Grupo Nós: Historia, Membros e Legado Literario

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,78 KB
Actualizado el

Resumen

O texto explica o Grupo Nós, nado en Ourense cara a 1914 e activo ata 1936, e a súa revista Nós (1920-1936). Presenta as etapas do grupo, a renovación literaria en novela, conto, ensaio e teatro, e a obra de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Luís Pimentel.

Puntos clave

  • O Grupo Nós tivo a súa orixe en Ourense, arredor de 1914, no chamado Cenáculo Ourensán.
  • A revista Nós (1920-1936) estaba dirixida literariamente por Vicente Risco e artisticamente por Castelao.
  • O obxectivo do grupo era elevar a cultura galega ao nivel das demais culturas europeas.
  • Na novela, o grupo incorporou o monólogo interior e os saltos temporais; no teatro, cobraron importancia os xogos de luces, os decorados e a música.
  • O grupo disolveuse en 1936 coa Guerra Civil.
  • Máis Alá! (1922) foi o único manifesto en prosa do grupo, e rexeitaba o ruralismo e defendía a mocidade galega.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

O Grupo Nós: Historia e Obxectivos

Etapa: anos 20 e 30 (ata 1936).

  • 1923-1930: Ditadura de Primo de Rivera.
  • 1931: II República. Fúndase o Partido Galeguista en Pontevedra, sintetizando as ideas do Grupo Nós e o programa das Irmandades da Fala.

Obxectivos: Autodeterminación política e Estatuto de Autonomía (conseguido en 1936). Figuras destacadas: Castelao, Ramón Suárez Picallo, Alexandre Bóveda e Ramón Otero Pedrayo.

Orixe do Grupo Nós

O Grupo Nós ten a súa orixe en Ourense, arredor de 1914, no chamado Cenáculo Ourensán, formado por Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Arturo Noguerol.

Etapas do Grupo Nós

  • 1ª Individualismo ou pregaleguismo: Desvinculados da cultura galega e do movemento nacionalista.
  • 2ª Galeguista: A partir de 1917, prodúcense contactos entre os homes das Irmandades da Fala (como Castelao e Losada Diéguez) e os do Grupo Nós. Consecuencias: adhesión ao nacionalismo (Irmandades da Fala e Partido Galeguista) e asunción e coñecemento da cultura propia (revista Nós e Seminario de Estudos Galegos).

A Xeración Nós, tamén coñecida como Xeración das Irmandades, está composta por homes nados entre 1880 e 1890.

O Labor do Grupo Nós

O nome do grupo provén da revista Nós (1920-1936), dirixida literariamente por Risco e artisticamente por Castelao.

Revista Nós:

  • Textos literarios orixinais.
  • Traducións: Baudelaire, Hölderlin, Teixeira de Pascoaes, James Joyce.
  • Artigos de investigación científica: arqueoloxía, filosofía, arte, historia, etc.

Obxectivo: Elevar a cultura galega ao nivel das demais culturas europeas.

Renovación Literaria

  1. Novela: Diversidade temática (novela realista urbana: Os dous de sempre, Castelao; novela histórica: A romaría de Xelmírez, Otero Pedrayo; novela psicolóxica: Arredor de si, Otero Pedrayo). Novas técnicas creativas como o monólogo interior e os saltos temporais.
  2. Conto: Brevidade e síntese, con diversidade temática.
  3. Ensaio: Uso do galego en todas as áreas do saber. Destaca Otero Pedrayo co seu ensaio histórico sobre a cultura galega.
  4. Teatro: Influencia da dramaturxia europea. Cobran importancia os xogos de luces, os decorados e a música.

No ano 1936, o grupo disólvese coa Guerra Civil. Risco denuncia a convención galeguista.

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)

  • 1917: Funda a revista La Centuria.
  • 1918: Ingresa nas Irmandades da Fala.
  • 1920: Cofundador da revista Nós.
  • 1931: Participa na fundación do Partido Galeguista.
  • 1936: Coa guerra e a represión franquista, renuncia ás súas ideas galeguistas.

Obra de Vicente Risco

Pensamento:

  1. Cristianismo.
  2. Celtismo: espiritualidade dos pobos celtas fronte ao materialismo dos pobos mediterráneos.
  3. Atlantismo: orientación que definía as nosas orixes celtas.
  4. Didactismo.
  5. Importancia do medio rural fronte ao urbano. Abandona a traxectoria da poesía e céntrase na esencia do pobo.
  6. Interese polo mundo medieval.

Narrativa:

  1. Abandono do ruralismo.
  2. Referencia aos mitos celtas. Intelectualismo.
  3. Recorrencia a temas esotéricos.
  4. Didactismo.
  5. Humor crítico.

Obras destacadas:

  • 1919: Do caso que lle aconteceu ó doutor Albeiros. Introduce o tema do esoterismo.
  • 1925: A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Lendas populares: mouros e tesouros encantados. Predomina o didactismo.
  • 1928: O porco de pé. Exemplo da perda da identidade galega.

