Guía rápida de acentuación e conceptos clave de lingua galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10 KB
Actualizado el
Resumen
Este documento resume as regras de acentuación en galego (sílabas, ditongos, hiatos e clasificación das palabras), os elementos do texto argumentativo e nocións de morfoloxía e sintaxe. Inclúe tamén conceptos de sociolingüística, como tipos de linguas, situacións de contacto e procesos de normalización e substitución lingüística.
Puntos clave
- As palabras clasifícanse en agudas, graves e esdrúxulas segundo a posición da sílaba tónica (última, penúltima ou antepenúltima).
- As agudas acentúanse cando rematan en vogal, n ou s; as graves acentúanse cando rematan en consoante distinta de n ou s; as esdrúxulas acentúanse sempre.
- Os monosílabos non se acentúan, salvo o til diacrítico para diferenciar palabras (é/e, dá/da).
- O morfema é a unidade mínima da palabra con significado, e pode ser lexema, morfema gramatical ou alterativo.
- A diglosia é o uso de dúas linguas en situación de desigualdade, mentres que o bilingüismo supón convivencia en igualdade.
- A normalización lingüística é o proceso planificado para que unha lingua minorizada recupere os seus ámbitos de uso e funcións sociais.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Acentuación en Galego
Sílabas e Clasificación
- División silábica: Separar a palabra en sílabas.
- Sílaba tónica: Identificar a sílaba con maior intensidade.
- Clasificación:
- Agudas: Acentuadas na última sílaba.
- Graves: Acentuadas na penúltima sílaba.
- Esdrúxulas: Acentuadas na antepenúltima sílaba.
Ditongos e Hiatos
- Ditongos: Dúas vogais na mesma sílaba (non poden ser dúas vogais abertas). Clasifícanse en:
- Decrecentes: vogal aberta + vogal pechada (Ex: pai).
- Crecentes: vogal pechada + vogal aberta (Ex: ciencia).
- Homoxéneos: vogal pechada + vogal pechada (Ex: miúdo).
- Hiatos: Dúas vogais contiguas en sílabas diferentes (Ex: sa-í-da).
Regras Xerais de Acentuación
- Agudas: Acentúanse (na vogal tónica) cando rematan en vogal, n ou s. Excepción: non se acentúan os ditongos decrecentes ou homoxéneos rematados en vogal, n ou s (Ex: correu, cans).
- Graves: Acentúanse cando rematan en consoante distinta de n ou s (Ex: móbil, fácil).
- Esdrúxulas: Acentúanse sempre (Ex: médico, público).
- Hiatos: Acentúase a vogal tónica pechada (i, u) se forma hiato cunha vogal aberta (a, e, o) (Ex: saía, miúdo).
- Monosílabos: Non se acentúan nunca. Excepción: til diacrítico para diferenciar palabras (Ex: é (verbo) / e (conxunción), dá (verbo) / da (contracción)).
O Texto Argumentativo
Elementos Clave
- Tese: Opinión subxectiva que se defende (Ex: Eu creo que...).
- Argumentos: Razoamentos para defender a tese. Poden ser subxectivos e incluír preguntas retóricas.
Estrutura e Formato
- Extensión: Aproximadamente 20 liñas.
- Tempo estimado: 15-20 minutos.
- Estrutura: Introdución, desenvolvemento (poucos parágrafos) e conclusión.
- Estilo: Uso de conectores, texto fluído e rexistro formal.
Morfoloxía Galega
O Morfema
Morfema: É a unidade mínima da palabra con significado.
Tipos de Morfemas
- Lexemas (Raíz): Parte fundamental que achega o significado léxico.
- Morfemas Gramaticais:
- Flexivos: Indican xénero, número, persoa, modo, tempo, etc.
- Derivativos: Forman palabras novas (prefixos e sufixos).
- Morfemas Alterativos (Apreciativos): Engaden matices de tamaño ou afectividade (diminutivos, aumentativos, despectivos).
Clasificación de Palabras
- Simples: 1 lexema + (opcionalmente) morfemas flexivos ou alterativos.
- Derivadas: 1 lexema + morfema(s) derivativo(s).
- Compostas: Máis de 1 lexema.
- Parasintéticas: Formadas por prefixación e sufixación simultáneas (prefixo + lexema + sufixo), de modo que a palabra non existe só co prefixo ou só co sufixo.
Análise Morfolóxica
Consiste en segmentar a palabra en monemas (lexemas e morfemas), indicar o tipo de cada un e o seu significado.
Sintaxe: Os Sintagmas
- Sintagma Nominal (SN): Estrutura: [Determinante (Det)] + Núcleo (N) + [Modificador (Mod)].
- Sintagma Preposicional (SPrep): Estrutura: Enlace (Preposición) + Termo (SN, SAdv, SAdx...).
- Sintagma Adverbial (SAdv): Estrutura: [Modificador (Mod)] + Núcleo (Adverbio) + [Modificador (Mod)].
- Sintagma Adxectival (SAdx): Estrutura: [Modificador (Mod)] + Núcleo (Adxectivo) + [Modificador (Mod)].
Conceptos de Sociolingüística
Tipos de Linguas e Falantes
- Lingua inicial / materna / primeira: Lingua na que se empeza a falar.
- Lingua propia:
- Individual: Lingua coa que unha persoa se sente máis cómoda ou identificada.
