O teatro galego do século XX: Escola Rexional de Declamación, Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lengua y literaturaActualizado el 5,11 KB

Resumen

Este apuntamento repasa a evolución do teatro galego no século XX, desde a súa situación precaria a comezos de século ata a súa renovación nas Irmandades da Fala e no Grupo Nós. Presenta os principais autores, como Antón Vilar Ponte, Armando Cotarelo, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo e Rafael Dieste, e as súas obras máis representativas.

Puntos clave

  • A comezos do século XX o teatro galego estaba limitado ao costumismo, sen apoios institucionais nin salas de representación.
  • A Escola Rexional de Declamación foi decisiva para formar actores, estimular a escritura en galego e facilitar a posta en escena.
  • As Irmandades da Fala crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega e consideraron o teatro a arma máis eficaz para a propaganda lingüística e ideolóxica.
  • As liñas temáticas predominantes foron a histórica (Prisciliano, Pedro Pardo de Cela) e a social (caciquismo e emigración).
  • O Grupo Nós buscou universalizar o teatro galego incorporando as innovacións do teatro europeo e superando o drama rural.
  • Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, é a obra máis representada da literatura galega e combina elementos populares e vangardistas.

Ponte a prueba

Situación a comezos de século

O teatro foi un xénero literario que tivo máis dificultades para a súa consolidación. A comezos do século XX, a situación deste xénero era negativa: a temática cinguíase ao costumismo, os medios escenográficos eran moi limitados, non había apoios institucionais nin salas de representación e o público non estaba habituado á presenza do galego neste ámbito.

A creación da Escola Rexional de Declamación foi un acontecemento decisivo. Naceu cos obxectivos de funcionar como centro de formación de actores, de estimular aos escritores para faceren obras en galego e de facilitar a posta en escena das mesmas. Principais autores: Galo Salinas e Manuel Lugris Freire que iniciou o teatro en prosa (A ponte) e o drama social (Mareiras).

Concepción do teatro nas Irmandades da Fala

A creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega, que dependía das Irmandades da Fala da Coruña, supuxo unha mudanza radical para o teatro. Isto coincidiu co inicio da ideoloxía nacionalista.

As representacións teatrais galegas pasaron a ser abundantes e houbo unha evolución temática que supuxo a superación do costumismo e un perfeccionamento da escenografía e linguaxe.

Un dos obxectivos fundamentais das Irmandades era galeguizar a sociedade e de aí o seu interese polo xénero dramático, porque o teatro foi considerado como a arma de maior eficacia para a propaganda lingüística e ideolóxica, o que explica algunhas liñas temáticas predominantes:

  • A histórica (centrada en aspectos singulares da historia de Galicia ou personaxes míticos como Prisciliano ou Pedro Pardo de Cela).
  • A social (denuncia problemas como o caciquismo e a emigración).

Autores máis destacados

Antón Vilar Ponte

Tivo moita importancia para o desenvolvemento do teatro galego. Títulos como A patria do labrego, Entre dous abismos ou Almas mortas.

Armando Cotarelo

O teatro caracterízase polo dominio da técnica, a coidada arquitectura dramática e elaboración psíquica dos personaxes. Dentro da súa obra, de grande altura, podemos destacar a peza Moureza.

Ramón Cabanillas

Compuxo dúas pezas teatrais, unha de asunto contemporáneo, en prosa (A man da santiña) e outra histórica, en verso (O mariscal).

  • A man da santiña é unha comedia amorosa que se desenvolve nun ambiente de clase alta. Foi composta para a primeira representación do Conservatorio Nacional de Arte Galega. É unha obra de ambiente fidalgo e de trama amorosa na que os personaxes de clase alta empregan o galego.
  • O mariscal é unha peza de intención política. Escrita en colaboración con Ramón Vilar Ponte, desenvolve o tema da morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, que aparece mitificado como un membro destacado da oposición ao centralismo promovido polos Reis Católicos. O drama remata co pranto de dona Sabela, muller do Mariscal, que porta o perdón real para o seu home e o seu fillo, mais é interceptada por dous cóengos na ponte de Mondoñedo e entra na cidade sen tempo para impedir a execución.

Teatro Grupo Nós e vangardista

Os escritores do grupo Nós contribuíron á renovación teatral. A súa intención era universalizar o teatro galego introducindo as innovacións do teatro europeo e superando o drama rural.

O bufón d'El Rei, de Vicente Risco

É a única peza teatral de Vicente Risco. É un drama organizado en catro pasos e ambientado na Idade Media con alusións a cabaleiros e personaxes medievais. A trama desenvólvese arredor da deformidade física e moral do bufón do reino e hai trazos modernistas e simbolistas cun predominio do monólogo sobre o diálogo.

Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

É a obra máis representada da nosa literatura. É unha traxicomedia dividida en tres lances onde se presenta un tema clásico da literatura universal (namoramento dun vello por unha moza nova e as burlas que del se derivan). É un exemplo de convivencia entre os elementos populares e vangardistas. O estilo tradicional mestúrase co modernismo e o realismo combínase co expresionismo, como o diálogo de Don Ramón co retrato dos seus pais, o baile dos espantallos, os efectos de luz, a música ou algúns personaxes secundarios, como as diferentes representacións da morte.

Teatro de Otero Pedrayo

Compsta por numerosas pezas como A lagarada, Teatro de máscaras, O desengano do prioiro, O fidalgo e a noite ou Noite compostelá, insiste nos mesmos temas que a súa obra narrativa e está centrada na Galicia do século XIX e no esmorecemento da fidalguía como clase social.

Rafael Dieste

A obra máis destacada é A fiestra baldeira, comedia de ambiente mariñeiro que supón unha defensa da fidelidade ás orixes propias e unha crítica ao desexo de diferenciación social. Nela mestúranse elementos vangardistas e populares, destacando os espazos, a luz, a cor, os silencios e a música.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal foi a obra máis representada do teatro galego do século XX?

Segundo o texto, Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, é a obra máis representada da literatura galega. É unha traxicomedia en tres lances sobre o namoramento dun vello por unha moza nova.

Que obxectivos tivo a Escola Rexional de Declamación?

Naceu como centro de formación de actores, para estimular aos escritores a facer obras en galego e para facilitar a súa posta en escena.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que importancia tiveron as Irmandades da Fala para o teatro galego?
2. Que problemas sociais denuncia a liña temática social do teatro das Irmandades?
3. Que intentaba o Grupo Nós co teatro?
4. Cal é o tema central de O mariscal de Ramón Cabanillas?
5. Que características ten O bufón d'El Rei de Vicente Risco?
6. Que obra de Rafael Dieste é a máis destacada segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.