A Época Nós: Autores, Obras e Legado na Cultura Galega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,39 KB

A Época Nós: Unha etapa clave na cultura galega

Esta etapa é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes autores terán na cultura galega.

O. Pedrayo, Risco, Cuevillas teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao, en cambio, provén do agrarismo. Son cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.

  1. V. Risco (Ourense 1884) Fundou a revista "La Centuria" e incorporouse ás Irmandades, foi director da "Revista Nós". A súa obra máis destacada é O porco de pé (sátira do ascenso da burguesía foránea en Galicia a través da figura de Don Celidonio). Ten tres ensaios: Teoría do nacionalismo galego (nacionalismo), Mitteleuropa (estancia en Alemaña) e Leria (recollida de traballos).
  2. A contribución de O. Pedrayo é fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa e xira ao redor da Galiza contemporánea. Podemos clasificala en: Novelas e Ensaios.

Novelas de Otero Pedrayo

a) Novelas autobiográficas: son novelas de pouco argumento e o autor tenta mostrar un documento da redescuberta de Galicia baixo distintos estados de ánimo. Destacan Arredor de si e Escrito na néboa.

b) Novelas realistas: Ambientadas na Galiza rural do século XIX, narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural. Destaca Pantelas, home libre.

c) Novelas culturalistas: narran a evolución da conciencia galeguista. Novelas sen acción, ideolóxicas, máis próximas ao ensaio que á narrativa. Fra Vernero e A romeiria de Xelmirez.

Ensaio: distribuídos en tres apartados: -Síntese de panorámicas (de tipo xeográfico, trata a historia galega) -Libros de viaxes -Semblanza de amigos.

  1. Castelao foi unha personalidade polifacética, que cultivou múltiples campos sempre defendendo Galiza e a todos aqueles que sofren. A súa técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
    • A súa primeira obra narrativa foi Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), visión sintética da realidade social, na que sae particularmente maltratada a figura do cacique.
    • Cousas son relatos moi curtos que Alonso Montero considera un novo xénero narrativo, 45 relatos nos que aparecen as constantes do autor: humor, denuncia dunha realidade inxusta e posicionamento ao lado dos máis débiles.
    • Os dous de sempre (1934). Tanto o título como o debuxo da portada (un paxaro e un sapo) fan referencia aos dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista. Narra as peripecias vitais e as ambicións de Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez.
    • Retrincos (1934) Cinco relatos sobre cinco momentos pseudoautobiográficos (O segredo, O inglés, O retrato, Peito de Lobo e Sabela).

Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero é fundamentalmente ensaísta.

  1. Rafael Dieste, pertencente á Xeración do 25, escribiu Dos arquivos do trasno (1926), colección de contos de temática variada que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega. Vinculados a Cousas porque neles se conta só o esencial, sen elementos superfluos, hai lirismo e humorismo, mais o sentimento non é tan fondo como en Castelao.

Todos estes autores (e outros moitos) foron tamén os impulsores do ensaio e a investigación en galego, en torno ao Seminario de Estudos Galegos, grupo nacido na Universidade de Santiago.

Risco publicou no 1920 Teoría do Nacionalismo Galego, que servirá de guía dos nacionalistas antes da II República. Afastado este das ideas nacionalistas, Castelao publica en Buenos Aires Sempre en Galiza (1944) onde, partindo de ideas propias e alleas, elabora unha nova teoría do nacionalismo, comenta a actuación da República... Converteuse na biblia do galeguismo despois da guerra civil. Ademais do ensaio político, Castelao escribiu tamén multitude de ensaios no terreo artístico.

Pola súa parte, Otero Pedrayo dedicouse fundamentalmente aos estudos xeográficos e históricos, entre os que podemos destacar Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933).

Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que facer mención tamén ao labor desenvolvido no xornalismo, no que todos colaboraron desde A Nosa Terra ata a Revista Nós, pasando por El Pueblo Gallego e outros moitos.