Variedades diatópicas do galego: fonética, morfoloxía, léxico e sintaxe
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 10,82 KB
Variedades diatópicas do galego
As diferenzas entre as variedades lingüísticas clasificaranse en catro grupos:
Fonética
- A evolución das vogais nos grupos latinos -ult, -ulc, -oct e -ori dá oi no galego estándar e ui no occidente coruñés.
- O seseo é a insistencia do son "c" e a súa pronuncia como /s/, propia do occidente coruñés e pontevedrés.
- A gheada consiste na pronunciación do g coma unha aspirada, xeralmente farínxea /h/. Dáse no galego occidental e en boa parte do central.
Morfoloxía
- A perda do -n- intervocálico: -anes, -ones (cans → galego occidental; cas → central; cais/caes → oriental).
- A evolución das terminacións latinas -anum, -anos, -anam, -anas: -án ou -áns no occidental; -ao, -á, -aos, ás no central e oriental.
- Os demostrativos presentan tres paradigmas: este, esta, esto (iste, esta, esto → maior parte de Ourense e sur de Lugo); este, esta, isto (nordeste da Coruña e sur de Pontevedra).
- Pronome suxeito da 2ª persoa de singular: ti (occidental e parte do central); tu (no resto do territorio).
- A terminación verbal -des (andades, andabades): -is (galego oriental e baixo Miño); -s (occidente coruñés); -ndes (sur ourensán e sudoeste pontevedrés).
- No pretérito hai variantes para a 2ª e 3ª persoa de singular: colleches, colleste (galego occidental); colliche (galego oriental e central); colliu (occidente coruñés); colleu (Lugo, A Coruña e Pontevedra).
- Na 1ª persoa de singular deste mesmo tempo, na primeira conxugación, fronte ao ditongo decrecente do galego estándar, algunhas áreas occidentais presentan unha solución con vogal máis nasal (levén, leví → levei; cantén, cantín → cantei).
Léxico
- Mirar: úsase como ver e mirar no centro e sur de Pontevedra.
- Cheirar: con significado neutro en Fisterra, A Guarda e no sur de Galicia.
Sintaxe
- Chísmo: emprego do pronome che para obxecto directo e indirecto (no occidente da Coruña).
- Teísmo: uso do pronome te tanto para acusativo como para dativo (baixo Miño, falas do leste de Ourense e nas Portelas de Zamora).
Bloque occidental
Abrangue o occidente da Coruña e de Pontevedra e ofrece un carácter innovador canto á fonética. A isoglosa que o diferencia do bloque central é cans/cas.
Trazos característicos
- Gheada
- Seseo implosivo
- Terminación -án
- Plural -ns
- Pronome ti
- Forma colleches para o perfecto
Distínguense tres áreas:
Área Fisterrá
- Seseo explosivo
- Chéísmo, en dúas zonas:
- Zona do Xallas: ditongo ui; vogal temática i na 3ª persoa dos perfectos (colliu, partiu).
- Zona do Tambre-Barbanza: emprégase oi; vogal temática e (colleu, parteu).
Área Bergantiñá
- Ditongo oi (moito)
- Vogal temática i (colliu)
Área pontevedresa
- Ausencia de chéísmo. Dúas zonas:
- Subárea Ulla-Umia: ditongo oi (moito); paradigma de deícticos este, esta, esto; vogal temática e na 3ª persoa dos perfectos (colleu, parteu).
- Macrosubárea Verdugo-Miño: ditongos ui (muito) e oi (noite); paradigma de deícticos este, esta, isto; distinción de vogal temática na 3ª persoa dos perfectos (colleu, partiu).
Bloque central
Abrangue toda Galicia central: boa parte das provincias de Lugo e de Ourense e a franxa interior das de Pontevedra e A Coruña. As isoglosas que o delimitan son can/cas co occidental e cas/cais co oriental.
Trazos característicos
- Ditongo oi (moito, loita, troita, coiro)
- Terminación -ao(s), -á(s) maioritaria: o(s) irmao(s)
- Plural cas, ladrós, xardís
Distínguense dúas áreas e unha de transición:
Área mindoniense
- Pronomes nosoutros e vosoutros
- 3ª persoa dos perfectos na 2ª e 3ª conxugación: vogal temática e (colleu, parteu)
- Desprazamento acentual nas formas verbais (cantábamos, cantábades, cantáramos, cantárades)
Área lucu-auriense
- Paradigma de deícticos iste, esta, esto
- Pronome suxeito de 3ª persoa il
- Oposición na vogal temática da 3ª persoa dos perfectos (coleu, partiu)
- Acentuación etimolóxica en cantabamos, cantaramos
Bloque oriental
Inclúe o leste das provincias de Lugo e Ourense e tamén zonas de Asturias, León e Zamora. É o máis conservador e está separado das falas asturianas e leonesas pola isoglosa relativa á ditongación ou non ditongación das vogais tónicas breves latinas (pedra, roda / piedra, rueda).