Teatro:

  • 1928: O bufón do rei. Drama situado nunha corte medieval que cuestiona a deformidade física e moral.

Ensaio:

  • 1920: Teoría do nacionalismo galego. Ideoloxía das Irmandades da Fala e guía de futuras fundacións galeguistas. Ensaio político-ideolóxico que exalta a lingua, a terra e a raza.
  • 1933: Nós, os inadaptados. Evolución ideolóxica: individualismo, galeguismo.
  • 1934: Mitteleuropa.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976, Trasalba)

  • 1918: Ingresa nas Irmandades da Fala.
  • 1920: Participa na revista Nós e dirixe a sección de xeografía do Seminario de Estudos Galegos.
  • 1931-1936: Deputado nas Cortes polo Partido Galeguista.
  • 1936: Coa guerra e a represión franquista, é desposuído da súa cátedra de instituto.

Obra de Otero Pedrayo

Pensamento:

  1. Cristianismo como base da nosa identidade.
  2. Tradición como sabedoría acumulada ao longo dos séculos.
  3. Oposición ao materialismo, ao capitalismo e á modernidade.

Escenario común:

  • 1925: Pantelas, home libre. Relato.
  • 1926: O purgatorio de don Ramizo. Relato.
  • 1936: O mesón dos ermos. Novela curta.

(Mundo cultural de labregos e fidalgos)

  • 1928: Os camiños da vida. Novela realista. Historia de varias xeracións de dúas familias fidalgas: os Doncos (burguesía comercial), que representan a tradición, e os Puga (fidalguía agraria), que representan a modernidade.
  • 1930: Arredor de si. Novela psicolóxica con trazos autobiográficos. Adrián Solovio pasa do individualismo á descuberta das propias raíces e ao coñecemento da terra.
  • 1934: A romaría de Xelmírez. Novela histórica de asunto medieval. Reconstrución do Santiago do século XII que amosa unha Galicia integrada con Europa.
  • 1934: Fra Vernero. Novela histórica. Personaxe histórico: Zacarías Werner. Pretende amosar a Europa do momento.
  • 1960: O señorito da Reboraina. Biografía novelada dun fidalgo ourensán.

Teatro:

Non presenta acontecementos. Recrea ambientes, espazos e personaxes.

  • 1929: A lagarada. Traxedia ambientada no Ribeiro con personaxes populares e de gran realismo.
  • 1952: O desengano do prioiro. Homenaxe aos seus amigos.

Poesía:

  • 1958: Bocarribeira. 65 composicións breves nas que se fixa na paisaxe de Trasalba e no fluír temporal.

Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958)

  • 1922: Residencia de Estudantes (Madrid): doutoramento en Medicina. Contacto coa Xeración do 27 (Jorge Guillén, Dámaso Alonso...).
  • En Lugo: xornalista e poeta. Funda a revista Yunque e publica na revista Ronsel.

Obra de Luís Pimentel

  • 1950: Triscos. 8 poemas en galego. Único libro publicado en vida.
  • 1959: Sombra do aire na herba (póstuma). Toda a súa poesía en galego. Celestino Fernández de la Vega prológaa.
  • 1960: Barco sin luces (en castelán).

Temas:

Sentimentos: angustia, melancolía, medo. Temática cotiá intensamente sentida: a pequena cidade de Lugo, os hospitais, o mundo dos nenos, os humildes, o concerto dominical nun quiosco.

Forma:

Influencia das vangardas: presenza do humor, imaxes oníricas próximas ao surrealismo, ausencia de rima, creba do discurso lóxico.

Lingua:

Sinxeleza baseada na fala popular. Recursos poéticos: símbolos (espellos, luz, sombra), composición breve, verso libre.

Máis Alá! (1922)

Única obra en prosa e manifesto de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

Manifesto estético-político:

Bases:

  1. Rexeitamento do ruralismo e dos escritos do pasado.
  2. Defensa afervoada da lingua e do individualismo na literatura.
  3. Chamamento á mocidade galega para que rompa co pasado e encare o porvir.

Preguntas frecuentes

Cando se disolveu o Grupo Nós?

Disolveuse en 1936 coa Guerra Civil. Risco denunciou a convención galeguista.

Quen dirixía a revista Nós?

Vicente Risco dirixía a revista no aspecto literario, e Castelao no artístico.

Que é a Xeración Nós?

É a xeración tamén coñecida como Xeración das Irmandades, formada por homes nados entre 1880 e 1890.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano se disolveu o Grupo Nós?
2. Quen dirixía literariamente a revista Nós?
3. Que obra de Vicente Risco de 1928 é un drama situado nunha corte medieval?
4. Que novela histórica de Otero Pedrayo reconstrúe o Santiago do século XII?
5. Que obra de Luís Pimentel foi o único libro publicado en vida?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.