O mundo rural, a cohesión textual e a poesía galega (1936-1975)

Lengua y literaturaActualizado el 19,54 KB

Resumen

O documento reúne apuntes de lingua e literatura galega: léxico do mundo rural, procedementos de cohesión textual e conectores, normas de ortografía e pronomes átonos, os dereitos lingüísticos e a lexislación sobre o galego. Tamén recolle a historia da poesía galega entre 1936 e 1975, co exilio, a posguerra e as xeracións poéticas e os seus autores principais.

Puntos clave

  • A cohesión textual consegue-se con procedementos léxicos (repetición, substitución) e gramaticais (anáfora, catáfora, elipse) e con conectores textuais.
  • Os pronomes átonos van normalmente enclíticos, pero adoptan posición proclítica en oracións negativas, interrogativas, subordinadas e tras certos adverbios.
  • A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos foi proclamada pola UNESCO en 1996.
  • A Lei de Normalización Lingüística é de 1983 e o Plan Xeral de Normalización, de 2004.
  • Durante 1936-1975 a literatura galega en Galicia quedou truncada pola Guerra Civil e a ditadura, e a produción en galego concentrouse no exilio americano.
  • Na poesía de posguerra destacan as xeracións do 36, de enlace e das festas, con liñas social, intimista, paisaxística e culturalista.

Ponte a prueba

LÉXICO// O MUNDO RURAL

Tarefas agrícolas (verbos): arar, degullar, sachar
Cultivos (substantivos): trigo, patacas, fabas

DEFINICIÓNS:

- Lagar: construción que contén os elementos precisos para a elaboración de viño, aceite...

- Agro: extensión de terreo cultivado; eido.

- Horta: terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén nalgúns casos árbores froiteiras.

- Eira: sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.

- Palleira: lugar onde se garda a herba seca ou a palla; os apeiros e o carro.

EXPRESIÓNS:

- Quen non ten que facer sacha os nabos - facer cousas inútiles.

- Estar na horta e non ver as verzas - non decatarse de nada

- Andar a paso de boi - andar con lentitude.

- Traer ao rego a alguén - convencer

- Querer o sol na porta e a auga na horta - querer todo o bo

- Poñer o carro diante dos bois - facer as cousas ao revés.

COMUNICACIÓN

A COHESIÓN

É a propiedade mediante a cal se relacionan todos os elementos que forman un texto e as ideas que se expoñen. O texto está formado por: palabras, frases, oracións, parágrafos e todos aparecen conectados por: pronomes, preposicións, conxuncións... Por iso un texto está cohesionado. Os principais procedementos de cohesión do texto son:

Procedementos léxicos:

A repetición léxica: consiste en empregar unha mesma palabra en varios enunciados para relacionalos entre si. Tamén se poden repetir elementos morfosintácticos (un mesmo tempo verbal) ou fónicos (entoación nun texto).

A substitución: dunha palabra por outras equivalentes: sinónimos (balón/pelota), hiperónimos (can, animal), metáfora (balón/esférico), metonimias (persoas/almas), paráfrases (desde a túa casa / o lugar onde vives). Deste modo reitérase o significado dun elemento e mantense a unidade temática, pero evítanse as excesivas repeticións.

Procedementos gramaticais:

A anáfora e a catáfora: para non ter que repetir palabras

- Anáfora: fai alusión a un nome ou frase que vai antes no discurso.

- Catáfora: despois no discurso.

Conséguense mediante:

- Pronomes persoais: A nena parece moi contenta. Ela está rindo. (anáfora)

- Pronomes demostrativos: Isto é o que che digo: non comeremos patacas se non chove. (catáfora)

- Adverbios: Aquí estáse moi ben. Esta praia é marabillosa.

A elipse: é a supresión dalgún elemento linguístico que se sobreentende porque xa apareceu antes.

OS CONECTORES TEXTUAIS

Son as palabras (preposicións, conxuncións, adverbios, locucións) que enlazan partes do texto facilitando deste modo a súa comprensión.

- Orde e tempo: en primeiro lugar, por último, antes,...

- Explicación: é dicir, isto é, ou sexa, deste modo...

- Exemplificación: así, por exemplo, noutras palabras...

- Adicion ou suma de ideas: tamén, e, ademais....

- Causa: porque, por iso, debido a, xa que...

- Consecuencia: por tanto, en consecuencia, entón, daquel....

- Conclusión: en resumo, en conclusión....

- Oposición de ideas: pero, porén, non obstante, en cambio...

- Condición ou hipótese: se, se cadra, talvez...

- Recapitulación: en resumo, en suma...

- Comezo do discurso: para comezar, primeiramente, ante todo...

- Peche do discurso: por último, finalmente, en fin...

