O Galego no Século XX: Evolución Lingüística e Contexto Sociolingüístico
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,01 KB
O galego no primeiro terzo do século XX: Características lingüísticas fundamentais, contexto histórico e situación sociolingüística.
A inmensa maioría da poboación residía no rural e non tiña acceso á educación. A lingua vehicular era o galego, mentres que o castelán era a lingua da escola, dos seminarios e da universidade. Nese tempo non había un modelo de escritura culta e é o período do galego enxebrista. Nos comezos do século XX, sofre modificacións dos séculos anteriores. No 1906 fundase a R.A.G. en América. Despois aparecen varias institucións, unha delas é a das Irmandades da Fala, no 1916, que dous anos despois aproban como obxectivos a pronunciación da lingua galega xunto co grupo Nós. Tamén houbo nacementos de diferentes editoriais, nas cales van desaparecendo as obras dos autores deste período. Todo este labor ten os seus momentos máis destacados na fundación do Partido Galeguista en Pontevedra.
O galego de 1936 a 1975: Características lingüísticas fundamentais, contexto histórico e situación sociolingüística.
Unha das primeiras consecuencias produciuse na normalización do uso do galego, mediante a represión dos principais representantes que ou ben foron axustizados ou se viron obrigados a exiliarse. Na sociedade galega prodúcese un empobrecemento da economía que obrigou a fortes procesos migratorios dos galegos do campo á cidade. Isto fixo perder falantes do galego a favor do castelán. Outros factores son a extensión da escolarización e os novos medios de comunicación. A partir da década dos 50 comeza a darse un lento proceso de uso do galego. A súa iniciativa foi a fundación da "Editorial Galaxia", que supón unha canle de libros en galego que dá a coñecer novos autores. Isto provoca unha nova norma para o idioma, xa que se esparexe a necesidade de eliminar arcaísmos e hiperenxebrismos no ámbito urbano. Empezan a crearse obras significativas e tamén dicionarios que carecen de rigor. A finais da década dos 70, entra nunha nova etapa para a lingua.
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: Características lingüísticas fundamentais, contexto histórico e situación sociolingüística.
Coa aprobación en 1978 da Constitución, o galego ten o seu recoñecemento legal. A Constitución recoñece a cooficialidade entre o galego e o castelán, fala do respecto e da protección da que deben gozar as linguas dentro do Estado. No Estatuto actual, os dereitos recollidos convértense nunha realidade: recoñécese a cooficialidade das linguas e os dereitos dos cidadáns, establécese a obriga do cumprimento da cooficialidade, o labor das institucións públicas e a non discriminación por cuestións lingüísticas. No ano 1983, o Parlamento estableceu a Lei de Normalización Lingüística, que establece os dereitos dos cidadáns ao uso do galego. É a única toponimia oficial a galega, a cooficialidade nas administracións lingüísticas, o uso da lingua tanto oral como escrita e a introdución do galego no ensino.