Funcións sociais, conflito e diglosia da lingua galega
1. Funcións sociais da lingua
A función básica da lingua é a de servir de medio de comunicación entre os membros dunha comunidade, concretándose nos distintos ámbitos da vida:
- Función de identidade: vehículo e articulación do pensamento.
- Función familiar: medio de relación do núcleo familiar.
- Función laboral: mundo do traballo.
- Función local: persoas do mesmo contorno social ou xeográfico.
- Función institucional: medio de comunicación entre os individuos e as instancias políticas, administrativas e xudiciais.
- Función cultural: medio de expresión das artes e das ciencias.
- Función internacional: relación co resto do mundo.
Canantas máis funcións cumpra, maior prestixio terá; canantas menos poida desempeñar, poderá desaparecer.
Conflito e diglosia
Conflito lingüístico: rivalidade que se dá entre dúas linguas que compiten polos mesmos usos e funcións nun determinado territorio, en territorios de linguas en contacto.
Bilingüismo social: dúas linguas que se falan nun territorio en igualdade absoluta, aínda que isto acaba derivando nunha diglosia: unha lingua para o uso familiar e outra para situacións máis relevantes.
Prexuízos lingüísticos
- O galego é unha lingua pobre.
- O galego é unha lingua de aldeáns.
- O galego é unha lingua de vellos.
- Non ten utilidade fóra de Galicia.
- Non serve para o progreso.
- É un idioma imposto.
- É un idioma inventado.
- Os galegofalantes son ignorantes e de miras pechadas.
- Os galegofalantes pertencen a grupos políticos extremistas.
- Falar galego non é moderno.
2. Historia da normativización
2.1. Galego popularizante (1810-1880)
Desenvólvese co Rexurdimento. Os escritores, con escasa cultura gramatical e descoñecendo a literatura medieval, usan como base o galego oral.
2.2. Galego enxebrizante (1880-1936)
Créase unha conciencia estandarizadora que cobra máis corpo coa aparición das Irmandades da Fala (1916) e o traballo do Seminario de Estudos Galegos (1923). Búscase a diferenciación do catalán e aproxímase ao portugués.
2.3. Galego protoestándar (1936-1980)
Vai crecendo a preocupación por crear un estándar lingüístico único e coherente para a normalización do galego. Esta etapa caracterízase pola simplificación ortográfica e o predominio da tendencia purista fronte ao fluxo foráneo.
2.4. Galego estándar (1980-actualidade)
Coa súa oficialización, o galego pasa a ser obxecto de estudo científico por persoas e institucións. Como obxectivo, crear unha norma supradialectal, fiel á lingua oral, coherente coa historia e coa actualidade e harmónica coas linguas do contorno.
Dúas opcións normativizadoras
- Liña isolacionista: tiña como referencia o castelán por primar aspectos prácticos, de urxencia e uniformización, que resultasen pouco problemáticos para a poboación.
- Liña lusista: pretendía devolver o galego ao seu tronco lingüístico histórico, tendo como referente culto o portugués.
Posteriormente apareceu unha terceira liña, chamada de mínimos, que pretendía achegar as dúas posturas.
En 1982 a Xunta de Galicia sancionou como oficial a primeira das opcións a través das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
3. Interferencias e desviacións da lingua
A presenza de dúas linguas no mesmo territorio produce entre elas interferencias lingüísticas. Na relación galego-castelán atopamos o castrapo e o agalegado.
Desviacións da norma estándar
- Vulgarismos: realizacións pouco coidadosas que afectan ao vocalismo e ao consonantismo.
- Dialectalismos: usos lingüísticos propios de cada zona xeográfica que son aceptados na oralidade pero non na escrita.
- Hipergaleguismos: vocábulos creados artificialmente sobre palabras galegas para evitar a súa coincidencia con palabras castelás.
- Arcaísmos: palabras que existiron antigamente e se recuperan de forma artificial e innecesaria.
- Estranxeirismos: son positivos cando se utilizan para denominar algo que non ten nome no noso idioma, e negativos cando se utilizan substituíndo unha palabra do propio idioma.
En xeral, as influencias da lingua A sobre a B considéranse positivas; ao contrario, considéranse negativas.