Funcións sociais, conflito e diglosia da lingua galega
1. Funcións sociais da lingua
A función básica da lingua é a de servir de medio de comunicación entre os membros dunha comunidade, concretándose nos distintos ámbitos da vida:
- Función de identidade: vehículo e articulación do pensamento.
- Función familiar: medio de relación do núcleo familiar.
- Función laboral: mundo do traballo.
- Función local: persoas do mesmo contorno social ou xeográfico.
- Función institucional: medio de comunicación entre os individuos e as instancias políticas, administrativas e xudiciais.
- Función cultural: medio de expresión das artes e das ciencias.
- Función internacional: relación co resto do mundo.
Canantas máis funcións cumpra, maior prestixio terá; canantas menos poida desempeñar, poderá desaparecer....