Literatura Galega: Séculos Escuros, Rexurdimento, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Manuel Pondal

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,02 KB

Séculos Escuros: é a etapa caracterizada polo silencio do galego entre os séculos XV e XVIII, debido a que deixou de haber unha práctica literaria significativa en galego.

Causas dos Séculos Escuros

Galicia comezou a depender da Coroa de Castela, que impuxo o castelán como lingua da administración, da Igrexa e do sistema educativo.

Ilustración

Movemento cultural do século XVIII que defende o uso da razón e da ciencia para combater as lendas e as supersticións do pobo.

Rexurdimento

Época de principios do século XIX, na que se comeza a escribir de novo a literatura en galego. Os que crearon, e mais ben recuperaron, a literatura galega pensaban que eran os primeiros en coñecela.

Rosalía de Castro

Autora máis importante das nosas letras. A súa obra consolida a recuperación da nosa literatura e a moderniza de xeito que incorpora os movementos literarios europeos do momento.

Cantares Gallegos (1863)

Foi a primeira obra escrita completamente en galego. Inspirouse no libro Los Cantares (1852). Compóñese dun prólogo, no que Rosalía reivindica o galego, e de 36 poemas escritos a partir de cantigas de tipo popular.

Temáticas

  • Descricións de tipos e costumes.
  • Denuncia das inxustizas sociais.
  • Poemas de temática amorosa e intimista.

Destacan a claridade na expresión e o uso frecuente dos recursos de repetición.

Follas Novas

Inícianse cun prólogo en prosa e está composta por 137 poemas organizados en 5 libros.

Temática

  • Poesía subxectiva: reflexiona sobre a escrita feminina, a saudade, a propia existencia e as súas vivencias íntimas.
  • Poesía obxectiva: de carácter social e costumista, que expresa solidariedade cos oprimidos, en especial coa situación da muller.

Resulta un libro innovador pola gran liberdade e complexidade métrica.

Manuel Pondal

Bardismo

Pondal considerábase o bardo do pobo galego.

Celtismo

Pondal creou un pasado glorioso para o pobo galego, cheo de heroes como Breogán.

Helenismo

Na produción de Pondal predomina unha poesía de carácter épico. Pondal escribiu tamén poemas líricos, de carácter intimista, nos que aparece o sentimento amoroso e personaxes populares.

Queixumes dos Pinos

Reivindicación do noso glorioso pasado celta, loita pola dignidade, defensa da lingua galega e figura do poeta-bardo, moitas veces incomprendido polo seu pobo.

Os Eoas

Nos Eoas, Pondal tentou escribir a epopea do descubrimento de América, centrándose na figura de Colón. Xunto coa épica clásica greco-latina, nesta obra apréciase a influencia do poeta portugués Luís de Camões.

Ramón Cabanillas y Curros Enríquez

Curros Enríquez

É o impulsor do poema de Pondal Os Pinos, coa mística de Pascual Vega para o home galego.

Aires da miña terra (1880)

Publicouse en 1880 e consagra definitivamente ao seu autor como poeta. Foi un dos libros máis populares do Rexurdimento. As liñas fundamentais son a defensa do progreso, a denuncia da inxustiza e o abuso de poder, o ataque ao fanatismo relixioso e o anticlericalismo.

Temática

  • Poemas sociais e cívicos: defenden o seu pensamento progresista, a vez que critican algunhas chagas da sociedade.
  • Poemas intimistas: reflicten aspectos da súa vida persoal.
  • Poemas costumistas: tradicións ou costumes da nosa terra.

O divino Sainete (1888)

É un poema narrativo de tipo satírico no que o autor parodia a Divina Comedia de Dante. Composto por 512 tríadas de versos octosílabos con rima consoante. O autor critica os seus inimigos persoais, as institucións e a sociedade. Defende decididamente o Rexurdimento e reivindica a lingua e a literatura galega.