A Ilustración Galega e o tránsito literario no século XVIII

Lengua y literaturaActualizado el 3,24 KB

Resumen

O documento presenta a Ilustración en Galicia durante o século XVIII, cos seus obxectivos, sociedades e principais figuras, como Cernadas e Castro, Feixoo ou Francisca de Isla. Tamén explica o tránsito literario desde a tradición trobadoresca cara aos epígonos en Castela e Portugal.

Puntos clave

  • A Ilustración chegou a Galicia no século XVIII e situouse entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento.
  • Apareceron sociedades xeográficas, económicas e culturais dedicadas ao estudo da realidade do país.
  • Diego Antonio Cernadas e Castro (1698-1777), O Cura de Fruíme, é a figura máis destacada entre os autores que escribiron en galego nesta etapa.
  • Francisca de Isla (1734-1808) foi nomeada membro de número pola Academia Boas Letras de Porto.
  • Xosé Andrés Cornide e Saavedra é autor do soneto «A Filida», considerado unha mostra da literatura prerromántica.
  • Os epígonos trobadorescos dividense en dous grupos: os de Castela (cancioneiros dos séculos XV e XVI) e os de Portugal (Cancioneiro Geral de García de Resende, 1511).

Ponte a prueba

A Ilustración Galega e o Século XVIII

O século XVIII supuxo para Galicia, como para toda España, a chegada e o espallamento das ideas ilustradas. Deste xeito, cabería situar esta etapa a medio camiño entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento decimonónico.

Contexto e Obxectivos da Ilustración en Galicia

Non se rexistra un aumento decisivo dos textos redactados na nosa lingua, mais aparecen sociedades xeográficas, económicas e culturais, cuxo obxectivo era o estudo da realidade do país. Así mesmo, a discusión e o debate arredor da historia de Galicia ou das orixes do galego son un produto directo da Ilustración.

Na perspectiva dos historiadores actuais, hai que recorrer aos ilustrados galegos para procurar as raíces do interese pola realidade galega que terá lugar cara á metade do século XIX.

Principais Figuras da Ilustración Galega

Canto aos autores que empregaron o noso idioma durante esta etapa, cómpre sinalar especialmente a figura de Diego Antonio Cernadas e Castro (1698-1777), coñecido como O Cura de Fruíme.

A carón del, rexistramos tamén os nomes de:

  • Frei Benito Feixoo (O Padre Feixoo), unha das figuras fundamentais da Ilustración en España.
  • Os seus irmáns Anselmo e Plácido.
  • Francisca de Isla (1734-1808), muller que, malia as circunstancias sociais e culturais da súa época, chegou a figurar nas tertulias intelectuais do seu tempo, sendo nomeada incluso membro de número pola Academia Boas Letras de Porto.
  • Xosé Andrés Cornide e Saavedra (1734-1803), autor do soneto «A Filida», considerado como a mostra máis destacada do que puido ser a literatura prerromántica entre nós.

O Tránsito Literario: Da Decadencia Trobadoresca aos Epígonos

Ata datas recentes, víñase falando da decadencia da escola trobadoresca para se referir a este tempo, toda vez que se interpretaba que, tanto a denominada Escola Galego-Castelá como tamén un conxunto de autores recollidos no Cancioneiro Geral de García de Resende (1511), soamente representaban ecos, máis ou menos deformados, da brillantez de outrora.

Non obstante, desde unha perspectiva actual, enténdese que o que se produce é un verdadeiro tránsito desde a tradición galega no xénero do amor cortés cara a novos modelos que chegan desde máis alá da Península Ibérica.

Os Epígonos Trobadorescos

Consideraremos, pois, os epígonos trobadorescos en dous conxuntos principais:

  • Os Epígonos en Castela: Posuímos arredor duns sesenta ou setenta textos transmitidos a través de cancioneiros casteláns dos séculos XV e XVI —singularmente, o Cancioneiro de Baena— e que demostran o interese dos poetas por acadar novas fórmulas máis alá dos convencionalismos do amor cortés.
  • Os Epígonos en Portugal: Consideramos neste apartado un certo número de textos que forman parte do Cancioneiro Geral de García de Resende (1511) e que, igualmente, reflicten a presenza dos modos tradicionais trobadorescos.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen foi O Cura de Fruíme?

Foi Diego Antonio Cernadas e Castro (1698-1777), un dos autores máis destacados que empregaron o galego durante a Ilustración.

Que é o Cancioneiro Geral de García de Resende?

É unha colección poética de 1511 que recolle textos de autores que reflicten a presenza dos modos tradicionais trobadorescos, entre eles os epígonos en Portugal.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é o período que ocupa a Ilustración galega segundo o texto?
2. Quen era Diego Antonio Cernadas e Castro?
3. Que se recoñece sobre Francisca de Isla?
4. Cal é o soneto considerado unha mostra da literatura prerromántica?
5. Como se denomina o tránsito literario desde a tradición trobadoresca segundo a perspectiva actual?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.