Evolución Xeolóxica da Península Ibérica: Eras e Oroxéneses
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,69 KB
Introdución á Xeoloxía Peninsular
actual Galicia e do Sistema Central. Este macizo precámbrico foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozoicos.
A Era Primaria ou Paleozoico: Oroxénese Herciniana
Na Era Primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a Oroxénese Herciniana. Xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais silíceos como granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión durante esta era primaria e convertido en zócolo ou meseta. Ao nordés apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro e ao sueste, o Macizo Bético-Rifeño.
A Calma da Era Secundaria (225-68 millóns de anos)
A Era Secundaria (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. A sedimentación depositou materiais, fundamentalmente calcarios (calcarias e margas), en dúas zonas cubertas polo mar. No bordo oriental da Meseta, as transgresións mariñas depositaron unha cobertura non moi potente de sedimentos. Nas fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética, depositáronse, en cambio, enormes espesores de sedimentos.
A Era Terciaria e a Oroxénese Alpina
Durante a Era Terciaria (68-1,7 millóns de anos) tivo lugar a Oroxénese Alpina que provocou grandes cambios no relevo peninsular.
Levantáronse as cordilleiras alpinas, ao pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética. Así xurdiron os Pirineos e as Cordilleiras Béticas.
Formáronse as depresións prealpinas: a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir. Ambas estiveron inicialmente ocupadas polo mar e logo enchéronse con sedimentos.
A Meseta viuse afectada pola Oroxénese Alpina:
Pasou a inclinarse cara ao oeste. Con iso, boa parte dos ríos peninsulares orientáronse cara ao océano Atlántico.
Formáronse os rebordos montañosos orientais e meridionais da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais depositados polo mar na Era Secundaria, orixinando a parte oriental da Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta levantouse Serra Morena.
O zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas últimas orixinaron unha estrutura xermánica, constituída por bloques levantados ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o rebordo montañoso do norte da Meseta (o Macizo Galaico e a parte occidental da Cordilleira Cantábrica) e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo). Os bloques afundidos crearon as depresións interiores da Meseta (Submesetas Norte e Sur).
A Era Cuaternaria: Glaciarismo e Terrazas Fluviais
Na Era Cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) os fenómenos principais foron o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.