As Cantigas Medievais Galegas: Amor, Amigo e Escarnio

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,11 KB

Cantigas de amor

Xénero lírico onde a voz poética masculina (o trobador) expresa os seus sentimentos amorosos por unha dona (a senhor). O principal marcador xenérico desta cantiga é a invocación da senhor, co cal se referían ás súas damas.

O amor cortés

O amor cortés é unha filosofía nacida nas cortes do provençal onde a súa característica principal é a idealización absoluta do amor como fundamento da plenitude humana.

Características do amor cortés

  • A muller aristocrática asume o papel de señor feudal (mia senhor).
  • O trobador asume o papel de vasalo.
  • Aínda que na poesía provençal a muller tiña que estar casada, na cantiga de amor podía estar solteira.

Diferenzas coa cançó provençal

  • Na cançó, o amor é igual á alegría, mentres que na cantiga de amor é o sufrimento.
  • Na cantiga de amor apenas se fai referencia á natureza, mentres que na outra si.
  • Na cantiga de amor non existe o drudo (amante correspondido).
  • O trobador designa a dama cun senhal (pseudónimo).
  • A senhor das cantigas de amor é idealizada e abstracta.
  • A cantiga de amor é menos abstracta.

Personaxes

  • A muller: É unha muller idealizada, descrita como fermosa e bondadosa.
  • O namorado: Vive nun estado de sufrimento (coita) ao non obter recompensa, o que o pode levar á loucura ou á morte.

Temas principais

  • O eloxio da dama.
  • A declaración do amor do trobador.
  • A reserva da dama.
  • A coita de amor (sufrimento).

Características estruturais

O número de estrofas é variable, con versos por estrofa que oscilan entre dous e oito.

  • Se ten refrán, é unha cantiga de refrán.
  • Se non o ten, é unha cantiga de mestría.
  • A cantiga pode conter un verso final chamado finda, que completa ou reafirma o seu sentido.
  • Se o verso remata en sílaba grave, a rima é femia; se remata en aguda, é macho.

Tipos de rima

  • Unisonantes: abba, abba, abba...
  • Singulares: abbacc, deedcc, fggfcc...
  • Dobras: abbccd, abbccd, effgge, eggffe...
  • Alternas: aaB, ccB, aaB, ccB...

Cantigas de amigo

Xénero poético froito da fusión de elementos cultos coa tradición popular.

Características

  • A voz poética é feminina, a pesar de que estaban compostas por homes.
  • A palabra "amigo" adoita aparecer nos primeiros versos.
  • A localización topográfica é breve e imprecisa.
  • Uso de símbolos naturais como o cervo, a auga, etc.
  • Representación de pequenas escenas da vida cotiá.
  • Presenza de elementos repetitivos (paralelismo).

Temas

O tema principal é o amor desgraciado ou non correspondido desde a perspectiva feminina.

Personaxes

  • A muller namorada (amiga): É a protagonista.
  • O amigo: Fálase del, pero apenas participa na acción.
  • A nai: Pode ser confidente, protectora, etc.
  • A amiga confidente: Pode dar recados, ser conselleira, etc.

Tipos de cantigas de amigo

  • Mariñas ou barcarolas: Cantigas con escenario no mar ou nun río.
  • De romaría ou santuario: Fan referencia a unha romaría ou peregrinación a zonas relixiosas.
  • Bailadas: Faise referencia a unha danza ou baile.
  • Albas: Presentan a separación dos amantes ao amencer.

Símbolos

  • Árbores: Simbolizan o lugar ideal para o encontro dos namorados.
  • Auga: Representa a pureza e a virxindade.
  • Cabelo: O pelo solto significa solteira; o pelo recollido, casada.
  • Cervo: É unha representación do amigo.
  • Doas: Son os regalos intercambiados polos namorados.
  • Fonte: Simboliza o principio do amor e da vida.

Recursos formais

  • Paralelismo: Reitera estruturas sintácticas e semánticas.
    • Paralelismo literal: Repetición case completa ou completa dun verso.
    • Paralelismo estrutural: Repítense as estruturas pero non as palabras.
    • Paralelismo semántico: Unha idea da primeira cobra repítese no resto pero con diferentes palabras.
  • Leixaprén: Consiste en repetir o segundo verso da primeira cobra como primeiro da terceira.

Cantigas de escarnio e maldicir

Constitúen un xénero satírico que ten como precedente o sirventés provençal, unha composición que abordaba temas morais, políticos ou filosóficos e que tiña a mesma forma que a cançó. As cantigas satíricas galegas teñen unha tonalidade menos seria e buscan o ataque persoal, a ridiculización e a degradación.

Tipos

  • Cantigas de escarnio: Critican de forma indirecta, mediante xogos de palabras ou outros procedementos.
  • Cantigas de maldicir: Critican directamente, chamando ás cousas polo seu nome.

Clasificación temática

  • Sátira política: Úsanse para defender ou atacar posicións políticas.
  • Sátira social, persoal e de costumes: Criticábase a nobreza, o estamento eclesiástico, grupos sociais, etc.
  • Sátira literaria: Cantigas con motivo da propia literatura e os seus autores.
  • Sátira moral: Usan tópicos onde se mostra a decadencia das vítimas ou a corrupción social.

Estilo

  • Uso do equívoco, un xogo co dobre sentido das palabras que adoitaba ter connotacións sexuais.
  • Uso da ironía.
  • Uso do símil degradante.
  • Uso de recursos como o refrán, a cobra ou o paralelismo.

Cantigas de Santa María

A autoría destas cantigas atribúese a Afonso X o Sabio, que foi un gran poeta en lingua galega na Idade Media. A intención política destas cantigas era desviar a atención relixiosa de Santiago Apóstolo a Toledo, onde estaban as cortes.

Consérvanse catro códices destas cantigas: o Códice de Toledo (en Madrid), dous códices no mosteiro do Escorial e un en Florencia.

Tipos

  • Narrativas: Son a maioría e relatan milagres atribuídos á Virxe, cunha intención didáctica. Contan coas seguintes partes: a "razón" (que resume o contido), un refrán e as estrofas.
  • Líricas (ou de loor): Loan as calidades da Virxe en termos moi similares a como os trobadores facían coas damas nas cantigas de amor.