Prosa e teatro galego de finais do século XX e comezos do XXI: temas, autores e tendencias

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,15 KB
Actualizado el

Resumen

O texto ofrece unha panorámica da prosa e do teatro galegos entre finais do século XX e os comezos do XXI, organizada por décadas (anos 70, 80 e 90) e por promocións de dramaturgos. Recolle as principais temáticas, xéneros, autores e obras de cada etapa, así como as tendencias do novo milenio, incluído o uso da rede como medio de difusión.

Puntos clave

  • A produción narrativa galega creceu co impulso da escolarización en galego e a proliferación de premios literarios.
  • Nos anos 80 a narrativa diversifícase: memorialística, novela histórica, relato policial e narrativa experimental, con novas voces femininas.
  • Nos anos 90 consolídase o xénero novelesco e prolifera a novela policíaca, de ficción científica, erótica, rosa e de terror.
  • A creación do Centro Dramático Galego en 1984 impulsou o teatro profesional e a súa normalización.
  • O teatro da promoción dos oitenta cultiva o culturalismo, o humor absurdo, a ironía e o metateatro; a dos noventa dá primacía á comedia e ao carácter lúdico.
  • No novo milenio predominan o teatro experimental, a parodia e a ironía, e a rede convértese en plataforma de difusión tanto na prosa como no teatro.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A Prosa de Finais do Século XX e Comezos do XXI

Temas e Autores dos 80 e dos 90. Prosistas e Tendencias Actuais Máis Relevantes

A produción literaria tivo un espectacular desenvolvemento pola escolarización en galego, que propiciou un aumento de lectores. Por outra banda, a proliferación de premios literarios contribuíu a fornecer a produción narrativa en galego, e isto produce unha verdadeira eclosión do xénero narrativo.

A última etapa da historia da literatura galega pode organizarse en tres episodios fundamentais:

  1. De 1975 a 1980
  2. A década dos 80
  3. A década dos 90

1975 - 1980

Entre 1975 e 1980, a cultura galega mostra unha especial preocupación por recuperar a memoria reprimida. Rexístrase a presenza de obras que se relacionan directamente con modelos narrativos anteriores, como Cara a Times Square de Camilo Gonsar.

O segundo lustro dos 70 tamén fornecerá as primeiras tentativas por explorar fórmulas que resultarán exitosas. Entre elas, a novela histórica ou tamén chamada novela de quiosco, á que pertencen obras como A morte de Frank González, de X. Fernández Ferreiro.

Cómpre citar unha obra e un autor que marcarán unha nova fronteira en termos de concepción novelística: Dos anxos e dos mortos, de Anxo Adolfo Rei Ballesteros. A obra supón unha nova forma de narrar caracterizada pola preocupación formal e a diversidade de puntos de vista.

Década dos 80

Na década dos 80, a narrativa galega entra nunha nova etapa de consolidación e diversificación temática, na que podemos sinalar:

  • A narrativa memorialística, onde destacan nomes como o de Xavier Alcalá, autores de obras instaladas na memoria do pasado infantil e xuvenil.
  • A novela histórica.
  • O relato policial, propiamente iniciado con Crime en Compostela de Carlos Reigosa.
  • A narrativa experimental, onde destaca Caixón desastre.

Unha das grandes novidades deste período é a aparición de toda unha nova serie de voces femininas que lle dan unha nova reinterpretación ao feito literario. Entre elas, podemos mencionar a Mª Xosé Queizán, autora de Amor de Tango.

Década dos 90

A década dos 90 establecerá o xénero novelesco dentro das letras galegas. Obsérvase durante estes anos unha importante proliferación dos chamados xéneros policíaco, de ficción científica, erótico, rosa e de terror, cultivados por autores como Xulio Varcárcel.

Comezos do Século XXI

Os comezos do novo século vanse caracterizar pola continuidade na diversidade de xéneros e pola ampliación de liñas temáticas, o que se combina cunha intensa actividade na rede, que os escritores empregan como plataforma de difusión da súa obra e como foro de debate cos seus lectores. As características máis salientables son:

  • A continuidade da novela negra.
  • A continuidade da novela histórica.
  • A aparición de novas formas narrativas vinculadas ós blogs.