Trazos característicos
- Conservación do u en cuatro, cuando, guardar
- Terminación -ín no canto de -iño
- Plural en -is para as polisílabas agudas rematadas en -l no singular (animais, caracois), agás no galego de Asturias (animales, caracoles)
- Plurais cais, ladrois, xardís para os rematados en -n no singular
Distínguense catro áreas:
Área asturiana
- Mantén o -l- intervocálico latino (avolo, molin, animales)
- Posesivos meu(s), tou(s), sou(s), mía(s), tua(s), sua(s)
- Terminación -ius, -ias (veciu, vecias)
- Artigo el, a, l' (el molin, l'avolo)
- Oposición singular/plural no pronome lle, les, llo, llelo
Área ancaresa (Ancares leoneses)
- Gheada
- Vogais nasalizadas (cadëa)
- Palatalización do a tónico (irmä)
- Chéísmo
- Demostrativos estos, esos, aquelos
- Confusión nos ditongos oi e ui (noite, noute)
- Ausencia de ditongo en muto, truta
- Terminación -iño
- Pronome persoal lle-le para singular e plural
- Teísmo
Área oriental central
- Presenta as características xerais do bloque.
Préstamos
Son os vocábulos procedentes dunha lingua que se incorporan a outras linguas. A incorporación dun préstamo pode efectuarse de tres xeitos:
- Aceptación do vocábulo da lingua doadora sen adaptar (estranxerismo):
- Do inglés: bit, spray
- Do francés: suite, argot
- Do italiano: allegro, graffiti
- Do xaponés: karaoke, karate
- Do castelán: bocadillo, tortilla
- Do ruso: soviet, vodka
- Tradución do termo da lingua doadora (calco): weekend (inglés), à la carte (francés).
- Adaptación fonética, gráfica ou morfolóxica:
- Do inglés: fútbol, xampú
- Do francés: carné, fular
- Do italiano: esvelto, gueto
- Do alemán: hínterland, kaiser
Hai dous tipos de préstamos:
- Préstamos aceptables ou necesarios: cando ocupan un espazo que aínda non estaba cuberto por ningún termo.
- Préstamos superfluos ou innecesarios (interferencias): cando se impón un termo doutra lingua pese a existir xa un vocábulo para nomear esa realidade.
Antroponimia
Ocúpase do estudo dos nomes de persoa.
Orixe dos nomes
- Celta: Dubra (río, augas); Breogán (nome dun mítico líder celta da Gallaecia); Sarela (diminutivo de sr, "auga").
- Hebrea ou da tradición bíblica: Belén (casa do pan); David (amado); Rebeca (vínculo); Sara (princesa).
- Grega: Antía (flor); Ines (pura); Esmeralda (pedra preciosa).
- Latina: Diana (deusa da caza); Pedro (pedra); Silvia (do bosque).
- Xermánica: Adolfo (nobre + lobo); Carlos (home libre); Elvira (lanza + amigable).
Hipocorísticos
Formas abreviadas ou afectivas: Pepe, Peaco (de Catarina), Sandra (de Alexandra), Sonia (de Sofía).
Apelidos
- Patronímicos: proceden dun nome de persoa e tiñan o significado de "fillo de" (Pérez, Fernández, Vázquez).
- Toponímicos: derivados dun nome de lugar (Areal, Canido, Insua).
- Cognomes: en orixe eran nomes comúns usados como alcumes (Moreno, Delgado, Grande).
Toponimia
É a disciplina lingüística que estuda os nomes de lugar. Xunto coa antroponimia, constitúe a onomástica.
Clasificación segundo a procedencia léxica
- Formados xa en época prerromana.
- Formados en época latino-románica (inclúe a xermánica e a árabe).
Clasificación segundo o criterio semántico
- Orotopónimos (orografía ou constitución do terreo): Pedreira (pedra); A Pena (onde abunda a lousa); Arousa (onde hai area).
- Hidrotopónimos (hidrografía, auga): Caldelas (augas quentes); Agolada (auga canalizada); Esteiro (estuario).
- Fitotopónimos (flora): Canedo (cana); Reboredo (carballo); Carballeira.
- Zootopónimos (fauna): Lobeira, Ôseira, Corval.
- Antrotopónimos (nomes de persoa): Moeche, Vilapedre, Portomarín.
- Haxiotopónimos (relixión e nomes de santos): Igrexa, Seoane, Santalla.
- Vías de comunicación: A Estrada, Portela, A Ponte.
- Formas de asentamento humano, tipos de núcleos de poboación, fórmulas de propiedade, edificacións e establecementos industriais: Vilela, Pazo, Torre.