Glosario de termos xeográficos e agrícolas: Definicións e conceptos clave
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6 KB
Laurisilva
Bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.
Lixiviación
Proceso de arrastre pola auga de chuvias das materias solubles ou horizontes superficiais do solo ata horizontes máis profundos. Se é excesiva, o solo empobrécese e vólvese ácido.
Maquis
Matogueira arbustiva que pode alcanzar dous metros de altura, composto, entre outras especies, por lentiscos e palmeiras.
Vexetación clímax
Vexetación que se establece por si mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local.
Vexetación antrópica
Vexetación introducida polo home nun espazo determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico.
Caducifolio
Tipo de árbore que perde a súa folla en outono. En España, o bosque caducifolio é propio da área de clima oceánico e está integrado por árbores altos de folla grande, como o carballo e a faia.
Coníferas
Árbores e arbustos resinosos de follas aciculares (en forma de agullas) e froitos agrupados en conos (piñas).
Devesa
Tipo de paisaxe de orixe antrópico no que o bosque de aciñeiras, sobreiras e carballos foi "aclarándose" para deixar paso á aparición de zonas de prados adicadas á gandería. O seu aproveitamento integral, de carácter agro-silvo-pastoril, e respectuoso co medio ambiente, sitúana como un exemplo de sustentabilidade.
Endémico
Especies vivas limitadas a unha zona xeográfica concreta, ou sexa, animais ou plantas propios e exclusivos de rexións moi concretas. Por exemplo, o pinsapo na serra de Grazalema, a violeta do Teide ou o drago en Canarias.
Sotobosque
Vexetación non arbórea dos estratos inferiores dun bosque. Está formada pola vexetación arbustiva e a herbácea, como fentos.
Vexetación xerófila
Vexetación adaptada á aridez. Adáptase estendendo as súas raíces para captar a auga. É propia do clima subdesértico e estepario.
Vexetación esclerófila
Vexetación caracterizada polas súas follas duras e coriáceas, de textura parecida ao coiro, que lles permite adaptarse moi ben á seca.
Acuicultura
Técnica de cultivo de especies acuáticas vexetais e animais en ambientes físicos controlados, co obxectivo de manter as condicións que estas especies atopan no seu ambiente natural.
Agrocidades
Núcleos de poboación cuxas actividades son principalmente agrarias, pero que polo seu tamaño poderían considerarse cidades.
Agricultura ecolóxica
Tipo de agricultura que prescinde de utilizar produtos químicos (fertilizantes, insecticidas, sementes modificadas, etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto ás condicións ambientais de cada área. A súa maior limitación é que se obteñen produtos máis custosos e, por tanto, de prezos algo superiores no mercado.
Área periurbana
Espazo de transición entre a cidade e o campo, no que se mesturan os usos do solo e as formas de vida de ambos os dous espazos (espazos agrarios mesturados con industrias, residencias).
Barbeito
Técnica tradicional de cultivo que consiste en deixar descansar a terra un determinado tempo. As terras de barbeito rotan coas cultivadas, permitindo recuperar a fertilidade do solo. O barbeito permite descansar a terra dun xeito natural, pero reduce a produción agrícola nas áreas afectadas. A distribución do barbeito ten maior incidencia en Castela-A Mancha e Aragón, e escasa incidencia no norte peninsular.
Cultivos transxénicos
Plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas á alteración dos seus xenes ou que reciben xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades: resistencia ás malas herbas, enfermidades e pragas, obter maior rendemento.
Denominación de orixe
Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir. Resulta cada vez máis frecuente en produtos agrarios (viños, aceites, carnes, legumes, queixos, doces, etc.).
Desagrarización
Proceso de redución do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.
Explotación intensiva
Forma de explotación agraria localizada sobre unha superficie reducida de terreo, que proporciona altos rendementos grazas aos elevados investimentos que recibe en traballo e no emprego de técnicas avanzadas.
Explotación extensiva
Forma de explotación agraria que require grandes extensións de terreo e proporciona baixos rendementos, debido aos escasos investimentos que recibe e ao emprego de técnicas tradicionais.
FEOGA
(Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria) encargouse ata outubro de 2006 de financiar os gastos da PAC. Desde o 2006 é substituído polo:
FEAGA
Financia intervencións destinadas a regular os mercados agrarios; axudas directas aos agricultores e gandeiros; promoción de produtos agrarios europeos e axudas á reestruturación e diversificación da produción.