As Irmandades da Fala e o Nacemento do Teatro Nacional Galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,48 KB
As Irmandades da Fala e a Procura dunha Dramática Nacional
Será a partir da creación das Irmandades da Fala cando se asista ao intento de levar a cabo un verdadeiro proxecto de teatro nacional e popular en Galicia. Tal proceso vai ocupar o esforzo de tres grupos diferentes:
- Os autores do que se pode chamar como movemento inaugural.
- A dramaturxia dos membros do Grupo Nós.
- O traballo dos Novos.
Os líderes irmandiños tiveron moi presentes as potencialidades do teatro como un elemento de vital importancia na hora de desenvolver o seu proxecto cívico-cultural. As dificultades atopadas motivaron que, ao longo da etapa que analizamos, se producise unha importante controversia entre todos os implicados no proceso.
O Conservatorio Nacional de Arte Galega
Nacido no seo das Irmandades, o novo teatro tiña que dar decididos pasos adiante en relación coas experiencias pasadas. Os seus obxectivos incluían:
- Representar obras que se desenvolvesen en ambientes da clase media ou alta.
- Abordar temáticas que puidesen interesar as minorías cultas, nun afán por achegar estas aos ideais do galeguismo.
- Ofertar un teatro de calidade coa presenza de actores solventes.
- Necesidade de levar ao escenario obras longas que puidesen competir coas que se representaban en castelán.
- Preferencia pola estética naturalista.
Co fin de levar adiante isto, colocouse á fronte do Conservatorio a Docampo, actor profesional formado en Lisboa. Villar Ponte encargou unha obra que reunise as características desexadas a Cabanillas. O 22 de abril de 1919, o Conservatorio ofrece a súa primeira función representando A Man da Santiña e, en maio do mesmo ano, Donosiña, coa cal se desgustou profundamente a certos sectores das propias Irmandades. Como consecuencia da polémica desatada, o Conservatorio desapareceu como tal, permanecendo como Cadro de Declamación da Irmandade.
O Teatro Galego durante a Ditadura de Primo de Rivera
Coa ditadura de Primo de Rivera, todo o teatro escrito neste momento e que non tivese carácter costumista vai ser apenas teatro para ler. Destacan neste período Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte.
Ramón Cabanillas: Obras e Contribucións
Cabanillas escribiu A Man da Santiña e O Mariscal en colaboración con Antón Villar Ponte.
- A Man da Santiña: É unha comedia con final feliz na que o conflito amoroso vén motivado por un malentendido. Dita obra manifesta unha capacidade de deseño e depuración artística que preconizaban Villar Ponte e os demais teóricos próximos ao Conservatorio de Arte Nacional.
- O Mariscal: Trátase dunha traxedia en verso que xira arredor da figura e da morte do nobre Pardo de Cela.
Antón Villar Ponte: Obra Destacada
A súa obra máis destacada é Os Evanxeos da Risa Absoluta.
O Teatro do Grupo Nós: Autores e Obras
No teatro do Grupo Nós, destacan:
- Vicente Risco: O Bufón d'El-Rei. Trátase dun drama de carácter tráxico.
- Ramón Otero Pedrayo: É un dos autores de Nós. En 1929 publica A Lagarada, que é unha farsa tráxica na que se mesturan as escenas realistas con outras de carácter fantástico. Tamén escribiu Teatro de Máscaras, O Desengano do Priorio e Rosalía.
- Castelao: Os Vellos Non Deben de Namorarse, constitúe o texto teatral máis emblemático na historia da dramaturxia en lingua galega.
O Labor dos Novos: Vangarda e Renovación Teatral
Os Novos son un conxunto de autores que se caracterizan por conformar un grupo dos de menor idade entre os escritores e artistas galeguistas e por manter unha relación próxima coas vangardas históricas, aínda que o teatro destes dista aínda da rotundidade dos ismos. Destacan:
- Xaime Quintanilla: Quen escribiu Alén, unha obra que, procurando a universalidade preconizada polos teóricos da renovación do noso teatro, sitúa a acción na cidade de Nova York.
- Rafael Dieste: É o autor de A Fiestra Baldeira, estreada en 1935. Foi presentada como comedia de remate ledo en tres lances; a presenza dos cadros concédelle unha evidente fasquía simbolista que conclúe nun final inzado dun elemental idealismo.