Fábulas de Fedro en galego: textos, moralejas e interpretación
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,55 KB
Actualizado el
Resumen
Este documento recolle varias fábulas atribuídas a Fedro, traducidas ao galego, cada unha con a súa moraleja ao final. Os textos tratan temas como a codicia, a falsa alianza cos poderosos, a inxustiza, a envexa, a hipocresía e o desperdicio de talentos. O estudante verá como cada relato ilustra unha lección moral breve.
Puntos clave
- Cada fábula narra un episodio breve con animais ou deuses e remata cunha moraleja.
- A fábula do can e a carne ensina que quen desexa o alleo perde o propio.
- A fábula da vaca, a cabra, a ovella e o león advirte de que non é de fiar a alianza cun poderoso.
- A fábula da raposa e as uvas critica a quen menosprezan con palabras o que non poden conseguir.
- A fábula do asno e a lira mostra que os talentos se pérdena sen formación.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Fedro: Fábulas
1, 4. O can que levaba carne polo río
Aquel que desexa o alleo, perde con xustiza o propio. Mentres un can cruzaba un río nadando cun anaco de carne, viu o seu reflexo no espello das augas e, pensando que era outra presa levada por outro can, quixo arrebatarlla. Pero a súa codicia viuse enganada: soltou o alimento que levaba na boca e non puido alcanzar o que buscaba.
1, 5. A vaca, a cabra, a ovella e o león
Nunca é de fiar a alianza cun poderoso; esta pequena fábula dá fe da miña afirmación. Unha vaca, unha cabra e unha ovella acostumada a sufrir inxustizas foron socias dun león nos bosques. Tras capturar un cervo de enorme corpo e repartilo en porcións, o león falou así: «Eu lévome a primeira porque me chamo león; a segunda dareina porque son forte; a terceira perténcenme porque vallo máis; e pobre daquel que ouse tocar a cuarta». Deste xeito, a pura maldade levou toda a presa ela soa.
1, 10. O lobo e a raposa ante o xuíz simio
Quen unha vez se fai coñecido por un fraude vergoñento, perde o crédito aínda que diga a verdade. Isto atestígua unha breve fábula de Esopo: o lobo acusaba á raposa de roubo, mentres ela negaba ter culpa ningunha. Entón o simio sentouse como xuíz entre eles e, tras escoitar as razóns de ambos, ditou sentenza: «Ti, lobo, non parece que perdras o que pides; e a ti, raposa, creo que roubaches o que tan ben negas».
2, 7. Os dous mulos e os ladróns
Ían dous mulos cargados con fardos: un levaba bolsas con diñeiro, o outro sacos inchados con moita cebada. Aquel que era rico pola súa carga camiñaba co pescozo erguido, presumindo e axitando un sonoro axóuxere; o seu compañeiro seguíao con paso tranquilo e pausado. De súpeto, uns ladróns saltan desde unha emboscada e, no medio da refrega, feren ao mulo do diñeiro, rouban as moedas e desprezan a vil cebada. Cando o mulo desposuído choraba a súa desgracia, o outro dixo: «Pola miña parte, alégrame ser desprezado, pois nada perdín nin fun ferido». Este argumento demostra que a pobreza é segura para os homes, mentres que as grandes riquezas están expostas ao perigo.
3, 17. As árbores baixo a protección dos deuses
Noutrora, os deuses elixiron as árbores que querían protexer. A aciñeira gustou a Xúpiter, o mirto a Venus, o loureiro a Febo, o piñeiro a Cibeles e o alto lamigueiro a Hércules. Minerva, admirada, preguntou por que elixían árbores estériles, ao que Xúpiter respondeu: «Para que non pareza que vendemos a honra polo froito». «Pero, por Hércules», dixo ela, «que cada un diga o que queira, que a oliveira nárranos que nos é máis grata polo seu froito». Entón o pai dos deuses dixo: «Filla miña, con razón te chaman sabia! Se o que facemos non é útil, a gloria é unha necidade». Esta fabuliña advírtenos que non debemos facer nada que non sexa proveitoso.
4, 3. A raposa e as uvas
Obrigada pola fame, unha raposa intentaba alcanzar unhas uvas nunha parra alta saltando con todas as súas forzas. Como non puido tocalas, dixo ao afastarse: «Aínda non están maduras; non quero comelas verdes». Quen menosprezan con palabras o que non poden facer, deberían aplicarse a si mesmos este exemplo.
4, 10. Os vicios dos homes
Xúpiter impúxonos dúas alforxas: púxonos ás costas a chea dos nosos propios vicios, e colgou ante o noso peito a pesada cos vicios alleos. Por esta razón non podemos ver os nosos propios males; pero en canto outros fallan, somos os seus censores.
4, 20. A serpe. A misericordia nociva
Quen presta axuda aos malvados arrepíntese co tempo. Un home recolleu unha cobra entumecida polo frío e abrigouna no seu colo; pero en canto esta se recuperou, matou ao home ao instante. Cando outra serpe lle preguntou o porqué, respondeu: «Para que ninguén aprenda a favorecer aos malvados».
5, 6. O calvo e outro igualmente falto de pelo
Un calvo atopou por azar un peite nun cruzamento de camiños e achegouse outro igualmente calvo pedindo repartir a ganancia. Aquel amosoulle o achado e engadiu: «Os deuses favorecéronnos, pero por un destino envexoso atopamos carbón en lugar dun tesouro». A quen a esperanza enganou, convénlle esta queixa.
Apéndice 12. O asno ante a lira
Un asno viu unha lira tirada nun prado; achegouse e probou as cordas coa pezuña, as cales soaron. «Fermosa cousa», dixo, «pero saíu mal porque descoñezo esta arte. Se alguén máis sabio a atopara, deleitaría os oídos con cantos divinos». Así, a miúdo, os talentos pérdense pola desgraza.
Preguntas frecuentes
Que ensina a fábula do can que levaba carne polo río?
Ensina que quen desexa o que pertence a outro perde con xustiza o que xa tiña. O can soltou a carne que levaba na boca para arrebatar o reflexo que tomou por outra presa.
Que moraleja ten a fábula da raposa e as uvas?
Quen menosprezan con palabras o que non poden conseguir deberían aplicarse este exemplo. A raposa dixo que as uvas non estaban maduras cando en realidade non as alcanzaba.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.