A Xeración das Festas Minervais: liñas poéticas e autores da poesía galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,55 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta a Xeración das Festas Minervais e as súas principais liñas poéticas, como a paisaxística, a poesía comprometida e a intimista. Analiza autores como Manuel María, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín e Heriberto Bens, e as características formais e temáticas de cada un. Serve para entender a evolución da poesía galega desde os anos 60 ata a etapa máis recente.
Puntos clave
- Manuel María cultiva tres liñas: paisaxística centrada na Terra Chá, poesía comprometida dos anos 60-70 e poesía intimista e existencial a partir do 78.
- Bernardino Graña inclúese na Escola da Tebra e desenvolve a denuncia contra a barbarie e a destrución da natureza, así como un intimismo que anticipa unha corrente clasicista e culturalista.
- Uxío Novoneyra fai do Courel unha metonimia de Galicia e usa dialectalismos e recursos fónicos porque considera que a poesía debe ser oída.
- Xosé Luís Méndez Ferrín pasa pola Escola da Tebra, pola etapa de protagonismo da realidade política dos anos 70 e por unha etapa actual de retorno á fantasía mítica, iniciada con Con pólvora e magnolias.
- Heriberto Bens escribe poemas elexíacos sobre figuras do pasado en verso libre con métrica traballada, buscando unha renovación formal.
- Con pólvora e magnolias combina culturalismo, intimismo e denuncia, con poemas amorosos, patrióticos e revolucionarios.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A Xeración das Festas Minervais
Manuel María
Presenta tres liñas poéticas:
- Paisaxística: centrada na Terra Chá.
- Poesía comprometida: nos anos 60-70. Poemas moi combativos cargados de ironía e sátira, descoidados formalmente.
- Poesía intimista e de corte existencial: (mesmo con trazos de relixiosidade). A partir do 78.
Tamén escribe literatura infantil, narrativa, ensaio e teatro.
Bernardino Graña
Tres liñas poéticas:
- Escola da Tebra
- Denuncia contra a barbarie e a destrución da natureza: (liña verde).
- Intimismo e preocupación intelectual: que servirá de nexo á seguinte corrente que é de carácter clasicista e culturalista.
Uxío Novoneyra
Os eidos e Os eidos 2 amosan o vivir diario das terras courelás. Aparece o ser humano en comuñón co seu contorno como centro da súa poesía. Para el, o Courel é a metonimia de Galicia, símbolo dunha sociedade galega de seu identificada coa cultura e a lingua.
Na lingua usa dialectalismos, hiperenxebrismos e vulgarismos para amosar fidelidade á lingua oral porque pensa que a poesía é para ser oída; por iso presta especial atención aos recursos fónicos (aliteracións, silencios, fonosimbolismos…).
Xosé Luís Méndez Ferrín
Tres etapas moi relacionadas co decorrer político:
- Escola da Tebra: marcada pola reacción contra o epigonismo galego (seguir épocas anteriores) e a apertura a outras culturas.
- Protagonismo da realidade política: (nos anos 70).
- Etapa actual: comeza con Con pólvora e magnolias. Dilúe o pouso belixerante nun retorno á fantasía mítica dos comezos. É un mestre da lingua e da estética.
Poesía enteira de Heriberto Bens está composta por poemas elexíacos dirixidos na súa maior parte a figuras senlleiras do noso pasado. Formalmente usa o verso libre cunha métrica moi traballada que amosa a súa inquedanza pola necesidade dunha renovación formal e técnica do noso panorama literario.
Con pólvora e magnolias: conxunción entre o culturalismo, o intimismo e a denuncia. Afastada do populismo e do verso difícil e experimental que reivindica implicitamente a revisión do canon poético. Contén poemas amorosos e intimistas, en xeral con luxo (magnolias) e patrióticos e revolucionarios (pólvora).
Preguntas frecuentes
Que liñas poéticas presenta Manuel María?
Manuel María presenta tres liñas: a paisaxística centrada na Terra Chá, a poesía comprometida dos anos 60-70, moi combativa e irónica, e a poesía intimista e existencial a partir do 78, con trazos relixiosos.
Que caracteriza a poesía de Uxío Novoneyra?
Novoneyra retrata a vida diaria das terras courelás e sitúa o ser humano en comuñón co seu contorno. Usa dialectalismos e recursos fónicos como as aliteracións, porque considera que a poesía é para ser oída.
Que etapas recoñece o texto na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín?
Distingue a Escola da Tebra, unha etapa de protagonismo da realidade política nos anos 70 e unha etapa actual que comeza con Con pólvora e magnolias, na que volve á fantasía mítica.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.