A Literatura Medieval Galego-Portuguesa: Unha Introdución Completa

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,29 KB

1. A Sociedade Medieval

Contexto Histórico

A época medieval abrangue desde o século VII. A sociedade estaba organizada segundo o feudalismo, un réxime económico, social e político que regulaba as relacións de poder entre señores e vasalos.

Estamentos Sociais

  • Nobreza: Señorial e eclesiástica. Este grupo tiña un grande poder, xa que na sociedade feudal todo xiraba ao redor da relixión. Os mosteiros tiñan unha grande importancia. Era un grupo social reducido que exercía o control sobre case todo o territorio e recibía beneficios.
  • Campesiños: Clase social ampla (90% da poboación). Soportaban fortes cargas económicas.
  • Burguesía: Artesáns e comerciantes. Vivían en núcleos urbanos.

A relación nobreza-campesiñado baseábase no foro.

2. A Lingua na Idade Media

Gallaecia

A Gallaecia era a antiga provincia romana (Galicia e norte de Portugal). A lingua utilizada era o galego-portugués. O latín (lingua de escrita) caeu en desuso, e o galego-portugués (lingua romance) utilizouse en documentos xurídicos e administrativos.

A partir do século XIV sepáranse as dúas linguas: galego e portugués.

3. A Literatura Medieval

Conxunto de textos producidos desde fins do século XII ata mediados do XIV (prosa e verso). É fundamental a lírica medieval galego-portuguesa, formada por textos profanos e textos relixiosos.

A lírica medieval pode considerarse unha actividade cultural que desenvolveron as clases altas naquela época, xunto con outras actividades (caza, xogos...).

4. A Poesía Lírica Galego-Portuguesa e o Lirismo Provenzal

En Galicia existiu un tipo de cancións populares de carácter ritual, de tradición oral.

O principal motivo do nacemento da literatura galega é a chegada do lirismo provenzal.

Os trobadores galegos imitan unha moda literaria que vén da Provenza e que se deu a coñecer fundamentalmente a través do Camiño de Santiago.

O repertorio literario dos nosos trobadores estaba formado por:

  • Cantigas procedentes da lírica tradicional oral.
  • Cantigas procedentes da lírica provenzal.

O Lirismo Provenzal

O xénero da lírica provenzal é a canción, xénero propio do amor cortés que floreceu en Francia a partir do século XI.

Características do Amor Cortés

  • Submisión do namorado á dama.
  • A amada é perfecta física e moralmente.
  • O amor é un estado de graza que ennobrece a quen o practica.
  • Os namorados son aristócratas.
  • O namorado debe pasar unha serie de estados para alcanzar á dama.
  • Amor adúltero.
  • O trobador debe gardar discreción e mostrar xenerosidade.

5. Cronoloxía

Literatura medieval: Séculos XII ao XV.

Etapas

  • Primitiva: Século XII - principios do XIII.
  • Esplendor: Século XIII - primeira metade do XIV.
  • Decadencia: Segunda metade do XIV e o século XV.

Escola galego-castelá. Escola galego-portuguesa.

6. Os Poetas

  • Trobador: Pertence á nobreza. Compón e ás veces interpreta.
  • Segrel: Clase media. Compón, interpreta e cobra pola interpretación.
  • Xograr: Clase baixa. Non compón, pero interpreta.
  • Soldadeiras: Bailarinas, cantoras e prostitutas.
  • Menestrel: Instrumentistas.

7. Textos Conservados

  • Tres coleccións (Cancioneiros): Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Vaticana, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.
  • Pergamiños: Vindel, Sharrer.

8. Xéneros Literarios

  • Composicións profanas: Cantigas de amigo (orixe tradicional), cantigas de amor (orixe provenzal), cantigas de escarnio e maldicir.
  • Composicións relixiosas: Cantigas de Santa María.

9. Cantigas de Amigo

Características

  • Posta en boca dunha muller nova e namorada -a amiga- para expresar os seus sentimentos cara ao seu namorado -o amigo-, case sempre ausente.
  • Os protagonistas viven unha relación amorosa: amor feliz e satisfeito, amor infeliz e insatisfeito ou dificultades respecto á relación.
  • Estado emocional da namorada: feliz porque chega o amigo, resentida ou vingativa porque se mostra ausente ou indiferente.
  • Palabra clave: amigo (amado).
  • Outros protagonistas: a nai, irmá, amigas...
  • Alusión á paisaxe. Os elementos da natureza (auga, cervo, fonte) son confidentes do amor e símbolos do mesmo, e con frecuencia presentan connotación erótica.

Forma

  • Paralelismo: A B refrán - A' B' refrán.
  • Leixaprén: A B refrán - A' B' refrán - B C' refrán - B' C' refrán.
  • Algunhas cantigas seguen o procedemento da cantiga de amor.

Variedades

  • Bailadas (incitación ao baile).
  • Mariñas ou barcarolas (presenza do mar).
  • Cantigas de romaría (ambiente das festas campestres a carón da ermida).
  • Albas (separación dos amantes ao amencer).

10. Cantiga de Amor

Características

  • Orixe: canción provenzal.
  • Posta en boca dun home que expresa en primeira persoa os seus sentimentos ante a dama da que está namorado.
  • Palabra clave: senhor (dama).
  • A dama é unha muller solteira e nobre. O poeta debe gardar mesura. É idealizada, intangible e perfecta física e moralmente. O trobador débese á submisión ou vasalaxe.
  • Trátase dun amor platónico e frustración amorosa porque é un amor non correspondido.
  • Consecuencia da situación: o sufrimento. É frecuente o tópico da morte por amor ou o poeta pode chegar a enlouquecer.
  • Destinatarios: directamente á senhor, indirectamente aos amigos, Deus ou Amor personificado.

Forma

  • De refrán e mestria.
  • Algúns recursos: cobras unisonantes, singulares, dobres, alternas, finda e paralelismo.

11. Cantiga de Escarnio

Características

  • Orixe: sirventés provenzal.
  • Valor: sociolóxico (representa distintos estamentos sociais), histórico (presenta acontecementos da época), lingüístico (reflicte a fala do pobo).
  • Clasificación: escarnio (non indica directamente o destinatario, emprega a diloxía), maldicir (o escarnio ou destinatario non ofrece dúbida).
  • Temática: sátira de clases sociais, sátira sobre a decadencia dos infanzóns, sátira xograresca, de vicios, costumes, defectos físicos, cantigas que versan sobre o sexo.
  • Recursos: o equívoco, a ironía e a parodia.

Cobras (estrofa)

  • Singulares: cambio de rima nunha estrofa a outra.
  • Unisonante: todas as estrofas teñen a mesma rima.
  • Alterna: as estrofas pares repiten a mesma rima.
  • Dobres: repítese a rima de dúas en dúas estrofas.
  • Finda: un ou máis versos que aparecen ao final da composición como modo de conclusión.
  • Dobre: repetición da mesma palabra e no mesmo lugar dentro da estrofa.
  • Palabra aguda: rima masculina.
  • Palabra grave: rima feminina.