Campo léxico: conxunto de palabras que están relacionadas entre si porque se refiren ao mesmo tema e poden ser de diferentes categorías gramaticais (substantivos, adxectivos, verbos...). Ex.: xardín: flor, rosa, planta, verde, xardineiro....

Campo semántico: conxunto de palabras que comparten unha parte do seu significado e pertencen á mesma categoría gramatical. Ex.: campo flores: rosa, caravel, margarida...

ORTOGRAFÍA

PALABRAS CON H E SEN H

O h é un grafema que non se pronuncia, é dicir, non corresponde a ningún fonema. As palabras escribense con ou sen h dependendo da súa orixe.

- Así, inchar

Levan h:

- Comezan cos prefixos hect(o)-, hemi-, hiper-, hidr(o)

- Harmonía, hasta, hedra, helmo, hindú, hucha, Helena e Henrique.

- As interxeccións ah!, eh!, uh!, oh!, boh!, bah!

Levan h intercalado:

- Todas as formas dos verbos prohibir, exhibir, cohibir, exhortar, inhibir.

- Adhesivo, coerente, filharmónica, inherente, veniculo, transhumante, deshabitar, deshonesto, inhábil, deshonra...

Non levan h:

- Achar, aí, alelí, ata, baía, ermida, exuberancia, inchar, irmán/irmá, oco, ala!, ola!, ombreiro-ombro, orfo, óso, ovo, truán, úmero, urna...

PRONOME ÁTONO

→ Polo xeral van despois do

verbo ligados á forma verbal (posición enclítica): chamounos.
→ Pero hai casos nos que o pronome vai antes do verbo (posición proclítica):
- En oracións negativas introducidas por un adverbio, pronome ou conxunción negativos (nunca, non, ninguén, xamais...): Nunca o vin.
- Oración iniciada por particula interrogativa, exclamativa ou desiderativa: Que lle preguntaches?, ou outra palabra: Deus cho pague!
- En oracións subordinadas: Ela explicoume que llo contou onte.
- Verbo vai precedido por determinados adverbios (xa, aínda, mesmo, sempre, tamén..)
- Cando o verbo vai precedido por indefinido ninguén, nada, ningún, alguén, algo, ambos/as, bastante, calquera, mesmo, todo, todos/as
→ Cos infinitivos e xerundios xeralmente van pospostos: Tes que apurar para rematalo xa.
Se forman parte dunha perifrase hai que ter en conta:
Perífrase de infinitivo.
- pode ir co verbo auxiliar (tendo en conta as regras anteriores) ou co verbo auxiliado.
Hei levarvos/ heivos levar
Perífrase de xerundio.
- vai co verbo auxiliar ou detrás do auxiliado. Ándanlle facendo / Andan facéndolle.
Perífrase de participio.
- O pronome vai sempre co verbo auxiliar: Téñollas dado a miúdo.
Un pronome átono nunca pode comezar unha oración ou ir despois de pausaç

LINGUA E SOCIEDADE
OS DEREITOS LINGÜÍSTICOS. O GALEGO E AS LEIS
Os dereitos lingüísticos:
- A maioría dos países do mundo son plurilingües. Para asegurar os dereitos lingüísticos, os Estados adoptan medidas lexislativas dirixidas a protexer e fomentar as distintas linguas da comunidade.
- En 1996, a UNESCO proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, que recoñece o dereito de usar a lingua propia, a nivel individual e colectivo. Esta declaración parte de que:
            - todas as linguas son iguais
            - defende a diversidade cultural e linguística
            - respecto e pleno desenvolvemento de todas as linguas.
- A ela súmanse a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (2000) e a Carta Europea das Linguais Rexionais e Minoritarias (1992) para garantir a presenza normal de todas as linguas en áreas como educación, vida social...
A lexislación sobre a lingua galega:
 - Constitución Española (1978).
 - Estatuto de Autonomía de Galicia (1981).
 - Lei de Normalización Lingüística (1983) e Plan Xeral de Normalización (2004).
Estes textos sentan as bases para a normalización da lingua mediante actuacións en:
- Acción institucional exercida polo poder político: Estado, Xunta de Galicia, Concellos.
- Acción colectiva ou social: asociacións cidadás, deportivas, empresas privadas... (iniciativas para fomentar espazos de uso do galego)
- Acción individual: o compromiso persoal de empregar a lingua galega en calquera situación (familia, amigos, redes sociais...).
Niveis de competencia e uso
- O galego encóntrase na actualidade nunha situación máis vantaxosa que en outras épocas: oficialidade, presenza na Administración, no ensino, na cultura...
- A maioría de cidadáns galegos recoñecen unha boa competencia na capacidade de comprensión e expresión.
- Hai unha maioría favorable ao uso do galego, pero detéctase unha tendencia cara ao bilingüismo. Descende o número de galegofalantes habituais entre a xente máis nova...
- O achegamento á lusofonía abre novos camiños para a nosa lingua.


