A Xeración Nós: contexto histórico e autores principais (Risco, Castelao, Otero Pedrayo)

Lengua y literaturaActualizado el 5,83 KB

Resumen

O texto presenta a Xeración Nós, grupo de intelectuais galeguistas nados na década de 1880 agrupados arredor da revista Nós, e os seus principais autores: Vicente Risco, Castelao e Ramón Otero Pedrayo. Explica o contexto da preguerra, o impacto da Guerra Civil e as obras máis destacadas de cada autor en narrativa, teatro e ensaio.

Puntos clave

  • A Xeración Nós estaba formada por intelectuais galeguistas nados na década de 1880 e toma o nome da revista Nós.
  • A súa actividade desenvolveuse sobre todo na preguerra e foi interrompida abruptamente polo golpe fascista e a Guerra Civil.
  • Vicente Risco destacou pola sátira O porco de pé e a teoría do nacionalismo galego.
  • Castelao caracterizouse polo compromiso coas clases populares e pola obra Cousas, unha combinación de escrita e debuxo.
  • Ramón Otero Pedrayo é considerado o primeiro grande novelista galego e o creador da prosa literaria moderna.
  • Os camiños da vida é a triloxía realista máis representativa de Otero Pedrayo e Arredor de si a súa novela cultural máis significativa.

Ponte a prueba

A Xeración Nós

A Xeración Nós foi un grupo de intelectuais galeguistas nados na década de 1880 que se organizaron arredor da Revista Nós, da que toman o nome. Entre eles destacan Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao, quen potenciaron a narrativa, o teatro, o ensaio e o xornalismo, consolidando o sistema literario galego. Os integrantes da Xeración Nós comparten unha sólida formación cultural e académica, o cultivo da prosa científica no ámbito das ciencias sociais e o desenvolvemento da actividade política. Desenvolveron o fundamental da súa actividade durante a preguerra; esta etapa estivo marcada por importantes acontecementos culturais, políticos e proxectos editoriais. No eido da narrativa destaca a posta en marcha das editoriais Nós e Lar e, desde o punto de vista do xornalismo, podemos destacar a creación do xornal A Nosa Terra. O golpe de estado fascista e a Guerra Civil supuxeron un remate tráxico e abrupto para toda a actividade cultural.

Vicente Risco

Vicente Risco foi un escritor didáctico que cultivou a sátira social e as glosas da cultura popular. Na súa traxectoria hai tres períodos:

  • A primeira etapa é a de formación, que se caracteriza polo seu interese nas correntes estéticas europeas e na filosofía oriental. Dirixiu a revista La Centuria.
  • Co seu ingreso nas Irmandades da Fala iniciouse a etapa galeguista, a de maior actividade intelectual e política. Destaca a Teoría do nacionalismo galego. Desde a literatura destaca O porco de pé, unha sátira que ten como protagonista a don Celidonio, un personaxe mediocre que chega a ser alcalde e representa o ascenso social dunha burguesía que se preocupa polos cartos. Tamén publicou narrativa breve onde destacan O lobo da xente, A coutada e Os europeos en Abrantes; teatro como O bufón de El-Rei, que é unha reflexión sobre a relación entre beleza e bondade moral; e numerosos artigos sobre antropoloxía e etnografía.
  • A terceira etapa comeza na posguerra; abandonou o galeguismo e o cultivo do galego como lingua literaria, pero aínda así publicou textos ensaísticos e colaborou con Otero Pedrayo na edición da súa Historia de Galiza.

Castelao

En Castelao hai características particulares que o afastaban do elitismo dos escritores ourensáns. Sempre mantivo un compromiso coas clases populares, polo que a temática está centrada na vida do pobo e a súa visión das clases populares galegas é renovadora pero realista; é o grande descubridor da dignidade do paisano galego. Nel conflúen dúas facetas: a de escritor e a de debuxante.

  • Cousas da vida (obra plástica): ten un estilo perfeccionista, usa o humor vencellado a unha intención moral e, aínda que é narrador, na súa produción literaria apréciase un marcado lirismo que o aproxima á poesía. Os textos narrativos están dominados polo sintetismo e hai preferencia por estruturas breves.
  • A súa creación literaria máis orixinal foi Cousas, obra formada por un limiar e 44 pezas que se acompañan de ilustracións.
  • Retrincos está marcado polo carácter autobiográfico.
  • Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto: retrato satírico da sociedade galega da súa época.
  • Os dous de sempre (única novela): converteuse nunha das máis célebres da historia; a súa estrutura está formada por 44 capítulos curtos que xiran arredor dos personaxes Pedriño e Rañolas.

As circunstancias históricas levárono a centrarse na súa faceta política e as publicacións máis destacadas na posguerra foron o teatro (Os vellos non deben namorarse) e o ensaio (Sempre en Galiza), considerada pola crítica como a "Biblia do nacionalismo galego".

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo foi o autor máis prolífico da súa época e ten unha das obras máis amplas e vizosas de toda a historia da literatura galega. O seu estilo é moi refinado e complexo, de sintaxe exuberante e barroca. Da súa man cúmprese a modernización e creación dunha lingua literaria con vocación universal. Pódese dicir que é o primeiro grande novelista galego, o auténtico creador da nosa prosa literaria moderna.

A súa obra narrativa iniciouse con tres relatos breves: Pantelas, home libre, O purgatorio de Don Ramiro e Escrito na néboa, nos que aparecen os que serán os grandes temas do conxunto da súa obra: a identificación coa terra, o protagonismo da figura do fidalgo e a evolución da conciencia galega. Nos anos seguintes irán aparecendo as súas novelas, que a crítica adoita clasificar en dous grupos, ademais de varios libros de contos como Contos do camiño e da rúa.

  • O primeiro grupo de novelas estaría conformado polas obras realistas, nas que predominan os temas relacionados coa realidade galega. A novela máis representativa é Os camiños da vida, triloxía na que reconstrúe a transformación vivida pola sociedade galega durante o século XIX, tendo como protagonistas dúas familias fidalgas.
  • No segundo grupo estarían as novelas culturais, aquelas que se centran no tema da evolución da conciencia galega. A máis significativa é Arredor de si, obra de influencia autobiográfica que narra a conversión de Adrián Solovio ao galeguismo despois de viaxar por Europa e entrar en contacto con culturas alleas.

A súa obra ensaística, que xira arredor do tema de Galicia, é moi ampla e variada (ensaios sobre a cultura galega, estudos sobre etnografía, sobre xeografía, sobre historia...).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen formaba a Xeración Nós?

Estaba formada por intelectuais galeguistas nados na década de 1880 que se organizaron arredor da revista Nós. Entre os máis destacados figuran Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao.

Cal é a obra máis famosa de Castelao?

A súa obra máis orixinal considérase Cousas, formada por un limiar e 44 pezas acompañadas de ilustracións. Tamén publicou a única novela Os dous de sempre.

Por que é importante Ramón Otero Pedrayo?

É o autor máis prolífico da súa época e considérase o primeiro grande novelista galego, o creador da prosa literaria moderna con vocación universal.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Como toma o nome a Xeración Nós?
2. Que obra de Vicente Risco é unha sátira protagonizada por don Celidonio?
3. Que característica define a obra de Castelao?
4. Que triloxía realista escribiu Ramón Otero Pedrayo?
5. Cal foi o efecto do golpe de estado fascista e da Guerra Civil sobre a actividade cultural da Xeración Nós?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.