Dicionario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos en Galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,12 KB
Dicionario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos
Aluvión
Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanente por unha corrente de auga. Acumúlase nas chairas inundables e nos deltas.
Esteiro
Desembocadura dun río en forma de embude ensanchado na que as interaccións entre a auga doce e a do mar son notables. É a parte máis ancha e profunda do tramo final dos ríos.
Foz
Val estreito e profundo, limitado por paredes abruptas case verticais. Estas formacións son provocadas pola erosión fluvial sobre terreos calcarios. Denomínanse gargantas ou canóns.
Litosfera
Capa ríxida fragmentada en diversas placas que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, semiviscosa, a astenosfera. Está formada pola codia e unha parte do manto.
Meseta
Superficie chá ou levemente ondulada elevada con respecto ao nivel do mar. Os seus rebordes poden ser montañosos.
Ría
Brazo alongado de mar que penetra no continente e que está sometido á acción das mareas. Trátase da parte final dun val fluvial que foi inundada polo mar, ben polo afundimento da costa ou pola elevación do nivel do mar.
Tectónica de Placas
Teoría científica, proposta por Alfred Wegener, que establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído. Dado que se desprazan, provocan a deriva continental, que consiste na separación das masas continentais. Estas interaccionan unhas con outras ao longo das súas fronteiras ou límites, provocando intensas deformacións na codia e litosfera da Terra, o que dá lugar a grandes cadeas montañosas. O contacto por fricción entre os límites das placas é responsable da maior parte dos terremotos.
Aridez
Insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. Depende da relación que hai entre a precipitación e a temperatura.
Barlovento
Aba dun relevo montañoso que, pola súa orientación respecto ao vento dominante, queda exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de sotavento, polo contrario, queda resgardada e exposta ao fluxo descendente.
Inversión Térmica
Incremento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente adiabático normal. Pode darse a nivel do solo ou en altura. No nivel do solo é resultado da irradiación nocturna con aire en calma e ceo despexado nunha situación anticiclónica invernal. Provoca inestabilidade e bloquea toda ascendencia, polo que poden aumentar os niveis de contaminación.
Isóbara
Liñas que nun mapa meteorolóxico unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica. O conxunto de todas elas configura os cambios de presión.
Isohieta
Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa do tempo no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas.
Umbría
Parte dun terreo na que case sempre fai sombra, por estar exposta ao norte, no noso hemisferio.