Cantigas de amor: características e diferenzas coa cançó
CANTIGAS DE AMOR
Características
A voz poética é masculina. Presenta características propias do Amor Cortés. A amada está
+idealizada (sempre é unha dona perfecta física e moralmente). O amor é un amor-vasalaxe e amor-servizo. Pode haber referencias a prendas ou “doas” como sinal amoroso.
O poeta debe respectar a “mesura”, non dando datos que identifiquen a amada. Polo xeral é un amor adúltero, polo que o trobador substitúe o nome da amada por un ficticio (senhal
).
Os elementos temáticos máis comúns son a “coita de amor” (que pode conducir á “morte por amor”, -Amada-inimiga) e a loanza da “Senhor”. O proceso amoroso vívese como ascese purificadora.
O amor cortés
É un xeito de entender o amor que naceu a partir...