A Prosa Galega (1936-1976): Renovadores e Temáticas Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,27 KB
A Prosa Galega entre 1936 e 1976: Os Renovadores
Nos anos 50 comezan a perfilarse unha serie de liñas narrativas que se manterán en parte ata os nosos días: o realismo popular (Ánxel Fole), o realismo fantástico (Álvaro Cunqueiro), o realismo social (Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas) e o realismo rural (Xosé Neira Vilas).
Álvaro Cunqueiro: Obra e Estilo Narrativo
Álvaro Cunqueiro é un dos escritores máis completos e polifacéticos da nosa literatura, con importantes obras narrativas, poéticas e teatrais. En narrativa cultivou novelas como Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas, e relatos como Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes.
Características da narrativa de Cunqueiro
- Inclúe pezas de teatro breves na narración.
- Inclúe unha historia dentro doutra.
- Actualización de mitos.
- Mestura a realidade coa fantasía.
- Presenza do humor cando describe personaxes míticos con parodia e ironía.
- Historias orixinais cun transfondo enraizado na cultura popular.
- Predominio do estilo oral.
Eduardo Blanco Amor: Narrativa de Alta Calidade
Eduardo Blanco Amor destacou no ámbito da narrativa, xa que as súas obras en prosa marcaron decididamente a literatura galega pola súa alta calidade literaria. As súas obras narrativas máis importantes son: A esmorga, Os biosbardos e Xente ao lonxe.
Características da narrativa de Blanco Amor
- Escritura realista, fai unha caracterización da sociedade galega.
- Narración en primeira persoa.
- Presenza do mundo infantil.
Ánxel Fole: Realismo Rural e Popular
Ánxel Fole: A súa obra (narrativa) está influenciada polos espazos rurais nos que se refuxiou nos anos da guerra (Quiroga, O Incio e O Courel).
Destacan as súas obras: A lus do candil, Terra brava e Historias que ninguén cre.
Características da narrativa de Fole
- Reflicte a realidade do pobo galego de montaña.
- Influencia da técnica narrativa dos contos populares.
- Lingua recollida directamente da fala popular.
- Presenza da paisaxe rural.
- Captación realista da personalidade galega a través das crenzas no máis alá relacionadas coa morte.
Xosé Neira Vilas: Temáticas e Contexto Literario
Xosé Neira Vilas: Parte da súa produción aparece nos anos 60, ao mesmo tempo que as obras da Nova Narrativa Galega, aínda que non o podemos incluír dentro desta xa que non ten contacto con ela nin comparte temas nas súas obras con dita corrente.
Núcleos temáticos na obra de Neira Vilas
- Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea (Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Moncho).
- Narracións centradas no mundo da emigración (Camiño bretemoso, Historia de emigrantes).
- Narracións que narran o mundo rural visto por un adulto (Xente no rodicio).
- Literatura infantil (Espantallo amigo).