LITERATURA// POESÍA 1936/1975
GALICIA ENTRE 1936 E 1975
- O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar contra o goberno da República e comeza unha guerra que finaliza en abril 1939 coa instauración da ditadura franquista.
- Nesta época levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que a maior parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais (castelán era a única lingua oficial)
- O acadado pola literatura galega quedou truncado co inicio da Guerra Civil: pecharon editoriais, revistas, xornais, e paralizouse a edición e difusión de textos na nosa lingua.
- Durante a década 1940-1950, a única produción literaria en galego será a que se leva a cabo no exilio americano: Venezuela, Cuba, México, Uruguai e Arxentina (principal país de acollida dos galegos). Entre os exiliados destacan: Castelao, Rafael Dieste...
- A partir dos anos 50, danse en Galicia iniciativas que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e cultura. Xorden editoriais (editorial Galaxia...), revistas (Alba (A Coruña e Vigo 1948-1956), suplemento literario do xornal La Noche (1948-50).
- Nos anos 60 xorden asociacións culturais (O Facho, na Coruña) que reivindican o uso do galego e achégano ao uso público mediante conferencias... e os primeiros partidos políticos nacionalistas: a UPG (Unión do Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego), que reivindican o autogoberno e a oficialidade do idioma.
- En 1975, a morte de Franco posibilita o paso á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades. Logo da aprobación en 1978 da Constitución, Galicia conta cun Estatuto de Autonomía (1981) que recolle a oficialidade do galego e a condición de lingua propia, o que permite a súa presenza no ensino.
POESÍA DO EXILIO
No exilio americano prodúcese unha poesía de denuncia social. Os principais representantes:
Luís Seoane (Buenos Aires, 1910 - A Coruña, 1979)
Home polifacético, destacou nas artes plásticas (pintor, ilustrador, gravador, muralista) e na poesia. Publicou Fardel de exiliado (1952), Na brétema, Sant-lago (1955), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). A súa poesía caracterizase pola denuncia social. Os temas principais son a diáspora (emigración e exilio) e a historia de Galicia (persoas máis humildes)

Lorenzo Varela (A Habana, 1917 - Madrid, 1978)
É autor de dous poemarios: Catro poemas para catro gravados (1944) con gravados de Luis Seoane, e Lonxe (1954), sobre a súa experiencia persoal no exilio e a saudade da terra.
Emilio Pita (A Coruña, 1909 - Buenos Aires, 1981)
O primeiro libro foi Jacobusland (1942), trata a traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega. Máis tarde publica Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959) e O ronsel verdegal (1964).


POESÍA DE POSGUERRA
Atopamos tres xeracións poéticas sucesivas que comezan a publicar as súas obras ao mesmo tempo (ao non haber case produción editorial entre os anos 1936 e 1950) é a partir deste último ano cando as obras ven a luz. A última xeración leva a cabo unha renovación:
- Xeración do 36: nacen entre 1910-1920; Celso Emilio Ferreiro, Maria Mariño...
- Promoción de enlace: nace nos anos 20; Antonio Tovar, Luz Pozo Garza...
- Xeración das festas: nacen entre 1930-1940; Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín,
Manuel María, Xohana Torres...
Liñas temáticas:
Poesía social: Celso Emilio Ferreiro, Manuel María;
Intimismo: María Mariño, Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Xohana Torres;
Paisaxismo:Aquilino Iglesia Alvariño, Uxío Novoneyra
Culturalismo: Álvaro Cunqueiro, Xosé Luís Méndez Ferrin
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1913 - Vigo, 1979)
- Poesía social: denuncia as inxustizas sociais, expresa a súa solidariedade cos oprimidos, e o seu compromiso antibelicista e antifascista.
Longa noite de pedra (1962): bandeira da loita contra a ditadura franquista
- Poesía intimista: expresa o seu desacougo existencial, lembra un tempo pasado e feliz, evoca con nostalxia a súa terra natal, reflexiona sobre a fugacidade da vida, a morte...
- Poesía satírica: denuncia cun ton acedo crítico, cheo de humor e sarcasmo, a mesquindade humana e canta as traxedias do home en xeral.
Escribe os seus verbos nunha lingua coloquial e popular, na procura dun discurso directo e
claro. A súa poesía caracterizase polas metáforas e imaxes simbólicas, organizadas en:

Elementos positivos
- Termos referidos á claridade (branco, amencer...) e á altura (vento...) que dan ideas de esperanza, liberdade, xustiza. Evocan pasado feliz ou esperanza dun futuro libre.


