Exemplos atafinda cantiga amor

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,17 KB

CANTIGAS DE AMOR

Características

A voz poética é masculina. Presenta características propias do Amor Cortés. A amada está

+idealizada (sempre é unha dona perfecta física e moralmente). O amor é un amor-vasalaxe e amor-servizo. Pode haber referencias a prendas ou “doas” como sinal amoroso.

O poeta debe respectar a “mesura”, non dando datos que identifiquen a amada. Polo xeral é un amor adúltero, polo que o trobador substitúe o nome da amada por un ficticio (senhal
).

Os elementos temáticos máis comúns son a “coita de amor” (que pode conducir á “morte por amor”, -Amada-inimiga) e a loanza da “Senhor”. O proceso amoroso vívese como ascese purificadora.


O amor cortés

É un xeito de entender o amor que naceu a partir do séc. XI na Occitania.

As súas características son as seguintes:

- O namorado subordínase á súa dama (en analoxía coa vasalaxe, aínda queen ocasións esta vasalaxe era certa ao pertencer o namorado a un estamento ou posición social inferior ao da dama).

- A amada reune tódolos atributos da perfección e sitúase distante do namorado, chegando a (nunha linguaxe máis moderna) ‘pasar del’.

- En analoxía coa imaxinería relixiosa, o amor é un estado que ennobrece a quen o practica.


Características formais

Adoitan ser cantigas de mestría (sen refrán): tres “cobras” (estrofas) de sete “palavras” (versos) cada unha.

As cobras poden ser:

- Unisonantes

- Singulares

- Duplas ou dobras

- Alternas


A canço Provenzal.

A cançó constitúe o xénero máis importante da lírica occitana. É a plasmación literaria do amor cortés, que será un dos tópicos da literatura, xunto a outros como o carpe diem ou o beatus ille.

A primeira diferenza entre a cançó e a cantiga de amor é que na occitana o tipo de amor que predomina é o físico, xunto coa ledicia (joi
) que proporciona este amor. Na lírica galegoportuguesa a constante é a frustración (coita de amor), podendo chegarse a ‘morrer de amor’[1].


- Na cantiga de amor non temos tantas alusións á paisaxe nin á primavera como na cançó

- Na cantiga de amor hai menos artificiosidade formal (aínda que algúns autores empregasen recursos provenzalizantes), polo que adoito son consideradas como ‘máis sinceras’ que as occitanas, con ‘máis sentimento’.

Entradas relacionadas: