Grupo Abrente: autores e obras do teatro galego renovador
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,02 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta aos autores do chamado Grupo Abrente, actores, directores e promotores que renovaron o teatro galego a partir das mostras de Ribadavia. Repasa a obra de Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño, os seus ciclos temáticos e as obras máis destacadas de cada un.
Puntos clave
- O Grupo Abrente renovou o teatro galego, profesionalizou o sector e buscou a normalización lingüística teatral.
- Manuel Lourenzo escribiu en varios ciclos: mítico greco-latino, das mulleres apaixonadas, mitolóxico galego, do teatro por dentro e experimental.
- Obras de Lourenzo como Fedra, Electra e Xoana usan mitos clásicos para denunciar a situación histórica e a marxinación das mulleres.
- Euloxio R. Ruibal uniu a tradición galega coas vangardas europeas, con obras como Zardigot, Azos de esguello e Maremia.
- Roberto Vidal Bolaño fundou a compañía Antroido e combinou a cultura teatral galega coa vangarda e a linguaxe cinematográfica.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Autores do “Grupo Abrente”
Son actores, directores e promotores que lograron renovar o teatro galego. Son coñecidos por “Grupo Abrente” pola súa destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia. Estes autores tentaron profesionalizar o sector, crear un teatro de calidade comprometido co país, explorar novas formas estéticas da literatura europea, conseguir a normalización lingüística teatral e servir de guía ás xeracións posteriores.
1. Manuel Lourenzo
Na súa literatura hai varios ciclos:
- Ciclo mítico greco-latino, no que usa os mitos clásicos para disfrazar mensaxes antifranquistas e denunciar situacións históricas. Deste ciclo son Fedra e Electra.
- Ciclo das mulleres apaixonadas, con Xoana, no que ten como protagonistas principais mulleres torturadas pola paixón amorosa ou artística, marxinadas na sociedade machista que só as recoñece pola súa beleza e os roles de nai e esposa.
- Ciclo mitolóxico galego, buscando na tradición oral e na materia de Bretaña unha esperanza de futuro. Escribiu Todos os fillos de Galaad e O bosque máxico de Xabarín.
- Ciclo do teatro por dentro, no que o mundo do teatro pasa a ser o tema principal, con A canción do deserto e Cando chega decembro.
- Ciclo experimental, onde procura novas formas de expresión.
2. Euloxio R. Ruibal
As súas primeiras obras conxugan a tradición galega coas vangardas europeas e o compromiso co país. Así, escribiu Zardigot, que forma parte dunha triloxía sobre a sublevación fascista e a ditadura. Publicou tamén Azos de esguello, unhas secuencias independentes sobre o panorama social de Galicia tratando ironicamente ás clases dirixentes, e Maremia, coa que volvería a petar na conciencia dos galegos teatralizando o accidente do buque Casón nas costas galegas. Tamén escribiu teatro para rapaces.
3. Roberto Vidal Bolaño
Foi o fundador da compañía “Antroido”, e escribiu obras como Laudamuco, señor de ningures, na que analiza os mecanismos psicolóxicos que manteñen un poder que se asenta na orixe divina, Ledaíñas pola morte do Meco, na que presenta o proceso que leva á revolta contra o poder arbitrario e inxusto, Saxo tenor, na que utiliza o flash-back para trazar un drama social, Días sen gloria, na que se percorre un Camiño de Santiago degradado, e Doentes, na que dous personaxes percorrerán a noite compostelá a través da miseria da sociedade franquista partindo dun feito histórico. O teatro de Bolaño é innovador e combina elementos da cultura teatral galega coa de vangarda e coa linguaxe cinematográfica.
Preguntas frecuentes
Quen son os autores do Grupo Abrente?
Son actores, directores e promotores teatrais que renovaron o teatro galego e son coñecidos pola súa destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia. O texto menciona especialmente a Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.
Que obras escribiu Roberto Vidal Bolaño?
Escribiu Laudamuco, señor de ningures, Ledaíñas pola morte do Meco, Saxo tenor, Días sen gloria e Doentes. Foi tamén o fundador da compañía Antroido.
Cales son os ciclos da obra de Manuel Lourenzo?
Lourenzo ten cinco ciclos: o mítico greco-latino, o das mulleres apaixonadas, o mitolóxico galego, o do teatro por dentro e o experimental.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.