Nova Narrativa Galega: contexto, características e autores
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,73 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta a Nova Narrativa Galega, movemento de autores que, desde 1954, buscou romper coa narrativa tradicional en galego. Explica os factores sociolóxicos e socioliterarios que o orixinaron, as súas características narrativas e temáticas, e os autores máis destacados. Inclúe tamén un apartado sobre os prexuízos lingüísticos, distinguindo os vellos dos novos.
Puntos clave
- A Nova Narrativa Galega comprende autores que publican a partir de 1954 e buscan a ruptura e a innovación.
- Os autores eran novos, de clase media-baixa e con formación universitaria, e moitos emigraron a Francia e Inglaterra.
- As Festas Minervais, retomadas en 1953, deron proxección pública a estes autores.
- Características principais: personaxes marxinais, obxectalismo, ausencia de lóxica temporal, multiperspectivismo e monólogo interior.
- Temática recorrente: entomoloxía, sexualidade animalizada, pesimismo existencial, violencia e predominio do subconsciente.
- Un prexuízo lingüístico é un xuízo de valor sobre unha lingua ou os seus falantes sen base obxectiva; distínguense vellos prexuízos (estéticos, socioeconómicos, socioculturais) e novos prexuízos (ideolóxicos, sobre a competencia, sobre a variedade estándar, entre outros).
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Nova Narrativa Galega (NNG)
A Nova Narrativa Galega comprende a serie de autores que publican a partir de 1954 e se caracterizan por unha declarada voluntade de ruptura e innovación da narrativa en galego.
Factores sociolóxicos
Tratábase de autores e autoras novos, de clase social media-baixa, que recibiron unha formación universitaria. Emprenderon viaxes fóra de España para buscar o que non atopaban aquí, pois a universidade era un reduto do réxime franquista. Os principais destinos foron Francia e Inglaterra.
Factores socioliterarios
Coincidiron nos certames das Festas Minervais, retomados en 1953, e obtiveron neles proxección pública. Buscaron referentes nas literaturas europea e norteamericana.
Características da NNG
- Personaxes: Presenza de personaxes anónimos, persoas marxinais e desequilibradas.
- Obxectalismo: Cousificación dos individuos; visión crítica do capitalismo que reduce o ser humano a máquinas.
- Tempo: Ausencia ou ralentización da lóxica temporal dos acontecementos.
- Técnicas narrativas: Ruptura coas formas tradicionais mediante o multiperspectivismo, a técnica do ollo cinematográfico e o monólogo interior ou fluír da conciencia.
- Espazos: Creación de contornos inquietantes que producen angustia.
- Temática: Entomoloxía (mundo dos bichos), sexualidade animalizada, pesimismo existencial, violencia e predominio do subconsciente (pesadelos, traumas, soños).
Autores destacados
- Xosé Luis Méndez Ferrín: Inicia a súa traxectoria con relatos marcados pola urxencia e a fantasía. Destaca a obra Os Corpos.
- María Xosé Queizán: Aborda todos os xéneros e destaca polo seu pensamento feminista. Obra clave: Orelia no buraco.
- Xohana Torres: Poeta, dramaturga e narradora. Temas principais: emigración, situación da muller e crítica social.
- Carlos Casares: Autor de obras como Vento ferido e Cambio en tres.
- Ursula Mila: Autora de Cartas a Xelo e Aqueles anos do Mancho.
Prexuízos Lingüísticos
Un prexuízo é unha idea preconcibida que ten a súa orixe nun erro ao categorizar a realidade. Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor emitidos sobre unha lingua ou os seus falantes sen base obxectiva.
Vellos prexuízos
- Estéticos: Referentes á presunta eufonía ou cacofonía (ex: "o galego é unha lingua bruta").
- Socioeconómicos: Relacionados co nivel económico (ex: "o galego é unha lingua de pobres").
- Socioculturais: Asociados ao rural e á falta de cultura.
Novos prexuízos
- Ideolóxicos: Relacionan o galego con ideoloxías políticas radicais.
- Sobre a competencia: Desconfianza nas capacidades lingüísticas propias.
- Sobre a variedade estándar: Rexeitamento da norma culta.
- Sobre a imposición: Inversión entre quen discrimina e quen é discriminado.
- Sobre o perfil dos falantes: Rexeitamento de perfís que non sexan o tradicional.
Conclusión: Os prexuízos empobrecen a nosa visión da realidade. A diversidade lingüística é un valor común que debemos protexer.
Preguntas frecuentes
Cando comeza a Nova Narrativa Galega?
Segundo o texto, a Nova Narrativa Galega comprende a serie de autores que publican a partir de 1954. Caracterízase pola súa voluntade de ruptura e innovación.
Que autores destacados se mencionan?
O texto cita a Xosé Luis Méndez Ferrín (obra Os Corpos), María Xosé Queizán (Orelia no buraco), Xohana Torres, Carlos Casares (Vento ferido e Cambio en tres) e Ursula Mila (Cartas a Xelo e Aqueles anos do Mancho).
Que é un prexuízo lingüístico?
Un prexuízo lingüístico é un xuízo de valor emitido sobre unha lingua ou os seus falantes sen base obxectiva. Ten a súa orixe nun erro ao categorizar a realidade.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.