Os Séculos Escuros e o Rexurdimento da Literatura Galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,32 KB
Os Séculos Escuros: Unha Época de Marxinación
Os Séculos Escuros abranguen os séculos XVI e XVII. Caracterízanse polo estado de marxinación do idioma galego, a raíz da imposición do castelán, e pola ausencia case total de literatura culta escrita na nosa lingua.
Galicia Baixo o Imperio dos Austrias
A vitoria de Isabel a Católica sobre Xoana a Beltranexa levou a que as clases dirixentes de Galicia fosen castelás. Os factores que axudaron a este suceso foron a presenza da Santa Hermandad e da Inquisición, o absentismo dunha parte da nobreza galega e o sometemento das ordes monásticas. O cronista Jerónimo Zurita expresou esta época como unha "doma e castración" de Galiza.
Nese tempo, toda a vida económica de Galicia baseábase na agricultura e a gandaría. Os foros que pagaban os campesiños aos seus señores supoñían o 25-50% do que colleitaban. O clero e a nobreza estaban exentos de pagar impostos e vivían das rendas dos campesiños. Os fidalgos son a clase máis emerxente nos séculos XVI-XVII, polo seu papel no cobro dos foros e pola súa importancia no aparello eclesiástico e militar. Os labregos, a maioría da poboación, sobreviviron na miseria, vítimas do analfabetismo e sen poder acceder á propiedade da terra.
Ilustración e Prerrexurdimento: Galicia baixo o poder dos Borbóns
A subida ao trono de Felipe V, neto do rei de Francia Luís XIV, consagrou a mudanza dos Austrias en favor dos Borbóns. As continuas guerras que librou a coroa castigaron especialmente os portos galegos. Os Borbóns reforzaron as tendencias unitaristas que xa se manifestaran cos Austrias. Acometeron unha reforma administrativa e cercenaron as leis da propia coroa de Aragón, a través dos chamados "Decretos de Nueva Planta". Nace así o Estado-Nación español e triunfan o Absolutismo e o Despotismo Ilustrado, baixo a divisa "todo para o pobo pero sen o pobo".
A alta nobreza proseguiu coa súa actitude absentista. A fidalguía e a pequena nobreza desempeñaron un papel intermediario no cobro de rendas e ocuparon postos de armas. A feble burguesía asentábase nos principais portos comerciais e pesqueiros e nutríase de elementos foráneos.
Ilustrados Galegos
- Benito Xerónimo Feixoo: Deixou demostrado que o noso idioma procedía do latín e non era un dialecto do castelán e que formaba unidade co portugués.
- Martiño Sarmiento: Destacan os traballos como Estudio sobre el origen de la lengua gallega e Catálogo de voces y frases de la lengua gallega.
- Padre Sobreira: Traballou na elaboración dun dicionario do galego. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando as outras linguas o tiñan.
Literatura Popular
Caracterizábase por ser unha literatura de transmisión oral, por presentar gran variabilidade na forma, requirir a aceptación da comunidade, ser unha literatura anónima, ter unha funcionalidade concreta e presentarse acompañada de melodía. O cancioneiro popular incluía a cantiga, o terceto octosilábico e a muiñeira de endecasílabos. A narrativa oral, composta de contos e lendas, adoita dividirse en etioloxías, haxiografías e históricas, e os contos en marabillosos e humorísticos.
O Rexurdimento: Cantares Gallegos e Follas Novas
Cantares Gallegos
É o primeiro libro publicado en galego. Algúns dos poemas teñen a Rosalía como protagonista, pero moitos ceden a voz a outras personaxes, case todas de extracción social popular e labrega. Entre estas personaxes que aparecen e "falan" nos poemas, vaise compoñendo unha especie de retablo da Galicia da época, dos seus costumes etc. Os 36 poemas van precedidos dun prólogo, pretextando non ser unha boa escritora. A autora pide desculpas polos defectos do libro. Os seus obxectivos son reivindicar a validez e capacidade do noso idioma, denunciar o maltrato e marxinación do galego no país e combater a falsa imaxe de Galicia nesa época.
Clasificación de Cantares Gallegos
- O prólogo (hasdecantar) e o epílogo (eucantar, cantarcantei) que serven de introdución e despedida.
- Poemas de temática folclórico-etnográfica: Son os poemas máis numerosos e reflicten a idiosincrasia do pobo galego. Hai poemas costumistas que describen aspectos concretos da vida de Galicia e poemas de amor entre campesiños, algúns con diálogo.
- Poemas de temática social/patriótica: Tratan da situación de penuria e marxinación que viven os galegos nese tempo. Algúns mostran a idea galeguista da autora fronte á asoballadora Castela. A denuncia social do drama da emigración en defensa de Galicia.
- Poemas de temática intimista: Rosalía expresa vivencias e sentimentos persoais. Sente ser unha persoa marcada pola soidade e pola desgraza, sensación que se agravará coa publicación de Follas Novas e En las orillas del Sar.
Follas Novas
A obra consta dun prólogo e 137 poemas, clasificados por ela mesma en 5 apartados que levan por títulos: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra, e Viúdas de vivos e de mortos. Trátase dunha obra máis persoal que Cantares. Tendo en conta a perspectiva do suxeito poético, podemos clasificar a obra en:
Clasificación de Follas Novas
- Lírica solitaria: Entrarían os dous primeiros apartados. Neles manifesta o seu estado anímico, caracterizado polo desasosego, o pesimismo, a saudade, a melancolía e a intranquilidade. No segundo exterioriza as súas particulares reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana, o amor...
- Lírica solidaria: Entrarían os dous últimos libros. No primeiro, Rosalía deixa clara a súa identificación co pobo galego, cos seus costumes, cultura, idioma... No segundo céntrase na emigración e nas causas que a provocan: excesivos impostos, atraso económico, fame... O terceiro libro, Rosalía expón a realidade que rodea a voz que falou nos apartados anteriores. Destaca entre esta realidade o sufrimento da xente, especialmente das mulleres, e problemas sociais como a miseria ou o sufrimento da xente.