Sinonimia, Tabú e Eufemismo: Guía de Semántica Galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,02 KB
Sinonimia
A sinonimia é a relación que se establece entre significantes e significados de acordo coa cal, para un mesmo significado, lle corresponden significantes distintos pero pertencentes á mesma clase de palabras lexemáticas. Dito doutro xeito, son sinónimos aquel grupo de palabras que, sendo distintas, teñen un mesmo significado.
O cambio de significado: tabú, eufemismo e disfemismo
Tabú é unha palabra de orixe polinesia que significa prohibido, sagrado. Aplícase a todas aquelas palabras que por pudor, elegancia ou prexuízo social non se nomean: cu, defecar, ouriñar, vomitar...
As palabras tabú son substituídas por outras palabras ou expresións que se atenuan ou encobren, denominadas eufemismos. Un eufemismo, pois, é unha palabra que se usa no canto doutra que se percibe malsoante ou dura porque designa unha realidade que socialmente se considera desagradable, fea ou mala.
O disfemismo é a palabra que alude a unha realidade desagradable coa intención de volvela aínda máis dura: o cárcere, así, pasa a ser o caldeiro, a rateira, etc.
Exercicios: cita eufemismos das seguintes palabras
- Criada: servente, señora da limpeza, doméstica, moza...
- Cárcere: penitenciaria, penal, correccional, presidio...
- Guerra: acción bélica, hostilidade, operación, conflitos...
- Parir: dar a luz, concibir, procrear, alumear...
- Deus: Señor, Creador, Salvador, Todopoderoso...
- Retrete: escusado, baño, aseo, latrina...
Exercicio do texto de exemplo
Elabore un esquema onde se reflictan as ideas principais e secundarias:
- Campaña de desprestixio dos inmigrantes orientais a causa da detención dun capo chinés.
- 1.1. Os negocios “todo a cen” sofren un descenso importante na clientela, o que provoca unha folga dos comerciantes chineses.
- Existe un sentimento racista dirixido á comunidade oriental residente no noso país.
- 2.1. O rexeitamento destes cidadáns é inxustificado, dado o seu comportamento maioritariamente cívico.
- 2.2. O que motiva o racismo neste caso é a envexa da súa prosperidade.
Estrutura e núcleos de contido
Sinale a estrutura do mesmo indicando os núcleos de contido de cada parte:
- 1ª Parte: dende o comezo até “... nun setenta por cento”. A actividade delituosa dun cidadán chinés provoca unha campaña de desprestixio da poboación inmigrante asiática.
- 2ª Parte: dende “Admira...” até “... a cobiza da riqueza allea.” A pesar do comportamento cívico da maioría dos inmigrantes orientais no noso país, existe un rexeitamento dos mesmos causado pola envexa da súa prosperidade, un sentimento similar ao que causou o holocausto xudeu.