- Social/Territorial: Lingua histórica dun territorio (en Galicia, o galego).
- Lingua habitual: Lingua que se usa acotío; pode variar segundo o contexto ou o interlocutor.
- Lingua minoritaria: Lingua falada por un grupo reducido de persoas nun territorio onde outra lingua é maioritaria.
- Lingua maioritaria: Lingua falada pola maioría da poboación nun territorio.
- Lingua minorizada: Lingua con pouco prestixio social e cuxos usos están restrinxidos, independentemente do número de falantes.
- Lingua oficial: Lingua recoñecida pola lei nun determinado territorio.
- Lingua cooficial: Situación na que hai máis dunha lingua oficial nun territorio.
Situacións de Contacto Lingüístico
- Competencia lingüística: Dominio que se ten dun idioma. Pode ser oral (falar e escoitar) ou escrita (escribir e ler).
- Bilingüismo: Uso de dúas linguas nunha comunidade ou por un individuo, idealmente convivindo en igualdade.
- Diglosia: Uso de dúas linguas nunha comunidade en situación de desigualdade. Unha lingua (hexemónica ou A) úsase para funcións prestixiosas e formais, e a outra (minorizada ou B) para funcións informais e familiares.
- Conflito lingüístico: Tensión ou choque entre dúas linguas nun mesmo territorio, xeralmente cando unha (a hexemónica) tenta expandirse a costa da outra (a minorizada), que pode estar en proceso de recuperación ou resistencia.
Procesos Lingüísticos Sociais
- Substitución lingüística: Proceso polo cal, nunha situación de diglosia, a lingua hexemónica vai gañando terreo e ámbitos de uso á lingua minorizada, podendo levala á súa desaparición.
- Normalización lingüística: Proceso planificado para que unha lingua minorizada recupere os seus ámbitos de uso e funcións sociais, buscando a igualdade coa lingua hexemónica.
- Prexuízo lingüístico: Xuízo de valor negativo (sen base real) que se aplica sobre unha lingua ou os seus falantes, a miúdo destinado á discriminación. Afecta especialmente ás linguas minorizadas en situación de diglosia.
- Autoodio: Asunción, por parte dos falantes dunha lingua minorizada, dos prexuízos negativos sobre a súa propia lingua, considerándoa inferior.
- Actitude lingüística: Valoración (positiva ou negativa) que un individuo ou grupo fai dunha lingua.
Norma e Variedade Lingüística
- Ámbito de uso: Contextos, situacións ou funcións sociais onde se emprega unha lingua.
- Familia lingüística: Grupo de linguas que proveñen dunha lingua nai común (protolingua) e comparten características gramaticais e léxicas.
- Lingua románica: Lingua que provén do latín vulgar (Ex: galego, portugués, castelán, catalán, francés, italiano, romanés...).
- Lingua universal: Lingua hipotética única que sería falada por toda a humanidade.
- Lingua escrita: Lingua que posúe un sistema de normas ortográficas e gramaticais para a súa representación escrita.
- Lingua de cultura: Lingua utilizada na produción literaria, científica e académica, no ámbito escrito formal, e que serve como vehículo para acceder ao coñecemento, gozando de gran prestixio social.
- Normativización: Proceso de fixación dunhas normas (ortográficas, gramaticais, léxicas) para unha lingua, co obxectivo de dotala dun estándar. En Galicia, a institución responsable é a Real Academia Galega (RAG). Nota histórica: A normativa galega actual buscou unha síntese de trazos de diferentes variedades dialectais.
- Variedade estándar: Variedade lingüística común, neutra e supradialectal, que serve como modelo de referencia para todos os falantes dunha lingua. É imprescindible para que unha lingua estea normalizada e poida usarse en todos os ámbitos formais.
- Desviacións da norma: Formas lingüísticas que non coinciden coa variedade estándar. Tipos principais:
- Arcaísmos: Palabras ou expresións antigas, desaparecidas na fala actual pero ás veces recuperadas pola vía culta.
- Vulgarismos: Formas consideradas non estándar, propias dun rexistro moi informal ou descoidado.
- Dialectalismos: Trazos fonéticos, morfolóxicos, sintácticos ou léxicos propios dunha variedade xeográfica (dialecto) concreta.
- Interferencias lingüísticas: Influencias (xeralmente consideradas negativas desde a perspectiva da norma) doutras linguas sobre unha lingua dada, que levan á substitución de formas propias por formas alleas. Exemplos comúns en galego:
- Castelanismos: Elementos procedentes do castelán.
- Anglicismos: Elementos procedentes do inglés.
- Hiperenxebrismos (ou hipergaleguismos): Formas creadas artificialmente, moitas veces incorrectas, coa intención de diferenciar o galego doutro idioma (especialmente do castelán), por medo a usar un castelanismo.
Preguntas frecuentes
Que é un diptongo e como se clasifica?
Un diptongo é a unión de dúas vogais na mesma sílaba, sen que ningunha sexa aberta. Clasifícase en decrecente (vogal aberta + pechada, como en pai), crecente (pechada + aberta, como en ciencia) ou homoxéneo (pechada + pechada, como en miúdo).
Que é a diglosia?
A diglosia é o uso de dúas linguas nunha mesma comunidade en situación de desigualdade. A lingua hexemónica emprégase en funcións formais e prestixiosas, e a minorizada en contextos informais e familiares.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.