A poesía galega entre 1936 e 1976: evolución e autores
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,63 KB
A poesía galega entre 1936 e 1976
A poesía sufriu unha paralización despois da Guerra Civil. A primeira obra poética relevante publicada tras a contenda é Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño; a partir de aí comeza unha lenta recuperación da poesía e da literatura galega. Fúndanse as editoriais Monterrey e Bibliófilos Gallegos. En 1950 fúndase a Editorial Galaxia, arredor da cal se agrupará unha serie de autores relacionados co movemento galeguista previo á Guerra Civil. Esta editorial publicou importantes obras poéticas.
Un feito destacable na poesía da segunda metade do século XX é a convivencia de autores de diferentes idades e, polo tanto, de distintas experiencias vitais. As principais tendencias son herdadas da posguerra:
- Imaxinismo
- Neotrobadorismo
- Ruralismo
- Paisaxismo renovador
Destaca a figura de Luis Pimentel con Triscos e Sombra do aire na herba; as pegadas vangardistas son claramente perceptibles na súa obra, especialmente as de carácter surrealista e lirismo intimista.
A Xeración de 1936
Os autores desta xeración naceron entre 1910 e 1920. Destaca Aquilino Iglesia Alvariño, con obras de tema paisaxístico como Señardá e De día a día. Outros autores fundamentais son:
- Díaz Castro: Nimbos
- Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra e Viaxe ao país dos ananos
A Promoción de Enlace
Os poetas desta promoción eran moi novos durante a Guerra Civil e acceden á cultura nos anos corenta, nunha situación social e cultural penosa. Isto provoca que descoñezan a literatura galega, polo que a maioría comezan escribindo en castelán para, posteriormente, pasarse ao galego. Os principais autores son Antón Tovar, Luz Pozo e Manuel Cuña Novás.
A Xeración das Festas Minervais
Os autores deste grupo naceron entre 1930 e 1940. Reciben este nome porque a maioría participaron e foron premiados nas Festas Minervais da Universidade de Santiago. Algúns formaban o grupo Brais Pinto, que levou a cabo un importante activismo cultural e político. Destacan:
- Uxío Novoneyra: Os eidos
- Méndez Ferrín: Voce na néboa (Escola da Tebra)
- Manuel María: Muiñeiro de brétemas
- Bernardino Graña: Profecía do mar
- Xohana Torres