Historia da lingua galega: substrato, romanización e evolución fonética
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,72 KB
Actualizado el
Resumen
O texto recorre a historia da lingua galega desde a chegada dos romanos á Gallaecia, arredor do século I a.C., ata o nacemento das linguas románicas. Explica o substrato prelatino (preindoeuropeo e indoeuropeo, con influencia celta), o proceso de romanización en tres campañas militares e a integración social, e o superestrato xermánico e árabe. Inclúe tamén os cambios fonéticos que van do latín ao galego.
Puntos clave
- A lingua galega provén do latín que chegou á Gallaecia coa romanización, arredor do século I a.C.
- O substrato prelatino inclúe linguas preindoeuropeas, desprazadas cara ao 800 a.n.e. por pobos indoeuropeos como os celtas.
- A conquista romana da Gallaecia desenvolveuse en tres campañas: 138 a.C., 61 a.C. (Xulio César) e 19 a.C. (Octavio Augusto).
- Os matrimonios mixtos e os colonos romanos favoreceron a extensión do latín entre a poboación galaica.
- Evolucións fonéticas típicas: sonorización das oclusivas xordas intervocálicas (LUPU > LOBO) e evolución do ditongo AU > ou (CAUSA > cousa).
- O superestrato xermánico influíu sobre todo na onomástica, e o árabe chegou ao galego sobre todo a través do castelán.
- As linguas románicas sitúanse entre os séculos VIII e IX, e os primeiros textos en galego-portugués datan do século XII.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Coherencia
É a propiedade que se refire á selección e organización da información. -Estar relacionada, é dicir, ten que tratar do mesmo tema.- Ser completa e suficiente:- Pero non ser redundante:- Non pode ser contraditoria:- Debe estar organizada de xeito lóxico- Debe ser clara e estar exposta de xeito comprensible e sen rodeos.
Definición
1.1 A definición lóxicaConsiste en describir a realidade designada por unha palabra desde o seu aspecto máisxeral1.2 A definición nominalConsiste en explicar unha palabra empregando unha serie de estruturas, outras palabrasde mesma familia e sinónimos ou antónimos.
Historia da lingua
A historia da lingua galega comeza coa chegada e o asentamento dos romanos na Gallaecia, no territorio do noroeste da Península Ibérica, arredor do século I a.C. Os romanos traen canda eles a súa lingua, o latín, que acabará substituíndo por completo todas as linguas que se falaban antes neste territorio. Adoptando unha perspectiva diacrónica, podemos dicir que a lingua galega que hoxe falamos é o resultado da evolución dese latín que chegou aquí hai 2000 anos. Substrato → Linguas autóctonas que son substituídas pola lingua latina, mais que deixan a súa pegada no latín da Gallaecia. Superestrato → Linguas invasoras que non substitúen a lingua latina, mais que deixan a súa pegada no latín da Gallaecia.
Substrato
O substrato do galego está constituído polas linguas prelatinas, faladas pola poboación do NO da Península Ibérica antes da chegada dos romanos. O estudo das linguas prelatinas resulta moi complexo e coñécese moi pouco delas xa que non tiñan cultivo escrito. Podemos distinguir dous grandes tipos de substrato: PREINDOEUROPEO e INDOEUROPEO
Substrato preindoeuropeo
O substrato preindoeuropeo localízase cronoloxicamente na Idade de Pedra.
Substrato indoeuropeo
Os celtasCara ao ano 800 a.n.e., os preindoeuropeos foron desprazados do NO da Península Ibérica polos pobos indoeuropeos, entre os que cómpre destacar os celtas. No tocante á lingua, é relativamente numeroso o vocabulario galego de procedencia celta. Podemos sinalar algunhas palabras coma: Berce Billa Burato
Romanización da Gallaecia
A chegada dos romanos e o seu asentamento na Gallaecia
Na conquista romana podemos destacar tres campañas militares: 138 a.C. → Primeira incursión dos romanos na Gallaecia, coa expedición dirixida por Décimo Xunio Bruto. Nesta campaña ten lugar o singular episodio do Río do Esquecemento. 61 a.C. → Comeza a conquista da Gallaecia coa campaña comandada por Xulio César. 19 a.C. → Gallaecia intégrase definitivamente no Imperio Romano a partir das cruentas campañas de Octavio Augusto. Ao longo desta última expedición, ten lugar o famoso episodio do Monte Medulio.
A chegada dos romanos e o seu asentamento na Gallaecia
Entre galaicos e romanos foise tecendo unha estreita rede de relacións sociais que favoreceu a penetración da cultura e da lingua dos invasores: -Aséntanse na Gallaecia colonos romanos. -Proliferan os matrimonios mixtos. Así pois, houbo comunicación entre os castrexos e os romanos, o que contribuíu a que a lingua latina se pose espallando entre a poboación galaica.
Evolucións fonéticas do latín ao galego
-Sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas: -P-, -T-, -K- > -b-, -d-, -g- LUPU→ LOBO; ROTA→RODA; AMICUS→AMIGO -Desaparición das consoantes -D-, -G-, -L- e -N- en posición intervocálica PARADISU→PARAÍSO; CRUDELE→ CRUEL; LEGENDA→LENDA -Simplificación das consoantes dobres latinas -LL- e -NN- > -l-, -n- CABALLU→ CABALO; ANNU→ ANO -Evolución do grupo latino -CT- a -it- NOCTE> noite LACTE> leite -Evolución dos grupos consonánticos PL-, FL- e CL- a /t/ (ch) PLORARE> chorar FLAMMA> chama CLAMARE> chamar -Evolución do ditongo latino AU> ou CAUSA> cousa MAURU> mouro
Superestrato
Xermánico As linguas destes pobos xermánicos forman parte do superestrato do galego. As linguas xermánicas non chegaron a desprazar o latín que se falaba aquí e a súa influencia foi bastante superficial. É destacable a pegada das linguas xermánicas na onomástica, tanto na toponimia coma na antroponimia.
Arabe
Na lingua galega tamén se rexistran numerosas palabras tomadas do árabe. Con todo, moitos destes arabismos chegaron á nosa lingua de xeito indirecto a través do castelán.
O nacemento das linguas romances
Dátase a orixe das linguas románicas entre os séculos VIII-IX. Os primeiros textos en galego-portugués datan do XII, mais, antes desta data, malia escribirse en latín, xa se descobren palabras en galego-portugués.
Preguntas frecuentes
Cal é a diferenza entre substrato e superestrato?
O substrato son as linguas autóctonas que foron substituídas polo latín pero deixaron pegada nel. O superestrato son as linguas invasoras que non substituíron o latín, aínda que tamén deixaron a súa pegada.
Cando chegaron os romanos á Gallaecia?
A chegada e o asentamento dos romanos na Gallaecia sitúase arredor do século I a.C., e o texto describe tres campañas militares: 138 a.C., 61 a.C. e 19 a.C.
Que cambios fonéticos axudan a explicar a evolución do latín ao galego?
Entre os cambios máis citados están a sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas, a desaparición de algunhas consoantes entre vogais, a simplificación das dobres latinas e a evolución do ditongo AU a ou.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.