Cantigas de escarnio e maldecir: Guía completa de la poesía satírica medieval gallega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,23 KB

Cantigas de escarnio e maldecir

As Cantigas de escarnio e maldecir son poemas satíricos e burlescos onde os trobadores, a través da ironía, do sarcasmo ou da burla, critican a sociedade, sen facer distinción de clase social ou de profesión.

  • Cantigas de escarnio: critícase algo ou alguén de forma encuberta e irónica, con dobres sentidos.
  • Cantigas de maldecir: a burla fáise mediante unha linguaxe directa e explícita.

Clasificación segundo o tema

Segundo o tema, as cantigas poden ser satíricas (sociais, políticas, sexuais, literarias ou morais).

Cantigas de Santa Maria

As Cantigas de Santa Maria son 427 composicións cuxo obxectivo é loar a Virxe María. Estas cantigas poden clasificarse en líricas (ou de loor) e narrativas (ou de milagres).

Xéneros menores

Os xéneros menores son un grupo reducido de textos que non se corresponden cos tres grandes xéneros. Pódense clasificar en pastorelas, tenzóns e prantos.

Prosa medieval en lingua galego-portuguesa

Na Idade Media tamén se produciron textos narrativos en lingua galego-portuguesa, basicamente durante dous períodos:

  • Prosa galego-portuguesa (séculos XIII-XV): novelas cabaleirescas de tema artúrico.
  • Prosa galega (finais do século XIV-XV): obras sobre a guerra de Troia, sobre os milagres de Santiago e libros de historia.

Substitución lingüística

Prodúcese substitución lingüística cando unha lingua en expansión se introduce nas funcións e espazos de uso reservados historicamente a outra (lingua minorizada).

Nun proceso de substitución lingüística estamos ante unha situación de conflito lingüístico ou desequilibrio social entre as linguas en contacto, de xeito que unha delas goza de maior prestixio que a outra.

Causas da distinta valoración social das linguas

  • O poder económico e social dos seus grupos de falantes.
  • As presións institucionais ou o apoio do goberno a unha das linguas en detrimento da outra ou outras.

Séculos Escuros (XVI-XVII)

Os Séculos Escuros (XVI-XVII) foron un longo período no que non houbo produción literaria en galego propiamente dita, debido a acontecementos como a lingua da administración e do ensino.

Século XVIII: a Ilustración

No século XVIII, durante a Ilustración, pretendeuse unha mellora integral da sociedade galega, destacando o Padre Feijoo e o Padre Sarmiento.

Prerrexurdimento (1808-1863)

Nunha primeira época, o Prerrexurdimento (1808-1863) caracterizouse por textos en prosa de carácter propagandístico e textos literarios de circunstancias.