O Teatro de Finais do Século XX e Comezos do XXI

Temas e Autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, Tendencias e Compañías Actuais Máis Relevantes

A produción dramática en galego tivo un espectacular desenvolvemento grazas á creación en 1984 do Centro Dramático Galego (CDG), que pretendeu favorecer o desenvolvemento do teatro profesional e traballar a prol da súa normalización. Por outra banda, a aparición das primeiras compañías estables contribúe á consolidación da produción teatral neste período democrático. A crítica adoita distinguir entre promoción dos 80 e promoción dos 90.

Teatro da Promoción dos Oitenta

O teatro da promoción dos oitenta caracterízase por diversificar a temática cunha tendencia ó culturalismo. Rexeitan as formas abertamente lúdicas, utilizando o humor á beira do absurdo ou a ironía e recorren ao metateatro (teatro dentro do teatro).

Dentro desta promoción poden incluírse Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Vidal Bolaño, considerados como pais do teatro actual, pero tamén se inclúen Miguel Anxo Fernán Vello ou Henrique Ruibal.

Promoción dos Noventa

Dentro desta promoción dos noventa, aumenta o número de compañías e a convocatoria de premios e concursos que fomentan o panorama teatral: Premio Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia ou o Premio María Casares (vixente na actualidade). Os autores desta promoción amosan un maior grao de implicación e unha maior continuidade na súa traxectoria. As tendencias son moi heteroxéneas, pero case todas teñen un obxectivo común: atraer un público que contribúa á normalización do teatro. Os nosos dramaturgos están estreitamente vinculados ao espectáculo teatral, o que condiciona a produción dos seus textos: escríbenos directamente para levalos a escena. Adoitan crear pezas de ton menos experimental, cunha estrutura coidada pero sinxela e cun simbolismo máis atenuado. Dan primacía ao carácter lúdico, polo que a comedia se converte nun xénero de gran rendemento. Nesta liña cómica atópanse as pezas de Cándido Pazó, entre elas Ñiqui-Ñaque, nas que combina a actualidade galega coa ironía e co humor. Historias peregrinas de Miguel Anxo Murado tamén é unha obra importante na época. Tamén atopamos referencias ó mundo feminino con Era nova e sabía a malvaísco, de Inma Souto.

Novo Milenio

Xa no novo milenio predomina un teatro experimental, centrado na parodia e na ironía que busca provocar o riso no espectador, introducindo técnicas innovadoras como a improvisación. O actor Quico Cadaval é un bo exemplo. Outros autores como Roberto Salgueiro, Cándido Pazó e Suso de Toro proporcionan espectáculos lúdicos coa intención de aumentar o número de afeccionados ó teatro.

Hoxe non só contamos cunha ampla nómina de compañías teatrais, senón que se ampliaron os espazos teatrais, xa que Internet convértese nun medio de difusión. Como exemplo está Xavier Picallo co Teatro Bruto, unha compañía que conta cunha editorial virtual.

Preguntas frecuentes

Cales son as tres etapas da historia recente da literatura galega segundo o texto?

O texto distingue tres episodios: o período de 1975 a 1980, a década dos 80 e a década dos 90. A partir delas analiza as tendencias narrativas e teatrais do período.

Que promoción de dramaturgos se considera pais do teatro actual?

Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Vidal Bolaño, da promoción dos oitenta, son considerados pais do teatro actual segundo o texto.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que obra é citada como exemplo da novela histórica ou de quiosco nos anos 70?
2. En que ano se creou o Centro Dramático Galego?
3. Que caracteriza o teatro da promoción dos oitenta?
4. Que autor é citado como creador de relatos policiais iniciado con Crime en Compostela?
5. Que premio se menciona para a promoción dos noventa?
6. Que característica define o teatro do novo milenio?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.