Elementos negativos
- Termos referidos á escuridade (noite, negro...), a espazos pechados e profundos (pozo...) e á pedra. Aluden a ditadura franquista e expresan ideas de medo, inxustiza...
Escribiu prosa: A fronteira infinda (1972), conxunto de relatos autobiográficos sobre a emigración a Venezuela, e A taberna do galo (1978) humor das lembranzas en Celanova.
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 - A Coruña, 2020)
- A temática dos seus versos céntrase en: intimista (nostalxia, paso do tempo...) e a comprometida e solidaria. Na súa poesía teñen unha importante presenza a música e a pintura, xa que completan e enriquecen os entimentos que a poeta quere expresar.
- Xunto co labor poético ela foi unha das pioneiras da crítica literaria.
- Ademais dos artigos publicados nas revistas Grial e Nordés, é autora de ensaios de crítica literaria (sobre Rosalía, Cunqueiro...).

Uxio Novoneyra (Parada de Moreda, O Courel, 1930 - Santiago, 1999)
- Inicia a súa produción coa poesía paisaxística centrada nas terras da montaña luguesa onde naceu, o que lle valeu «Poeta do Courel».
- Cultivou tamén a poesía política-social reivindicativa presente no libro Do Courel a Compostela e en poemas. Escribiu poesía amorosa (Muller pra lonxe).
- Tamén poesía caligráfica (Poemas caligráficos): disposición visual do texto e expresividade das grafías. Entronca coa tradición da literatura chinesa, coa escritura árabe e graffiti urbanos actuais.
- A súa poesía caracterizase pola importancia que adquiren os efectos fónicos (aliteracións...), brevidade e condensación dos versos, reducindo elementos esenciais.
Manuel María (Outeiro de Rei, 1930 - A Coruña, 2004)
Autor dunha obra extensísima (máis de 40 títulos), moi variada formal e tematicamente.
Combina: a poesía paisaxística, centrada na Terra Chá; a social, amosa o compromiso político desde a sátira e a ironía; e a intimista, amorosa.
Xohana Torres (Santiago, 1931 - Vigo, 2017)
A súa obra literaria abrangue todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro e ensaio. A súa poesía trata temas intimistas (a soidade, o paso do tempo...) e sociais (a preocupación por Galicia).
Como narradora escribiu a novela Adiós María (1971) e tamén publicou obras de teatro: Á outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o rio (1969).


OBRAS
Celso Emilio:
- O soño sulagado (1954)
- Longa noite de pedra (1962)
- Terra de ningures (1969)
- Viaxe ao país dos ananos (1968)
- Cantigas de escarnio e maldicir (1968)
- Paco Pixiñas (1970)
- Antipoemas (1972)
- Cimenterio privado (1973)
- Os autentes (1973)
- Onde o mundo se chama Cela-nova (1975)
Luz Pozo:
- O paxaro na boca (1952)
- Verbas derradeiras (1975)
- Concerto de outono (1981)
- Códice Calixtino (1986)
- Prometo a flor de loto (1992)
- Vida secreta de Rosalía (1996)
- As arpas de /werddon (2005)
- Deter o día cunha flor (2009)
- Rosa tántrica (2016)
Uxío Novoneyra
- Os eidos (1955)
- Elexías do Courel e outros poemas (1966)
- Poemas caligráficos (1979)
- Os eidos. Libro do Courel (1981)
- Muller pra lonxe (1986)
- Do Courel a Compostela, 1956-1986 (1988)
- Tempo de elexia (1991)
- Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994) 7
Manuel María
- Muiñeiro de brétemas (1950)   - Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994)
- Terra Chá (1954)                          - Documentos personaes (1958)
- Morrendo a cada intre (1952)  - A primavera de Venus (1993)
- Poemas pra construir unha patria (1977)
Xohana Torres
- Do sulco (1959)                                      - Estacións ao mar (1980)
- Ferrol, corazón de navio (2001)           - Tempo de ría (1992)

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a anáfora e a catáfora?

A anáfora fai referencia a un nome ou frase que aparece antes no discurso, mentres que a catáfora alude a un elemento que aparecerá despois. Ambas evitan repetir palabras, por exemplo co uso de pronomes persoais ou demostrativos.

En que ano se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia?

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobado en 1981 e recolle a oficialidade do galego e a súa condición de lingua propia.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que procedemento de cohesión consiste en suprimir un elemento que se sobreentende por xa ter aparecido antes?
2. Cando se produciu a sublevación militar contra a República?
3. En que ano proclamou a UNESCO a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos?
4. Cal foi o principal país de acollida dos galegos exiliados?
5. Que xeración poética nace entre 1910 e 1920?
6. Que tipo de poesía cultivou Uxío Novoneyra ao comezo da súa produción?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.