Movementos e Figuras Clave na Cultura Galega do Século XX
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,41 KB
O Movemento Agrario Galego
Foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego a principios do século XX. Demandaron melloras na súa condición de vida e formaron asociacións e sindicatos agrarios (como Solidaridad Gallega e Acción Galega).
- 1º Mellorar as condicións de vida e denunciar o caciquismo.
- 2º Solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba, eliminando os foros (impostos que pagaban os campesiños por traballar as terras).
En 1926, conseguiuse a redención dos foros.
As Irmandades da Fala: Obxectivos e Legado
En 1916, Antón Vilar Ponte creou a primeira Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e cultura galega.
A partir desa data, fóronse estendendo polas cidades e vilas do país.
Os obxectivos principais foron:
- 1º Cooficialidade entre galego e castelán.
- 2º Autonomía integral para Galicia.
- 3º Ingreso na Liga das Nacións.
Para defender a lingua, crearon editoras como Céltiga, Lar ou Nós; tamén fundaron a revista A Nosa Terra, compañías de teatro e, o máis importante, o Seminario de Estudos Galegos.
No plano político, en 1931, xurdiu o Partido Galeguista, formado por persoas de diferentes ideoloxías que defendían unha maior autonomía para Galicia. En 1936, conseguiron que se aprobase o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia, pero coa Guerra Civil non entrou en vigor.
O Grupo Nós e a Renovación Cultural Galega
Estaba formado por varios escritores que en 1920 publicaron unha revista chamada Nós. Tamén foron denominados como Xeración das Irmandades, de acordo coa sociedade na que viviron.
Os tres principais membros da xeración foron Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Vicente Risco; a estes uníuselles Castelao.
As obras que marcaron o paso desta xeración son unha novela e dous ensaios, entre as que destacan: Arredor de si (novela de Vicente Risco) e Dos nosos tempos (ensaio de Ramón Otero Pedrayo).
Tamén querían europeizar a cultura galega, ancorada no ruralismo, modernizar a prosa e defender a cultura do idioma galego.
Editaron a revista Nós ata 1936. Foi dirixida por Vicente Risco e tiña como propósito elevar a cultura galega ao nivel do castelán.
Ramón Cabanillas: Poeta do Agrarismo e Nacionalismo
Naceu en Cambados en 1876 e estudou no seminario de Compostela, onde adquiriu unha sólida formación.
Aos 34 anos, marchou á Habana, onde entrou en contacto coa intelectualidade galeguista da illa.
A súa obra literaria pasa por diferentes etapas da súa vida, o que impide clasificala dentro dunha única corrente literaria. Caracterízase por harmonizar a tradición do século XIX, asimilando a estética dos autores do Rexurdimento coas correntes do seu tempo.
Na súa obra, o cambadés inclínase cara ao sensual e colorista, o gusto polo exótico ou a procura de elementos mitolóxicos.
A poesía de Cabanillas está dividida en:
- Poesía cívica: recolle o legado de Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala.
- Poesía intimista: lembra a Rosalía nalgúns aspectos. O sentimento amoroso e a conmoción ante a paisaxe son protagonistas destas pezas.
- Poesía costumista: presenta matices humorísticos ou irónicos.
No teatro, destacan obras como A man de Santiña ou O Mariscal.
Castelao: Artista Polifacético e Símbolo de Galicia
Naceu en Rianxo en 1886. Estudou bacharelato ao chegar da Pampa Arxentina e tamén a carreira de Medicina en Santiago. Traballou como funcionario en Pontevedra, profesión combinada coa de profesor de debuxo. Participou nas Irmandades da Fala, na revista Nós e na fundación do Partido Galeguista.
As características da súa obra:
- Achegamento ás clases populares.
- Comprensión e identificación coa idiosincrasia dos galegos.
- Brevidade, ausencia de adornos, ritmos, lirismo, etc.
- Emprego de estratexias de verosimilitude.
A súa obra: foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, ensaísta e orador.