Evolución do Teatro Galego: de 1936 a 1976

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,42 KB

O Teatro Galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

Características do Teatro da Posguerra

  • Creación pausada da peza teatral pola non necesidade dunha estrea inmediata e a falta dun público lector.
  • Presenta conflitos, situacións e personaxes universais dun mundo escuro e problemático.
  • Compromiso co home da posguerra.
  • Creación íntima da obra teatral onde o autor se fai as grandes interrogantes da existencia humana.

Eduardo Blanco Amor

Produción Teatral

Farsas para títeres (1973), Teatro para a xente (1974), Proceso en Jacobusland (1980). Foi en Buenos Aires onde Blanco Amor iniciou o seu labor teatral, alí fundou a compañía Teatro Popular Galego e creou textos para a súa representación. Este labor continuouno nos anos sesenta en Galicia, onde se converteu nunha das principais figuras do movemento de teatro independente.

Álvaro Cunqueiro

Produción Teatral

Función de Romeo e Xulieta (1956), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), A noite vai coma un río (1965), Palabras de véspera (1974).

Ricardo Carballo Calero

Durante a súa mocidade tomou parte activa no movemento galeguista anterior á guerra, chegando a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. Foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago.

Produción Teatral

O fillo (1935), Isabel (1941), Farsa das zocas (1963), A árbore (1965), Auto do prisioneiro (1970), A sombra de Orfeu (1971).

A Dramática Social

Algúns estudosos danlle o nome “dramática social” ou tamén “xeración dos 50” a este grupo.

Características da Dramática Social

  • Estes autores constitúen a primeira xeración posterior á Guerra Civil.
  • Cultivaron tamén con éxito outros xéneros literarios: a lírica, a narrativa…
  • O seu labor creador está condicionado por unha fonda preocupación sociopolítica.
  • O texto dramático, sen descoidar a súa calidade literaria, convértese no instrumento co que facer unha reconstrución crítica da realidade.
  • Poden abordar temas moi heteroxéneos: desde a recreación histórica ata o drama psicolóxico.

Daniel Cortezón

É autor de narrativa e ensaio. Como dramaturgo, especializouse na temática histórica. As súas pezas adoitan presentar unha trama elaborada e complexa na que todos os elementos contribúen a dar unha visión integral do feito histórico que está a representar.

Produción Teatral

Prisciliano (1970), Xelmírez ou a gloria de Compostela (1974), Os irmandiños (1977), Pedro Madruga (1981), A diáspora (1976), Castelao, ou a paixón de Galiza (1986- 1997).

Xohana Torres

Foi discípula en Ferrol do profesor Ricardo Carballo, quen a iniciou na afección ao teatro. Desde o ano 2001, é membro da Real Academia Galega.

Produción Teatral

Á outra banda do Iberr (1965), Un hotel de primeira sobre o río (1968).

O Grupo de Ribadavia

Desde o remate dos anos 60, o teatro galego vive un gran desenvolvemento. Mais o feito da importancia capital neste desenvolvemento foi a mostra do Teatro de Ribadavia, que se celebrou anualmente entre 1973 e 1980. Este certame foi o gran catalizador do noso teatro nestes anos.

Características do Grupo de Ribadavia

  • Os autores están vinculados de forma directa á práctica teatral.
  • Gusto polo experimentalismo e conexión coas tendencias do teatro europeo do momento.
  • Teatro comprometido no que se denuncia a opresión política, lingüística e cultural.
  • Amósase interese tamén polo teatro infantil.

Euloxio Rodríguez Ruibal

Desde neno reside en Compostela, onde entra en contacto coa actividade teatral colaborando co grupo Ditea ou fundando a compañía Obradoiro. Na actualidade rexenta unha galería de arte na capital galega.

Produción Teatral

Zardigot (1973), O cabodano (1974), Azos de esguello (1989), Unha macana de dote (1990), Maremia (1996).

Manuel Lourenzo

É unha das figuras senlleiras do noso teatro actual. Fundador de varios grupos de teatro e de escolas de formación dramática, participou activamente nas Mostras de Ribadavia. Lourenzo é, ademais de autor, un brillante actor e director teatral. En 1988, gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática.

Produción Teatral

Traxicomedia do vento de Tebas (1978), Todos os fillos de Galaaz (1981), Electra (1994), Xoana (1991), Erros e ferros de Pedro Madruga (1991) , Veladas indecentes (1996), Insomnes (2004).

Roberto Vidal Bolaño

Desde os anos 70, xunto con Manuel Lourenzo ou Euloxio Ruibal converteuse nun dos maiores impulsores do noso teatro. Combinou a súa faceta de autor dramático coa dirección e a interpretación.

Produción Teatral

Ledaiñas pola morte do meco (1977), Laudamuco (1977), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1985), As actas escuras (1997), Saxo tenor (1993), A ópera de a patacón (1998).