: o processo de normalización sufriu un retroceso
Etapa democrática: importantes avances no processo de normalización
Para que teña éxito o proceso de normalización cómpre a intervención de sectores sociais: as institucións públicas, a acción de colectivos non institucionais e a acción individual. Tamén existen factores para o proceso de normalización:
Factores favorables para a normalización lingüística: menos prexuízos lingüísticos, maior presenza no mundo da cultura
Factores negativos que inciden na normalización: a presenza de prexuízos, perda de falantes, non avance no comercio, publicidade...
Nunca se dispuxo tantas armas para a normalización, mais nunca o perigo de substitución foi tan claro. O processo de normalización está nun momento decisivo, e dependerá do interese das institucións e da toma de conciencia da cidadanía.